Agrupación Socialista de Foz

Agrupación Socialista de Foz Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Agrupación Socialista de Foz, Partido político, Rúa Trapero Pardo N° 20 entreplanta, Foz.

𝗙𝗢𝗭 𝗠𝗘𝗗𝗥𝗔: 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗹𝗶𝗯𝗿𝗶𝗼, 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗱𝗮 O Concello de Foz consolida en 2026 un modelo de crecemento urbanístico...
12/05/2026

𝗙𝗢𝗭 𝗠𝗘𝗗𝗥𝗔: 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗹𝗶𝗯𝗿𝗶𝗼, 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗱𝗮

O Concello de Foz consolida en 2026 un modelo de crecemento urbanístico que destaca polo seu equilibrio e sustentabilidade. Nun contexto de lixeira corrección no volume global de licenzas de obra, o municipio non só mantén o pulso, senón que incrementa a súa actividade, confirmando unha tendencia positiva baseada na planificación e na confianza de veciños e investidores.

O aumento de licenzas concedidas durante o último ano non responde a picos puntuais nin a factores conxunturais, senón a unha dinámica progresiva e estruturada. Foz combina obra nova con rehabilitación, o que permite avanzar sen comprometer a súa identidade nin saturar o territorio.

Este enfoque favorece un desenvolvemento ordenado, aliñado coas necesidades reais da poboación e cunha visión a medio e longo prazo.

Esta evolución encaixa coa folla de ruta defendida polo Goberno Municipal, que sitúa o 2026 como un punto de referencia na consolidación da “marca Foz”. O crecemento urbanístico súmase a outros indicadores positivos —demográficos, económicos e sociais— que configuran un municipio atractivo, funcional e pensado para vivir, non só para construír.

O modelo focense apóiase, ademais, en políticas públicas orientadas a mellorar a calidade de vida: investimentos en mobilidade, recuperación de espazos urbanos e atención ás parroquias. Estas actuacións xeran unha contorna máis accesible e habitable, reforzando a idea de que o desenvolvemento non debe medirse unicamente en cifras, senón tamén en benestar e cohesión social.

De cara ao futuro, o Concello de Foz encara novos retos cunha base sólida. A aposta pola vivenda pública, a mellora dos servizos e a planificación de infraestruturas no rural permitirá seguir avanzando nun crecemento sostible, equilibrado e centrado nas persoas.

Foz proxéctase así como un exemplo de como medrar sen perder o rumbo, consolidando un modelo urbano coherente coa súa identidade e coas demandas do presente.

Fonte: La Voz de Galicia. Edición A Mariña


Se concedieron un total de 168, trece menos que el récord de la década establecido un año antes, hay sorpresas con fuertes subidas en O Valadouro y Cervo

03/05/2026

GRAN PRIMEIRO DE MAIO 🌹!

A Agrupación Socialista de Foz volveu demostrar que a loita polos dereitos da clase traballadora segue máis viva ca nunca.

A Festa dos Traballadores, a nosa identidade colectiva, con máis dun cento de persoas non só compartindo mesa, senón tamén memoria, compromiso e forza para seguir avanzando.

Porque cada dereito conquistado naceu da unión, do esforzo e da dignidade de quen nunca se rende.

Dende Foz, reafirmamos a nosa defensa dun traballo digno, xusto e con futuro. Máis de tres décadas despois, esta celebración continúa sendo un símbolo de loita e esperanza, un espazo para lembrar de onde vimos e para reivindicar cara a onde queremos ir: unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e máis solidaria.

O PRIMEIRO DE MAIO CELÉBRASE EN FOZA Agrupación Socialista de Foz celebrará o tradicional xantar de fraternidade co gall...
15/04/2026

O PRIMEIRO DE MAIO CELÉBRASE EN FOZ

A Agrupación Socialista de Foz celebrará o tradicional xantar de fraternidade co gallo do primeiro de maio, unha cita que leva celebrándose dende hai máis de tres décadas.

Convidamos a todos os veciños e veciñas, así como simpatizantes e militantes de Foz, da comarca da Mariña e toda a comunidade a participar na “Festa dos Traballadores”, que terá lugar o venres 1 de maio ás 14:30 horas no restaurante O Rincón do Mis.

O menú estará composto por táboa de ibéricos e queixos, empanada galega, pastel de peixe caseiro, tortilla de patacas, surtido de croquetas, ovos rotos con xamón ibérico e lacón ao forno, incluíndo tamén postre, bebida, café e chupito.

O prezo do xantar é de 30 €, con posibilidade de menú infantil (croquetas, chipiróns, milanesa e patacas) por 20 €, previa reserva.

Reservas no 606652733.

A CRÓNICA DUNHA SITUACIÓN INACEPTABLE 🚨 O alcalde de Foz esixe garantías “por escrito” de que o centro de saúde NON pech...
09/04/2026

A CRÓNICA DUNHA SITUACIÓN INACEPTABLE

🚨 O alcalde de Foz esixe garantías “por escrito” de que o centro de saúde NON pechará os sábados 🚨

A preocupación pola situación sanitaria en Foz vai en aumento. Tras unha conversa co xerente da área sanitaria, Ramón Ares, queda claro que NON hai garantías de que o centro de saúde permaneza aberto os sábados pola mañá.

👉 Segundo o trasladado, a continuidade do servizo dependería da “voluntariedade” do persoal médico, xa que estas horas quedan fóra da xornada obrigatoria. É dicir: podería haber atención… ou non.

❗ Isto é inaceptable. Estamos a falar de URXENCIAS. Non se pode permitir que un veciño ou veciña acuda ao centro de saúde un sábado e o atope pechado.

📢 Foz leva tempo reclamando o que lle corresponde:
✔️ Un PAC (Punto de Atención Continuada)
✔️ Garantía de atención urxente
✔️ Recuperación das gardas nocturnas nas farmacias

💬 Somos o segundo concello da Mariña en poboación e o sexto da provincia. Este abandono non ten xustificación.

📍 Esta demanda levarase ao pleno municipal. É momento de que todos os grupos políticos se posicionen:
👉 Estarán ao lado da veciñanza ou calarán ante este posible novo recorte?

08/03/2026
04/02/2026

A P O T E Ó S I C O !!!
Isto é

26/01/2026

MELLORA OS DATOS EN SEGURIDADE
Seguimos avanzando con paso firme cara a un futuro máis seguro. Os datos de 2025 amosan unha baixada do 8% nas infraccións penais, un reflexo do traballo coordinado das forzas de seguridade e do compromiso colectivo coa convivencia. Na Xunta Local de Seguridade reforzamos a planificación para o Entroido e reclamamos máis medios para protexer á veciñanza e a quen nos visita.
Con responsabilidade, cooperación e ilusión, construímos un Foz máis tranquilo, máis xusto e con esperanza.

19/01/2026

⚫ O Concello de Foz expresa o seu fondo pesar polo grave accidente ferroviario ocorrido onte en Adamuz. A corporación municipal quere trasladar as súas condolencias e solidariedade ás familias das persoas falecidas, ás persoas feridas e ao conxunto da poboación do municipio afectado, acompañándoos nestes momentos de dor.

08/01/2026

Dirección

Rúa Trapero Pardo N° 20 Entreplanta
Foz
27780

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación Socialista de Foz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Agrupación Socialista de Foz:

Compartir

Categoría