IES de FOZ

IES de FOZ Instituto de Educación Pública

01/06/2026
Aquí vos deixamos o últmo menú escolar deste curso, que axiña pasou!
01/06/2026

Aquí vos deixamos o últmo menú escolar deste curso, que axiña pasou!

No Club de Ciencia reutilizamos un antigo moble de bufet para crear un pequeno espazo verde con alfábega, tomiño e flore...
01/06/2026

No Club de Ciencia reutilizamos un antigo moble de bufet para crear un pequeno espazo verde con alfábega, tomiño e flores de capuchina.

Pequenas accións que nos axudan a construír un futuro máis sostible!

Gran éxito do curso de cociña para familias do IES de Foz organizado en colaboración coa REGAPS (Rede Galega de Promoció...
30/05/2026

Gran éxito do curso de cociña para familias do IES de Foz organizado en colaboración coa REGAPS (Rede Galega de Promoción da Saúde).

Dez familias aprenderon a cociñar máis saudable e disfrutaron dunha tarde moi produtiva que rematou coa degustación dos pratos.🍽

29/05/2026
O grupo de Ciclo medio Cociña Adultos foi de excursion a Casa Barbeiro en Alfoz. Na queixaría fixeron unha labor de inve...
27/05/2026

O grupo de Ciclo medio Cociña Adultos foi de excursion a Casa Barbeiro en Alfoz. Na queixaría fixeron unha labor de investigación sobre como se elaboraban os queixos tradicionais da zona.

Magnífica labor con todos os produtos artesanais que elaboran, dende o seu leite, pasando por queixo fresco, queixo de pasta branda, queixo centroeuropeo, requeixo, iogur, manteiga e ata a súa espectacular tarta de queixo. Todo un 10!🏆

Que boa a experiencia que viviu David, o noso alumno de 2º Ciclo Medio de Servizos de Restauración en Sicilia, Italia,🇮🇹...
25/05/2026

Que boa a experiencia que viviu David, o noso alumno de 2º Ciclo Medio de Servizos de Restauración en Sicilia, Italia,🇮🇹 grazas ao programa Erasmus+.🌍

Na foto coa familia propietaria do restaurante onde fixo as prácticas, o Ristorante Andrea de Palazzolo Acreide e desfrutando do Teatro Massimo en Palermo, unha das múltiples visitas turísticas que fixo na illa.

Esta actividade está encadrada dentro das mobilidades de alumnado do programa Erasmus+ do IES de Foz e financiada pola UE.

Somos finalistas!
23/05/2026

Somos finalistas!

No Club de Ciencia traballamos a concienciación ambiental aprendendo a separar correctamente os residuos. Unha vez feita...
22/05/2026

No Club de Ciencia traballamos a concienciación ambiental aprendendo a separar correctamente os residuos. Unha vez feita a parte teórica, era o momento de levar á práctica o aprendido!

No comedor escolar colocamos carteis nos contedores e na cociña para facilitar a correcta separación dos residuos e comprender como esta acción nos axuda a reutilizar e reciclar materiais. Ademais, reflexionamos sobre a importancia de reducir aquilo que non é totalmente necesario, porque o máis sostible é, moitas veces, non xerar residuos.

Os restos orgánicos deposítanse nas composteiras e, co compost obtido, plantamos herbas aromáticas para usar na cociña. Tamén reutilizamos un antigo moble de bufet para crear un pequeno espazo verde con alfábega, tomiño e flores de capuchina.

Pequenas accións que nos axudan a construír un futuro máis sostible!

15 anos non son nada!A nosa antiga alumna e profesora de inglés no IES de Foz,  Lucía Villarino, aproveitou a súa estanc...
21/05/2026

15 anos non son nada!
A nosa antiga alumna e profesora de inglés no IES de Foz, Lucía Villarino, aproveitou a súa estancia como profesora visitante nos Estados Unidos para volver a Shakopee e reencontrarse con Anna, demostrando que un intercambio escolar é máis que unha viaxe!
Lucía sempre recoñece que aquela experiencia marcou moitas das decisións que viñeron despois. Hoxe, é profesora de inglés no noso IES, e intenta transmitir ao alumnado a mesma ilusión, curiosidade e ganas de abrirse ao mundo que ela tiña hai 15 anos.
Porque hai experiencias que duran uns días… e outras que quedan para sempre.

Dirección

Rúa Castelao
Foz
27780

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 16:00
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES de FOZ publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir