BNG Frades

BNG Frades Páxina da asemblea do Bloque Nacionalista Galego en Frades, a través da cal podes contactar con n?

Frades,malia ser un concello eminentemente rural, goza dunhas condicións xeográficas que o deberan favorecer; desde a súa conformación paisaxística e medio natural até o seu emprazamento no eixo potencial Atlántico galaico-portugués, a 20 minutos de Santiago e a 40 de A Coruña. Todo este conxunto de factores leva décadas sendo desaproveitado de principio a fin por un goberno de actuación pasiva no

interese do pobo e activa no seu interese persoal, cunha xestión ineficaz e misteriosa, deste xeito Frades ficou ancorado nun atraso socioeconómico que parte da carencia infraestrutural e chega á perda de poboación. O único avance sustancial que viu Frades nas últimas décadas foi o traballo de concentración parcelaria, que non dependeu nin na súa maior parte do goberno actual. No BNG cremos que Frades ten potencial, cremos que se lle pode sacar moito partido á agricultura ecolóxica, ás enerxías renovábeis, a unha rede de infraestruturas adaptada á realidade dos fradenses, con zonas por onde camiñar, a un solo industrial que concentre a tendencia de espallamento da industria fradense, ás políticas sociais e de axuda a maiores, a un Frades con mobilidade interior e para o exterior, comunicado coas metrópoles e coa súa realidade... políticas progresistas feitas sen cor nin discriminación política de por medio, e desde unha Casa do Concello do pobo, de todo Frades, e non apenas dunha familia. Frades ten futuro, co apoio de todos, conseguiremos poñelo en marcha!

💧 No último pleno preguntamos polo estado das análises das fontes do noso concello.Varias fontes moi concorridas pola ve...
04/03/2026

💧 No último pleno preguntamos polo estado das análises das fontes do noso concello.

Varias fontes moi concorridas pola veciñanza de Frades levan sen analizarse dende o ano 2024.

Dende o BNG de Frades instamos ao Concello a que, como mínimo, se realice unha análise anual das fontes públicas para garantir a seguridade e tranquilidade de todas e todos.

O Tenente de Alcalde afirma que non hai motivo de preocupación, mesmo sendo Frades un concello gandeiro, onde a calidade da auga pode variar.

A saúde pública non é un tema menor. Transparencia, prevención e responsabilidade.

🚧 BNG de Frades esixe solucións para a estrada de Ledoira 🚧No último pleno municipal instamos ao goberno de Frades a arr...
23/12/2025

🚧 BNG de Frades esixe solucións para a estrada de Ledoira 🚧

No último pleno municipal instamos ao goberno de Frades a arranxar con urxencia a estrada de Ledoira, unha vía transitada e nun estado claramente perigoso.

👉 Problemas actuais da estrada:

O firme atópase en mal estado

Non existen cunetas, o que provoca problemas de drenaxe

As plantas invaden a pista, reducindo gravemente a visibilidade

Se se cruzan dous coches, é imposible pasar

⚠️ A falta de visibilidade e o estreitamento da vía incrementan seriamente o risco de accidentes, tanto para vehículos como para peóns.

🚗 Trátase dunha estrada que dá acceso á área recreativa da Presa, polo que é aínda máis necesario garantir condicións de seguridade axeitadas.

📢 Dende o BNG de Frades reclamamos seguridade viaria, mantemento axeitado e unha actuación inmediata.

Este é o calendario de citas médicas en Frades.👉 Non hai cita dispoñible Estamos en pleno pico de gripe, con persoas mai...
22/12/2025

Este é o calendario de citas médicas en Frades.
👉 Non hai cita dispoñible

Estamos en pleno pico de gripe, con persoas maiores, crianzas e veciñanza que precisan atención médica agora, non dentro de semanas.

Desde o BNG de Frades seguimos a denunciar unha situación insostible:
❌ falta de persoal sanitario
❌ listas de espera inaceptables
❌ abandono da atención primaria no rural

A sanidade pública non pode funcionar con calendarios baleiros de dereitos. A veciñanza de Frades merece unha atención médica digna, próxima e en tempo.

📢 Esiximos á Xunta de Galiza solucións inmediatas: reforzo de persoal, máis medios e respecto pola sanidade pública no rural.

Porque a saúde non pode agardar.

⚠️ Entrada ao polideportivo municipal en mal estadoDesde o BNG de Frades queremos denunciar o deterioro da entrada ao po...
01/11/2025

⚠️ Entrada ao polideportivo municipal en mal estado

Desde o BNG de Frades queremos denunciar o deterioro da entrada ao polideportivo municipal, que leva máis dun ano nesta situación, con baldosas levantadas e herbas medrando sen control. Un espazo tan usado pola veciñanza non pode permanecer neste estado de abandono.

👉 No vindeiro pleno presentaremos un rogo para que o goberno municipal actúe canto antes, reparando o pavimento e garantindo un mantemento adecuado.

Ademais, solicitaremos que se mellore a accesibilidade ao pavillón, xa que actualmente só se pode acceder sen escaleiras a través do centro educativo, o que non é unha solución nin práctica nin inclusiva.

💪 Seguiremos traballando para que os espazos públicos de Frades sexan seguros, accesibles e dignos para toda a veciñanza.

🩺 O BNG de Frades apoia a concentración pola sanidade públicaDesde o BNG de Frades sumámonos á convocatoria deste sábado...
23/10/2025

🩺 O BNG de Frades apoia a concentración pola sanidade pública

Desde o BNG de Frades sumámonos á convocatoria deste sábado 25 de outubro ás 12:00 h diante do Centro de Saúde de Ponte Carreira, para reclamar o que é de todas e todos: unha sanidade pública digna, próxima e de calidade.

A situación que vivimos no noso concello é insostible: faltan profesionais, citas médicas, medios e atención continuada. Mentres tanto, a Xunta do PP continúa recortando e privatizando servizos, poñendo en risco un dereito básico.

💪 A defensa da sanidade pública non entende de cores políticas. É unha loita común que nos une como pobo.
Convídamosvos a participar e facervos escoitar: a sanidade pública deféndese, non se vende.

Veciñanza comprometida, institucións ausentesUn veciño púxose en contacto co BNG de Frades para trasladarnos o estado de...
20/10/2025

Veciñanza comprometida, institucións ausentes

Un veciño púxose en contacto co BNG de Frades para trasladarnos o estado de abandono do lavadoiro e da ponte de Lavadero, no tramo da estrada secundaria que une Reboredo (Galegos) coa que conecta Ordes e Ponte Carreira.

A ponte, construída hai uns dez anos, nunca recibiu labores de limpeza nin mantemento. A maleza medrou ata o punto de impedir o acceso ao lavadoiro, un espazo que forma parte do noso patrimonio e da memoria colectiva.

Ademais, no inverno a auga chega a pasar por enriba da estrada, xa que as gabias levan anos sen limpar, o que supón un risco para a seguridade viaria e para a veciñanza.

👉 Debemos garantir a seguridade da veciñanza e, para iso, urxe recuperar o lavadoiro, limpar a zona e manter en bo estado a vía. Dende o BNG de Frades esiximos ao goberno municipal que actúe canto antes.

🤝 Agradecemos á veciñanza que nos fai chegar estas situacións. Seguiremos traballando para que Frades teña o coidado e o respecto que merece.

Conseguímolo!A nosa insistencia deu resultado. Despois de anos de espera e de moción do BNG e sucesivas preguntas, o gob...
10/10/2025

Conseguímolo!

A nosa insistencia deu resultado. Despois de anos de espera e de moción do BNG e sucesivas preguntas, o goberno municipal activouse para reparar a desfeita da Presa.

A perseveranza da froitos!!

📢 Mantemento urxente das instalacións públicasA pasada semana advertiamos da falta de mantemento en espazos municipais c...
29/09/2025

📢 Mantemento urxente das instalacións públicas

A pasada semana advertiamos da falta de mantemento en espazos municipais como os parques infantís. Por desgraza, esta semana temos que volver facelo: no día de onte (28/09/2025), unha persoa sufriu un accidente ao apoiar a man nunha valla de madeira que fendeu de inmediato, provocándolle cortes e dificultade para levantar o brazo.

⚠️ Estes feitos evidencian a gravidade da situación. Non podemos esperar a que aconteza algo peor: é necesario un plan de mantemento inmediato.

👉 O campo da Chousa precisa reparacións urxentes, e como se pode comprobar, as redes tamén están rotas.

Demandamos ao Concello unha actuación rápida e eficaz para garantir a seguridade da veciñanza e evitar novos accidentes.

📢 As imaxes que compartimos na anterior publicación son do mesmo día da publicación agás unha enviada por unha veciña de...
27/09/2025

📢 As imaxes que compartimos na anterior publicación son do mesmo día da publicación agás unha enviada por unha veciña de Abellá a comezos de agosto.

A continuación seguimos mostrando o estado actual ( fotos sacadas no día de hoxe).

❌ O problema non é gastar cartos en cambios puntuais, senón facer un mantemento serio e continuado das instalacións municipais.
🐦 O dos estorniños non é novo: leva anos sendo un problema de salubridade. Tempo houbo de sobra para actuar, o que non houbo foi vontade.

As fotos falan por si soas:

O parque segue sucio, con chans verdes e cheos de excrementos.

Non chega con soprar follas: fai falta limpeza con auga e coidado real.

O solo irregular é un perigo para as crianzas.

Hai xogos rotos e con parafusos soltos dende hai meses.

💬 Mentres o PP de Frades intenta xustificar o inxustificable, as familias e a veciñanza seguimos esperando un parque digno, seguro e ben mantido.

✊ O BNG de Frades non vai calar: seguiremos denunciando a deixadez do goberno municipal ata que se fagan as melloras que a veciñanza merece.

👉 Menos papatorias e máis dedicación nas cousas que realmente importan!

⚠️ Os parques infantís municipais de Frades presentan un estado preocupante:❌ xogos rotos e sen restrinxir o seu uso❌ ch...
19/09/2025

⚠️ Os parques infantís municipais de Frades presentan un estado preocupante:
❌ xogos rotos e sen restrinxir o seu uso
❌ chan deteriorado con risco de tropezos
❌ táboas en mal estado
❌ falta de limpeza → situación de insalubridade

👶 Estes espazos son usados a diario polos nosos nenos e non poden seguir así. Non é admisible que un parque municipal estea cheo de cagadas de paxaros e sen o coidado necesario.

📸 Adxuntamos fotos que mostran a realidade.
👉 Instamos ao goberno municipal a poñer medidas urxentes e investir nos parques infantís para garantir lugares seguros, limpos e dignos para as crianzas de Frades.

Bo día!🎉 Este ano 2025 celebramos os 30 anos do BNG na comarca de Ordes cunha festa na Estación da Pontraga o sábado 13 ...
23/08/2025

Bo día!🎉 Este ano 2025 celebramos os 30 anos do BNG na comarca de Ordes cunha festa na Estación da Pontraga o sábado 13 de setembro!🎉
Ide gardando a data e animádevos a vir!

Dirección

Frades
15686

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Frades publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Frades:

Compartir