PSdeG-PSOE Ferrol

PSdeG-PSOE Ferrol Agrupación socialista de Ferrol, ciudad natal de Pablo Iglesias, fundador del Partido Socialista

02/06/2026
01/06/2026

Hai que arranxar os problemas en lugar de enfrontar aos veciños e veciñas uns contra outros. Bochornoso o sucedido no pleno durante o debate da moción sobre a rúa Valenta, cando o goberno municipal preferiu alimentar a confrontación en vez de ofrecer solucións ás demandas dun barrio que leva meses reclamando actuacións urxentes. Os veciños merecen respostas, non división.

💥 O que Rey Varela vendía como “firmeza” era, en realidade, un caos absoluto de xestión.Mentres o alcalde sacaba peito d...
01/06/2026

💥 O que Rey Varela vendía como “firmeza” era, en realidade, un caos absoluto de xestión.

Mentres o alcalde sacaba peito dicindo que non habería prórrogas na obra do cemiterio de Catabois, a verdade era outra moi distinta: o Concello non tramitou a ampliación do prazo por puro colapso administrativo provocado polo propio Goberno do PP.

📌 Un informe técnico é demoledor: a acumulación de tarefas e a saturación dos departamentos municipais fixeron que se omitisen trámites obrigatorios.

📌 Resultado? Obras executadas sen contrato vixente.

📌 E quen paga a chapuza? Como sempre, a veciñanza: máis de 71.000 euros que o alcalde ordena pagar levantando un reparo de Intervención.

Isto non é xestión. Isto é improvisación, desmantelamento dos servizos municipais e propaganda para tapar a incapacidade.

Rey Varela xa non pode seguir botando balóns fóra. O problema non está nos funcionarios nin nas empresas: o problema está nun Goberno incapaz de organizar o Concello e que está levando Ferrol ao colapso administrativo.

Ferrol merece un goberno serio. Non máis excusas. Non máis chapuzas.

📚 O Arquivo Municipal de Ferrol merece respecto e unhas instalacións dignasDesde o Grupo Municipal Socialista valoramos ...
30/05/2026

📚 O Arquivo Municipal de Ferrol merece respecto e unhas instalacións dignas

Desde o Grupo Municipal Socialista valoramos positivamente que o goberno do PP anuncie a reubicación do Arquivo Municipal nun espazo máis axeitado. É unha boa noticia despois da decisión tomada o pasado agosto, cando os fondos foron trasladados a un lugar impropio para deixar espazo aos despachos dos asesores do PP.

Pero tamén queremos lembrar algo fundamental: o traslado do Arquivo non pode facerse de calquera maneira. Os Estatutos do Arquivo de Ferrol establecen claramente as condicións que deben cumprir as instalacións para garantir a conservación, seguridade e acceso a un patrimonio documental con máis de 300 anos de historia. Ademais, o Consello de Arquivos de Galicia debe avalar calquera cambio de emprazamento.

🏛️ Ferrol é unha cidade cun enorme peso histórico. A súa memoria documental non pode quedar relegada nin improvisada. Cómpre un espazo digno, seguro e adecuado para conservar un patrimonio de valor incalculable para as xeracións presentes e futuras.

E mentres tanto, seguimos sen un lugar onde a cidadanía poida g***r do legado da biblioteca persoal de Julia Uceda, que continúa almacenada en caixas. Ferrol non pode permitirse seguir desaproveitando o seu patrimonio cultural.

30/05/2026

🔴 Menos propaganda e máis xestión.

Os números non enganan: hai investimentos anunciados que logo non se executan e proxectos que quedan no caixón. Ferrol non pode permitirse perder oportunidades nin recursos.

Seguiremos fiscalizando e defendendo unha cidade con máis feitos e menos titulares. 💪🌹

🚨 O Castelo de San Felipe está PARALIZADO. E non é casualidade: é consecuencia directa da desidia e incompetencia do gob...
29/05/2026

🚨 O Castelo de San Felipe está PARALIZADO. E non é casualidade: é consecuencia directa da desidia e incompetencia do goberno de Rey Varela.

Mentres o alcalde está máis preocupado pola súa proxección política en Madrid, Ferrol perde o tempo, o patrimonio e pon en risco case 1 millón de euros de fondos europeos.

📌 A realidade é demoledora:
❌ Obras suspendidas oficialmente
❌ Facturas sen pagar
❌ Profesionais marchando por incumprimentos do Concello
❌ Só un 35% executado cando o prazo xa se disparou ao dobre

O que tiña que ser unha restauración histórica converteuse nun caos absoluto por falta de xestión.

Rey Varela non pode seguir vendendo propaganda mentres deixa caer un dos símbolos do noso patrimonio.

Ferrol merece un alcalde que xestione, non un alcalde ausente.

Dende o PSdeG-PSOE de Ferrol lamentamos fondamente o falecemento de Francisco Bustabad Suárez, concelleiro da primeira C...
24/05/2026

Dende o PSdeG-PSOE de Ferrol lamentamos fondamente o falecemento de Francisco Bustabad Suárez, concelleiro da primeira Corporación Municipal Democrática da nosa cidade.

A súa participación nun momento clave para a recuperación das institucións democráticas en Ferrol forma parte da historia colectiva desta cidade e do municipalismo comprometido co servizo público.

Queremos trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas.

❤️🌹Descanse en paz.

🚧 RUBALCAVA NON VAI “SEGUNDO O PREVISTO”. REY VARELA TEN QUE DICIR A VERDADE 🚧Mentres o alcalde se dedica a facer fotos ...
24/05/2026

🚧 RUBALCAVA NON VAI “SEGUNDO O PREVISTO”. REY VARELA TEN QUE DICIR A VERDADE 🚧

Mentres o alcalde se dedica a facer fotos e visitas propagandísticas coa Xunta, a realidade das obras de Rubalcava é moi distinta: o proxecto acumula un retraso crítico.

📌 Os datos oficiais falan por si sós:
➡️ A piques de chegar ao ecuador do prazo da obra, só hai catro certificacións tramitadas.
➡️ A última certificación apenas supera os 48.000 euros, unha cifra moi afastada do ritmo de execución previsto.

Desde o Grupo Socialista preguntamos: como pode dicir Rey Varela que todo vai ben cando a propia documentación municipal evidencia unha parálise preocupante?

Non estamos falando só de retrasos. Estamos falando de:
❌ Perxuízos para veciñanza e comercio do centro
❌ Gabias e valados durante meses
❌ E un risco real de perder fondos públicos financiados maioritariamente pola Xunta se non se cumpren os fitos do contrato.

🗣️ Como denuncia o noso concelleiro Julián Reina: “Os ferroláns merecen un alcalde que xestione e controle as empresas contratistas, e non un que se limite a facerse fotos mentres os prazos se botan encima”.

FerrolMereceMáis

📉 Ferrol non está parada por falta de cartos. Está parada por falta de traballo.Os datos oficiais do propio Concello son...
21/05/2026

📉 Ferrol non está parada por falta de cartos. Está parada por falta de traballo.

Os datos oficiais do propio Concello son demoledores: no primeiro trimestre de 2026, o goberno de Rey Varela apenas executou o 0,76 % dos investimentos previstos.

➡️ De máis de 68 millóns de euros anunciados para investimentos, só se executaron 517.000 €.

Traducido: por cada 100 euros prometidos para mellorar Ferrol, só se executan 76 céntimos.

E non falamos de falta de recursos. Hai máis cartos ca nunca, maioría absoluta e máis estrutura de goberno. O problema é outro: falta de xestión, falta de ritmo e falta de traballo político.

📊 Ademais, os datos empeoran respecto ao ano pasado: ❌ No primeiro trimestre de 2025 executárase o 4,76 % dos investimentos ❌ Este ano apenas chegamos ao 0,76 % ❌ A execución xeral do gasto cae do 14 % ao 8 %

Mentres os veciños pagan máis impostos e soportan subas de servizos, os investimentos non chegan aos barrios e os proxectos non avanzan.

Gobernar non é anunciar. Gobernar é cumprir. E os datos din que Ferrol está moito peor xestionada.

Dirección

Calle Carmen 4, Bajo
Ferrol
15402

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 13:00
Martes 11:00 - 13:00
Miércoles 11:00 - 13:00
18:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 13:00
Viernes 11:00 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Ferrol publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir