BNG Foz

BNG Foz Conta oficial do BNG de Foz

📮 O BNG leva ao Congreso a situación límite de Correos en Foz.O deputado Néstor Rego volverá a defender a necesidade de ...
07/04/2026

📮 O BNG leva ao Congreso a situación límite de Correos en Foz.

O deputado Néstor Rego volverá a defender a necesidade de garantir a cobertura total das prazas en Correos no concello de Foz.

👉 A sobrecarga de traballo está a afectar gravemente ao persoal, con baixas por estrés laboral dada a carga de traballo. O BNG de Foz reafirma o seu compromiso coas traballadoras e traballadores.

O BNG de Foz exixe:
✔️ Máis persoal e recursos
✔️ Recuperar o horario completo
✔️ Un servizo digno e adaptado ás necesidades da xente

A situación xa é un “clamor social”, tras anos de deficiencias e prazas sen cubrir que afectan directamente á calidade do servizo.

➡️ No BNG de Foz apostamos por un servizo público de calidade e unhas condicións laborais dignas para o seu persoal.

Hoxe é un día de fondo pesar para a familia do BNG de Foz. Fóisenos Inés demasiado axiña, deixando un oco imposible de o...
17/03/2026

Hoxe é un día de fondo pesar para a familia do BNG de Foz. Fóisenos Inés demasiado axiña, deixando un oco imposible de ocupar entre os bos e xenerosos.

Non hai palabras que poidan conxurar a dor, por iso mandamos unha forte aperta a súa familia e amigos.

Acompañámosvos no sentimento. 💔🖤

O Pleno de Foz aproba por unanimidade unha moción do BNG para reforzar a oficina de CorreosOs nacionalistas instan ao Mi...
06/03/2026

O Pleno de Foz aproba por unanimidade unha moción do BNG para reforzar a oficina de Correos

Os nacionalistas instan ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a reforzar de inmediato a oficina de Correos local con máis persoal e recursos

O Bloque Nacionalista Galego no Concello de Foz presentou unha nova moción no Pleno municipal da pasada semana para instar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a reforzar de inmediato a oficina de Correos local con máis persoal e recursos, ante os persistentes retrasos no reparto postal que afectan á veciñanza e aos servizos públicos.

O BNG leva anos alertando sobre a situación crítica da oficina de Correos de Foz, marcada pola escasez de traballadores e os conseguintes atrasos no servizo. “Esta nova iniciativa chega despois de varias accións previas que non lograron resolver o problema. En 2021, o Pleno Municipal aprobou por unanimidade unha Moción levada por nós para recuperar a apertura da oficina os sábados pola mañá, un recorte imposto durante a pandemia de Covid-19. O pasado ano, en febreiro, ante queixas veciñais por envíos demorados, outra moción unánime pediu ao Ministerio que transmitise o apoio do Concello ás demandas laborais dos traballadores, solicitando persoal, recursos materiais e técnicos para garantir un Servizo Postal Universal público e de calidade. Ademais, en abril de 2025, o deputado do BNG Néstor Rego rexistrou preguntas no Congreso dos Deputados despois dunha visitsa á oficina de correos focense para esclarecer as causas da falta de recursos e as medidas de corrección” manifestou o portavoz nacionalista Francisco Xavier Fanego.

A resposta do Ministerio non se axusta á realidade e os retrasos persisten

A resposta do Ministerio, citada textualmente polo BNG, sostén que “o presente horario e cadro de persoal existente permite atender o volume de actividade actual, cos niveis de calidade establecidos para cada produto”, e que se reforza o persoal en periodos de alta demanda como Nadal ou eleccións. Con todo, o BNG desmente esta afirmación, argumentando que a realidade é ben distinta: os retrasos persisten ou mesmo empeoran, como se evidencia na actualidade.

Os retrasos nas entregas afectan gravemente a importantes trámites administrativos da veciñanza

Entre os exemplos destacados, durante a tempada de Nadal, a prioridade á paquetería deixou acumulados centos de cartas ordinarias. Isto afectou notificacións de pago da Deputación Provincial por modificacións catastrais, con prazo límite o 31 de xaneiro, moitas das cales non chegaron a tempo e xera recargos fiscais aos veciños. Tamén se rexistran demoras en citacións do Servizo de Orientación Laboral de Galicia, de asistencia obrigatoria, que poden derivar na perda da prestación por desemprego para os beneficiarios. Os traballadores, sobrecargados e expostos a queixas, sofren as consecuencias dunha carga desproporcionada, mentres o cadro de persoal reduciuse de oito carteiros a só dous na oficina, catro pola mañá (dous con redución de xornada) e dous pola tarde (un a media xornada), sen cubrir dúas prazas tras xubilacións. Ademais, problemas no mantemento de vehículos, como un pinchazo que deixou unha furgoneta parada unha semana, agravan a situación.

A moción proposta polo BNG insta ao Ministerio a xestionar con urxencia coa Dirección de Correos a dotación de recursos humanos e materiais para un servizo postal universal de calidade, con reparto cinco días á semana. Inclúe a contratación de persoal suficiente, un reparto equitativo das cargas, e a reestruturación das zonas de reparto e atención ao público.

O Pleno municipal debateu esta proposta nun contexto de crecentes demandas pola defensa de servizos públicos esenciais.

O BNG subliña a súa aposta por manter Correos como un servizo estatal de calidade, e agarda que esta iniciativa impulse accións concretas do Goberno para resolver os problemas crónicos que afectan á poboación local, evitando así prexuízos adicionais aos cidadáns.

A Moción foi aprobada por unanimidade.

O BNG DE FOZ DEFENDE O INTERESE XERAL NO ÚLTIMO PLENO EXTRAORDINARIODende o BNG de Foz, no pleno extraordinario celebrad...
30/11/2025

O BNG DE FOZ DEFENDE O INTERESE XERAL NO ÚLTIMO PLENO EXTRAORDINARIO

Dende o BNG de Foz, no pleno extraordinario celebrado este xoves, finalmente decidimos facilitar coa nosa abstención que se pagasen todas as facturas e todas as subvencións nominativas das entidades locais pendentes, así como distintos investimentos e convenios de colaboración.

A nosa postura inicial sempre foi que o suplemento de crédito se presentase por separado, diferenciando as anualidades do 2023 e 2024 da do 2025.

No pleno do mes de abril aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar facturas pendentes do ano 2024 por máis de 800.000 €. O informe de intervención xa advertía que varias partidas orzamentarias quedaban sen crédito.

Dende abril ata hoxe pasaron moitos meses nos que se puideron ter reunións e acadar acordos, en tempo e forma, consensuadas cos grupos da oposición, sen ter que chegar a esta situación a final de ano, sen tempo e sometidos a unha chantaxe sen precedentes por parte do grupo municipal do PSOE.

Desta pésima xestión hai só un responsable: o actual equipo de goberno do PSOE. E como consecuencia, un longo listado de prexudicados sen ningún tipo de culpabilidade. Finalmente isto supuxo que dende a Asemblea Local do BNG de Foz valorásemos cal das dúas posibles opcións era a menos mala.

A nosa abstención condicionouse á negociación e sinatura, no último momento, dun acordo que nos vai permitir acometer distintos proxectos que quedaron pendentes da nosa etapa no goberno e ó compromiso da elaboración conxunta dos orzamentos do ano 2026, garante de que o ano que vén ninguén se volva a atopar nesta situación. Tamén vai o compromiso de incrementar o importe das subvencións nominativas ás entidades culturais e deportivas para o ano 2026, engadir á RPT a figura do Técnico de Deportes e o aumento de prazas de socorristas, entre outras cuestións.

No BNG temos claro que o máis importante son os veciños, por iso sempre poñemos o interese xeral por riba de calquera outro.

Non faltedes!📌 Fronte á lonxa🕣 A partir das 19.30
19/07/2025

Non faltedes!

📌 Fronte á lonxa

🕣 A partir das 19.30

Xa queda pouco para unha nova edición da tradicional chicharrada do Bloque de Foz. E xa van 30!Lembrade:📆 O sábado 19 de...
07/07/2025

Xa queda pouco para unha nova edición da tradicional chicharrada do Bloque de Foz. E xa van 30!

Lembrade:

📆 O sábado 19 de xullo

🕣 A partir das 19.30h

📌 Fronte á lonxa

O noso agradecemento ao compañeiro Xosé Paleo pola elaboración do cartel.

A Asociación Cultural O Atrio presenta o mercado Aos pés de Cornería que se celebra o domingo 4 de maio en  , e alí esti...
03/05/2025

A Asociación Cultural O Atrio presenta o mercado Aos pés de Cornería que se celebra o domingo 4 de maio en , e alí estivo o noso compañeiro Nito García, xunto co Deputado provincial Dani García, para apoiar tan interesante iniciativa.

Ao longo de todo o día poderedes g***r de contacontos, charlas, unha demostración de cestería e concertos e, por suposto, mercar produtos de proximidade.

Non volo perdades.

O BNG demanda mellorar e reforzar o Servizo de Correos en FozNéstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para asegurar ...
23/04/2025

O BNG demanda mellorar e reforzar o Servizo de Correos en Foz

Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para asegurar que a localidade teña un servizo público de calidade: “Foz merece un servizo digno e moderno”

O BNG aposta pola dotación de máis persoal e máis recursos materiais, en liña coas exixencias da normativa postal estatal e europea sobre o Servizo Postal Universal

O Bloque Nacionalista Galego anuncia o rexistro dunha batería de iniciativas nas Cortes do Estado co obxectivo de mellorar o servizo postal en Foz, dotando a súa oficina de Correos de máis persoal e recursos materiais. A proposta, impulsada polo deputado do BNG, Néstor Rego, responde á situación de deterioro progresivo que sofre este servizo público esencial na localidade.

Durante a visita, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado polos concelleiros da organización nacionalista Francisco Xavier Fanego Bermúdez, Simeón Neira López, Benito García Bolaño e Zoraida Coira Vázquez, así como a presenza do deputado do BNG na Deputación de Lugo, Daniel García, e o responsábel comarcal da organización, Antonio Veiga, mantivo un encontro con traballadores e traballadoras do servizo postal na localidade e trasladou o rexistro destas iniciativas para mellorar a prestación deste servizo, así como as súas condicións laborais.

“É inadmisíbel que se recorte un servizo básico como o postal en Foz que, ao igual que moitos outros concellos da Galiza, presenta unha importante dispersión xeográfica e unha alta demanda, sobre todo en períodos como o verán, onde a poboación se multiplica”, sinalou Rego durante a comparecencia. O deputado nacionalista insistiu en que “non se pode permitir que se xustifique a perda de calidade do servizo en criterios puramente económicos ou comerciais. Correos debe seguir a ser un servizo público universal, accesíbel e de calidade en todo o País e, especialmente, no medio rural”.

Neste sentido, o voceiro municipal do BNG, Francisco Xavier Fanego, lembraba a iniciativa presentada pola organización nacionalista no Concello de Foz e aprobada pola unanimidade da corporación instando o Goberno Municipal de Foz a manifestar publicamente o seu apoio ao persoal da oficina local de Correos, exixindo que se dote de máis persoal e recursos técnicos, en liña coas exixencias da normativa postal estatal e da Directiva Europea sobre o Servizo Postal Universal.

“Demandamos da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos o reforzo da oficina con todos os medios humanos e materiais necesarios, para garantir o reparto postal cinco días á semana, cunha carga de traballo equitativa e unha reestruturación racional das zonas de distribución”, avanzou o deputado do BNG no Congreso. Néstor Rego reiterou a oposición frontal a calquera tentativa de privatización do servizo postal, e a defensa da permanencia de Correos como operador público do Servizo Postal Universal.

O caso de Foz é exemplo do desmantelamento do servizo público.
Rego lembra que Correos é “un dos poucos servizos públicos que resistiron a vaga de privatizacións iniciada polos sucesivos gobernos do PSOE e do PP, pero os recentes intentos de reforma apuntan a unha nova ofensiva liberalizadora que afectará, especialmente, ao ámbito rural”.

Segundo denuncia o BNG, a oficina de Foz viu reducido o seu cadro de persoal de oito a cinco persoas para o reparto postal, unha situación que “provoca atrasos, sobrecarga de traballo e un evidente deterioro na calidade do servizo”. “Estamos falando de notificacións xudiciais, citas médicas ou correspondencia oficial que chega con semanas de retraso. É intolerábel. E a veciñanza é a gran prexudicada” denuncia Rego.

Finalmente, Fanego lembra que xa en 2021, o Pleno do Concello de Foz aprobou por unanimidade unha moción do BNG para reforzar os servizos postais, incluíndo a recuperación da apertura da oficina en sábado, suprimida coa pandemia. “Non pode ser que en pleno 2025 sigamos con cartas acumuladas e atrasos de meses. Foz merece un servizo digno e moderno” sinala.

O BNG comprométese a seguir traballando para frear o desmantelamento dos servizos públicos no rural galego e defender un modelo que garanta dereitos e igualdade de acceso, que permitirá desenvolver proxectos de vida e de negocio e contribuirá a dinamizar os entornos non urbanos.

E así estamos... 🤦🤦🤦
24/03/2025

E así estamos... 🤦🤦🤦

Hoxe pola tarde no Centro de Saúde de Foz.
Garanten a asistencia no PAC de Burela, que xa ten pouco traballo habitualmente.

11/01/2025

A responsabilidade e o compromiso cos veciños de Foz é o que nos moveu a asumir a honra de participar no goberno do Concello por decisión dos veciños nas urnas. Dende o principio fomos nós os que buscamos acadar un pacto de goberno a pesar das declaracións públicas do Alcalde nas que dicía que quería gobernar en solitario.

Como xa denunciamos repetidamente a falta de diálogo por parte do Alcalde e da Concelleira de Servizos Sociais con todas as partes para chegar a unha solución ao problema suscitado a raíz das novas tarifas da Residencia de Foz motivou o noso rexeitamento á adxudicación decidida en pleno. A partir de aquí o PSOE iniciou un comportamento obstrucionista, irracional e inexplicable, que como xa dixemos, encaixa mellor no infantil, negándose a calquera diálogo e estendendo o capricho a todas as áreas de goberno, negando información básica no funcionamento do Concello, ninguneando as competencias delegadas nos Concelleiros, e incumprindo o pacto de goberno repetidamente no que se refire ás xuntanzas periódicas de traballo dende o mes de xullo, e máis alá do pactado, faltando á mínima educación e respecto.

O esperpento máximo acontece cando finalmente o TACGAL, un tribunal administrativo independente que supervisa as contratacións públicas, nos deu a razón. Isto motivou un movemento de fuxida completamente desnortado por parte do PSOE. Sen consenso, información, nin xuízo lóxico, desliga as competencias da Residencia da Área de Servizos Sociais e asígnaa por decreto á Concelleira Zoraida Coira, pero non a capacidade de xestión nin as competencias plenas. Solicitouse unha reflexión e retomar o camiño das ideas e non dos impulsos e a insensatez, xa que isto semella una arroutada por unha sentencia desfavorable aos intereses do PSOE, mais foi completamente estéril. Se mantivemos a lealdade ao pactado a pesar de todo o descrito, é porque só nos move o mellor interese para o noso Concello. Asistimos, entre a incredulidade e o espanto, a unhas xornadas nas que o Alcalde, no canto de reflexionar, afonda na actitude inmoral do silencio, da non resposta, coa dobre cara diante dos medios, negando unha crise máis que evidente e insinuando que a imposición da delegación é un acto de xenerosidade (nova falta de respecto, pero agora aos veciños, dun pequeno tirano que non ten o mínimo decoro) facendo moi difícil o traballo no día a día.

Sabemos que o Alcalde non conta con nós no goberno, e proba disto é que a día de hoxe non tivemos a máis mínima conversa respecto dos orzamentos do ano 2025. Pode que considere que todo marcha ben, pero a imposición, a ausencia de diálogo, a prepotencia, a negación da evidencia, a ensoñación e a falta de reflexión non se corresponden cos nosos principios. Non ternos respondido (ou facelo novamente pola prensa, narrando unha realidade delirante) cando solicitamos nunha chamada ao sentido común, unha nova e derradeira reflexión, dá unha idea da situación de enroque na que se atopa o PSOE. Non se pode traballar nestas circunstancias, e o sentido común e novamente a responsabilidade, non nos permiten continuar.

Con enorme agradecenento aos veciños que confiaron en nós no 2023, e co recoñecenento e agradecenento pola axuda prestada aos traballadores municipais, que seguen sendo un exemplo de profesionalidade e bo facer e que nos facilitaron, eles si, o traballo no Concello, anunciamos que nas próximas datas presentaremos a renuncia a todas as nosas responsabilidades no goberno do Concello de Foz. Por responsabilidade daremos un tempo prudencial para que o grupo municipal socialista organice a nova estrutura do goberno municipal. Anunciamos tamén que a concelleira Zoraida Coira, como non pode ser doutro xeito, renunciará á retribución que recibe pola súa adicación parcial no Concello.

Poñémonos a disposición dos concelleiros do PSOE que asuman as responsabilidades que desenvolviamos estes anos, porque nós si falaremos e aclararemos con eles todo canto se nos solicite. Confiamos en poder ter sido útiles ao pobo de Foz, e iso é o que nos move a participar da vida pública, seguiremos traballando como grupo municipal do BNG dende o pleno do Concello, para facer a través das nosas propostas e iniciativas, melloras na vida das e dos veciños.

O pasado 12 de decembro o PSOE de Foz anunciou publicamente, mediante rolda de prensa, que acababa de asinar un decreto ...
23/12/2024

O pasado 12 de decembro o PSOE de Foz anunciou publicamente, mediante rolda de prensa, que acababa de asinar un decreto no que literalmente se di o seguinte:

“Modificar a delegación outorgada a favor da concelleira Dª. Zoraida Coira Vázquez, quedando dende o momento no que surta efectos a presente Resolución, co seguinte contido: “Educación, xuventude, normalización lingüística e Residencia e Centro de Día do Concello de Foz”.

A decisión foi comunicada telefonicamente polo Alcalde á nosa concelleira con escasos cinco minutos de antelación á rolda de prensa, sen ningún tipo de conversa previa entre os dous partidos do goberno, o cal cando menos resulta sorprendente como forma de actuar entre forzas políticas que gobernan xuntas.

E é tan xeneroso o Alcalde que redactou un Decreto de xeito que, no caso de rexeitar o novo nomeamento, Zoraida perdería tamén todas as competencias delegadas no acordo de goberno.

Nas negociacións do acordo de goberno, o BNG nunca pediu para si a Concellería de Servizos Sociais, e moito menos disociar todo o relacionado coa Residencia de dita Concellería, algo que nos parece tecnicamente inviable e carente de toda lóxica.

O que moveu ao BNG a asumir responsabilidades de goberno foi e será o seu compromiso coa veciñanza de Foz. As áreas asumidas fórono por acordo das dúas forzas, tras dunha deliberación cautelosa e consensuada. O sentido común e a responsabilidade aconsella que os cambios deberan facerse nas mesmas condicións, polo que o BNG pediu que fosen aclarados determinados termos da nova delegación de Alcaldía.

Ser xeneroso, como dixo o Alcalde que estaba sendo con esta delegación de competencias na nosa Concelleira, sería informar ao socio de goberno e negociar con el calquera cambio nas atribucións delegadas, e non facelo abruptamente, case como se fora a reacción a unha contrariedade.

Dános a pensar que esta actitude, que semella unha rabecha infantil, obedece á resolución emitida o 11 de decembro polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL, un tribunal administrativo independente que supervisa as contratacións), na que desestimaba o recurso presentado pola empresa inicialmente adxudicataria da licitación do novo contrato, e lle daba a razón á nosa proposta de emenda presentada en pleno. Estamos seguros de que isto é o que provoca esta actitude por parte do Alcalde e do PSOE de Foz.

A resolución do TACGAL vén a demostrar que a nosa postura defendendo o interese público deste contrato, estaba plenamente xustificada, e que non era unha postura de enfrontamento buscada, senón unha posición fundamentada na racionalidade e na procura dunha mellor protección para os usuarios da residencia. Debido á falta de diálogo e de capacidade de negociación do Alcalde de Foz e da Concelleira de Servizos Sociais, vímonos na obriga de presentar esta emenda, para poder rexeitar, dentro da legalidade, a adxudicación do contrato.

A última reunión que tivemos co PSOE foi o 6 de xullo, e nela quedamos emprazados para realizar unha reunión na seguinte semana, na que estaría presente un asesor xurídico, onde a nosa intención era plantexar e estudar a posibilidade da elaboración dunha nova ordenanza municipal de axudas, que paliara o abusivo incremento das tarifas da Residencia. A día de hoxe aínda estamos agardando por esta reunión.
Dende aí, e dada a nula comunicación que tiñamos co PSOE de Foz, o BNG a nivel comarcal falou en varias ocasións co PSOE provincial, para poder levar a cabo unha reunión de seguemento do pacto de goberno, e tamén para poder sentarnos a falar sobre a situación na que quedaban gran parte dos usuarios da Residencia de Foz, que non ían poder facer fronte a esas novas tarifas. A día hoxe esa reunión tampouco tivo lugar.

Por responsabilidade co pobo de Foz, nós estamos dispostos a renegociar o pacto de goberno. Creemos que isto non se pode alongar máis no tempo, por eso instamos ao PSOE a que diga claramente se están dispostos a renegocialo ou non, e chegar a un novo consenso, poñendo unha data inminente para sentarmos a falar.

Hai quen non quere entender o que significa a colaboración política nun goberno entre diferentes, non escoita nin atende ás evidencias, e mesmo é irrespectuoso até cos familiares dos usuarios da Residencia.

Todo o feito até o de agora amosa a nosa lealdade cos veciños, e mesmo xenerosidade coa outra forza do cogoberno, por moito que cos desplantes algúns buscaran insensatamente a nosa reacción extemporánea. Entendemos que Foz precisa un goberno municipal con altura de miras e centrado no benestar dos veciños e veciñas. É este obxectivo o que debería mover a calquera representante público, e non actitudes caprichosas que rexeitamos.

No BNG de Foz estamos a pór por diante os intereses das veciñas e dos veciños, por iso cremos un acto de responsabilidade coa cidadanía confiar nun importante cambio de actitude do Alcalde e do PSOE de Foz.
Facendo nosas as palabras de Carvallo Calero “e seguiremos a esperar, contra toda esperança".

Dirección

Avenida Da Mariña, 34
Foz
27780

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Foz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Foz:

Compartir