Oficina Municipal de Información Xuvenil. OMIX Fene

Oficina Municipal de Información Xuvenil. OMIX Fene Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Fene.

As actuacións do Departamento en materia de mocidade pretenden involucrar á xuventude no deseño das programacións que lles afecten, potenciar e apoiar a súa autoorganización e diversificar a oferta de actividades de lecer ao tempo que se mantén unha canle de información permanente a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

BONO CULTURAL PARA A MOCIDADE 📚📀😎Unha nova edición do "Bono Cultural Joven 2025", impulsado polo Goberno, co obxectivo d...
24/07/2025

BONO CULTURAL PARA A MOCIDADE 📚📀😎

Unha nova edición do "Bono Cultural Joven 2025", impulsado polo Goberno, co obxectivo de facilitar o acceso á cultural da mocidade que este ano cumpre 18 anos.

Este programa ofrece unha axuda directa de 400 euros a cada persoa beneficiaria para o consumo exclusivo de produtos e actividades culturais.

Na provincia da Coruña estímase que arredor de 10.000 mozos e mozas poderán beneficiarse desta medida.

O prazo para solicitalo está aberto ata o día 31 de outubro e a axuda poderá empregarse durante os 12 meses seguintes á súa concesión, conbinadno tres categorías:
- Artes en vivo: cine, teatro, festivais, espectáculos.
- Produtos culturais físicos: libros, discos, cómics, videoxogos, etc.
- Contidos dixitais: plataformas audiovisuais, prensa, audiolibros ou música en streaming.

Máis información: https://bonoculturajoven.gob.es/

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2025 - XUNTA DE GALICIA ⛺🏊⛱Sae hoxe publicado no DOG núm. 82, do 30.04.2025 a oferta de prazas para...
30/04/2025

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2025 - XUNTA DE GALICIA ⛺🏊⛱

Sae hoxe publicado no DOG núm. 82, do 30.04.2025 a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de Verán 2025 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A).

O prazo de presentación de solicitudes (do 2 ao 15 de maio) será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioG0766-110425-0002_gl.html

As idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2025, as persoas nacidas no ano 2016 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2007 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

Máis información: A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina web https://xuventude.xunta.gal

CAMPAS 360 A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición de Campas 360, o programa de educación non formal dirixid...
23/04/2025

CAMPAS 360

A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición de Campas 360, o programa de educación non formal dirixido á mocidade galega baixo o formato de factorías de innovación, que ten como finalidade ofrecer actividades formativas e de lecer en fins de semana do mes de maio de 2025, en instalacións da Xunta de Galicia.

O programa está dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.

Os grupos de participación dividiranse en tres tramos de idade: de 12 a 14, de 15 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 2 de maio.

Ofértanse 420 prazas en 12 quendas de 30/40 persoas cada unha, nos 3 programas que conforman a actividade que se realizarán en 3 instalacións diferentes.

A cota de participación será de 25 euros por quenda.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25 % sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 23 de abril ás 10.00 h e remata o 28 de abril ás 22.00 h. Para a inscrición, cómpre cubrir o formulario en liña dispoñible nesta web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de recepción dos formularios.

Consulta aquí toda a información do programa.

Contacto:
[email protected]
981 544 840

CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2025 ⛺A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galic...
22/04/2025

CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2025 ⛺

A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia oferta 250 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade.
Ofertan unha estadía socializadora e de convivencia nunha residencia de tempo libre da Xunta de Galicia.
Os campamentos de verán para persoas con discapacidade duran 10 días.

Quen pode solicitar praza?:
Os requisitos para solicitar praza son ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, ter unha idade comprendida de entre os 11 e os 50 anos, estar empadroado nalgún concello de Galicia; ou non padecer trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade, entre outros.

Que servizos hai no campamento?:
Os campamentos contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.

Como e onde presento a solicitude?:
As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, dirixíndoas á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Igualdade e indicando no asunto relacionado "CAMPAMENTOS DISCAPACIDADE 2025"

Prazo: a solicitude pódese presentar ata o día 5 de maio de 2025

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamen…

Recorda que o día 30 de abril de 2025 remata o prazo para presentar as solicitudes do BONO EMANCÍPATE, para menores de 3...
10/04/2025

Recorda que o día 30 de abril de 2025 remata o prazo para presentar as solicitudes do BONO EMANCÍPATE, para menores de 36 anos.

BONO EMANCÍPATE: Para xente nova traballadora
A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e en todo caso antes da data de remate do prazo de solicitudes.

As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento CT501B.

Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2025

PROGRAMA DE AXUDAS Á EMANCIPACIÓN DA MOCIDADE A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral ...
24/02/2025

PROGRAMA DE AXUDAS Á EMANCIPACIÓN DA MOCIDADE

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, presenta o programa de axudas á emancipación da mocidade Bono emancípate.

A axuda farase efectiva a través dunha tarxeta virtual, a cal só poderá ser utilizada en establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para os gastos incluídos no artigo 7 da orde. Esta tarxeta non poderá ser utilizada en compras a distancia.

Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan unha serie de requisitos, que se indican no artigo 5, como son ter menos de 36 anos de idade; dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude; non superar os umbrais de ingresos que establece a orde; ser titular na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda que teña unha duración mínima dun ano, ou ter subscrito como adquirente unha escritura pública de compravenda dunha vivenda, con posterioridade ao 31 de maio de 2024, entre outros.

A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e en todo caso antes da data de remate do prazo de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 6 de febreiro de 2025 e estará aberto ata o día 30 de abril de 2025, ambos incluídos, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento CT501B.

Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2025

BONOS ACTIVA COMERCIO A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do Programa de dinamización e incentivación do ...
28/10/2024

BONOS ACTIVA COMERCIO

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:
-Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
-Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
-Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de novembro ata o 31 de decembro de 2024.

REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web. Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nos departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Páxina web: www.bonosactivacomercio.gal

BONO CULTURAL XOVE 2024 😎Recorda! tes ata o 31 de outubro para solicitalo!Se este ano fas 18, tes os 400 euros do Bono C...
24/10/2024

BONO CULTURAL XOVE 2024 😎

Recorda! tes ata o 31 de outubro para solicitalo!

Se este ano fas 18, tes os 400 euros do Bono Cultural Xove!
400 euros para vivir e compartir experiencias culturais de todo tipo:
ópera, teatro, cine, museos, libros, prensa, concertos, danza,
música, películas e series en liña, videoxogos... 🎥📸📀📚

Solicítao en: https://bonoculturajoven.gob.es/
https://beneficiarios.2024.bonoculturajoven.gob.es/info

A QUE EQUIVALE O TEU TÍTULO DE FP?Se estudaches FP fai tempo e non sabes a equivalencia da túa titulación respecto ás ti...
16/09/2024

A QUE EQUIVALE O TEU TÍTULO DE FP?

Se estudaches FP fai tempo e non sabes a equivalencia da túa titulación respecto ás titulacións actuais, esta ferramenta é para ti!

Na ligazón (*) tes unha ferramenta orientativa para atopar a equivalencia da titulación que posúes.

En caso de dúbida, consulta o Real Decreto polo que se establece o título actual.

Esta ferramenta é válida para títulos de FPI, FPII e LOGSE.

(*) https://todofp.es/equivtitulos/ServletEquivTitulos

PROBAS PARA OS CERTIFICADOS DO DO CELGA 2, 3 E 4 A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obt...
16/09/2024

PROBAS PARA OS CERTIFICADOS DO DO CELGA 2, 3 E 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2024.

Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de outubro de 2024
Máis información no DOG do 13 de setembro de 2024 e en www.lingua.gal

🆘 Curso de Socorrismo en instalacións e espacios acuáticos naturais.📝 SOLICITUDES: entre 23/08/2024 e 05/09/2024Os requi...
03/09/2024

🆘 Curso de Socorrismo en instalacións e espacios acuáticos naturais.
📝 SOLICITUDES: entre 23/08/2024 e 05/09/2024

Os requisitos para poder inscribirse son:
 Maior de 18 anos
 Estudos de Certificado en ESO ou equivalente
 Encontrarse empadoroado, desde antes ao 1 de xaneiro de 2024, en calquera dos concellos que forman parte do destino turístico de Ferrolterra

As bases e máis información en https:/comarcaferrolterra.wordpress.com

Dirección

Avenida Naturales
Fene
15500

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Oficina Municipal de Información Xuvenil. OMIX Fene publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Oficina Municipal de Información Xuvenil. OMIX Fene:

Compartir