Concello de Fisterra

Concello de Fisterra Administración local. Páxina oficial de Facebook do Concello de Fisterra

🟦URBANISMO| Adxudicada a licitación da obra denominada “RENOVACIÓN DO PAVIMENTO E MELLORA DO SANEAMENTO NA RÚA ALCALDE F...
11/09/2026

🟦URBANISMO| Adxudicada a licitación da obra denominada “RENOVACIÓN DO PAVIMENTO E MELLORA DO SANEAMENTO NA RÚA ALCALDE FERNÁNDEZ"

💶A financiación da obra realízase mediante unha subvención da Deputación da Coruña, por importe de 141.907,70€ con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+2025

➡️Prazo de execución: 2 meses
➡️Orzamento de adxudicación: 141.500€ (ive incluído)
➡️Adxudicatario: CONSTRUCCIONES CERNADAS, S.L

🟦URBANISMO|Rematadas as obras  de pavimentación do vial Escaselas,  enmarcado dentro do Plan provincial de cooperación á...
10/09/2026

🟦URBANISMO|
Rematadas as obras de pavimentación do vial Escaselas, enmarcado dentro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal -Plan
Único de Concellos ( POS+) 2025 da Deputación da Coruña

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA|📚 CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS 💙🤍Queres achegarte por primeira vez ao gal...
10/09/2026

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA|📚 CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS 💙🤍

Queres achegarte por primeira vez ao galego? Esta é a túa oportunidade! 😊

🗓️ Días:
28, 29 e 30 de setembro.
1, 2, 5 e 6 de outubro.

📍 Lugar: Biblioteca Casa do Arco
⏰ Horario: 10:00–13:00 h

🎓 Entregarase diploma acreditativo

👥 Dirixido a maiores de 16 anos que se acheguen por primeira vez ao galego.

✏️ Inscrición ata o 23 de setembro nas oficinas do Concello de Fisterra (Normalizadora Lingüística).

👉 Anímate a descubrir a lingua e a cultura galegas!

🩸 ESTE VERÁN, DOA SANGUE. SALVA VIDAS.O vindeiro luns, 14 de setembro a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e ...
10/09/2026

🩸 ESTE VERÁN, DOA SANGUE. SALVA VIDAS.

O vindeiro luns, 14 de setembro a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Fisterra, ao carón da Lonxa, de 17:00 a 21:00 horas.

Un pequeno xesto pode converterse nunha gran oportunidade para alguén. ❤️
Doar sangue é regalar un alento de vida.

📍 Ao carón da Lonxa
🗓️ Luns, 14 de setembro
⏰ De 17:00 a 21:00 h

Anímate a doar. A túa doazón conta.

Animádevos que quedan poucas prazas!!👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻
10/09/2026

Animádevos que quedan poucas prazas!!
👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻

CULTURA| 🎭 SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? 🚌

O Concello de Fisterra, a través da Concellería de Cultura, ofrece a posibilidade de participar no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, cunha viaxe a Santiago de Compostela para desfrutar da función teatral A serie clopen no Salón Teatro.

📅 Venres, 18 de setembro.
🚌 Saída ás 15:00 h dende a parada de bus de Fisterra.
🎭 Función ás 18:00 h.
🕗 Regreso ás 20:00 h.
💶 Prezo: 5 € de entrada do teatro.

Contamos con 35 prazas, cunha viaxe directa e sen paradas. A actividade está recomendada para público adulto.

📝 As inscricións poderán realizarse ata o 15 de setembro, no correo [email protected] ou nas oficinas do Concello de Fisterra.

Unha boa oportunidade para achegarnos ao teatro galego e compartir unha tarde diferente en Santiago. 🎭💙

📍CAMBIO DE UBICACIÓN | CAMPIONATO DE FUTBOLÍN ALEJANDRO FINISTERRE.🌧️ Debido ás condicións climatolóxicas, que non se pr...
08/09/2026

📍CAMBIO DE UBICACIÓN | CAMPIONATO DE FUTBOLÍN ALEJANDRO FINISTERRE.

🌧️ Debido ás condicións climatolóxicas, que non se presentan estables, o Campionato de Futbolín Alejandro Finisterre trasladarase finalmente a unha nova ubicación.

📍 O torneo celebrarase debaixo da viseira da lonxa, no porto de Fisterra.

🕕 Horario: ás 18:00 horas.

Desculpen as molestias ocasionadas e agardamos vervos a todos e todas nesta nova ubicación para desfrutar do torneo!

📢 AVISO DA COMISIÓN DE FESTASA Comisión de Festas informa de que a sesión vermú prevista para hoxe queda cancelada por m...
08/09/2026

📢 AVISO DA COMISIÓN DE FESTAS

A Comisión de Festas informa de que a sesión vermú prevista para hoxe queda cancelada por motivos meteorolóxicos. 🌧️

🎶 A festa reanudarase esta tarde a partir das 20:00h, coa actuación do Grupo Alaska.

🙏 Grazas a todos pola vosa comprensión e desculpade as molestias.

🎉 Agardámosvos esta tarde!

Dirección

R/Santa Catalina, 1
Finisterre
15155

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Fisterra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir