Concello de Frades

Concello de Frades Un espazo para informar aos veciños/as de Frades de todas as actividades, iniciativas e novedades

𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗰𝗲𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮👏👏👏 Hoxe queremos aproveitar para felicitar a Juan Cao Botana, veciño de Abellá ( ) e estudante no I...
04/06/2026

𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗰𝗲𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮
👏👏👏 Hoxe queremos aproveitar para felicitar a Juan Cao Botana, veciño de Abellá ( ) e estudante no IES Ordes a quen a Universidade da Coruña vén de distinguir co Premio de excelencia á mellor nota de admisión. Simultaneidade do grao en inglés e grao en galego portugués: estudos lingüísticos e literarios do curso 2025/2026.
🎓Parabéns, Juan❗

𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗔𝗯𝗲𝗹𝗹𝗮́⁣🎉Abellá celebra este venres 5 e sábado 6 de xuño as festas na honra ao Corpus Christi. A festa comezar...
04/06/2026

𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗔𝗯𝗲𝗹𝗹𝗮́⁣
🎉Abellá celebra este venres 5 e sábado 6 de xuño as festas na honra ao Corpus Christi. A festa comezará mañá venres 5 de xuño, ás 21:00 horas, cunha pulpada e churrascada, á que seguirá unha verbena con Union y Fuerza UYF e a Orquesta Los Satélites
🎶 O sábado 6 de xuño, tras a misa solemne das 13:00 horas, sesión vermú con Dúo Dilema
👉 Colabora: Concello de Frades

𝗔𝗽𝗼𝗶𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮👉 O alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, reuníuse hoxe coa delegada da Xunta da Coruña, B...
03/06/2026

𝗔𝗽𝗼𝗶𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮
👉 O alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, reuníuse hoxe coa delegada da Xunta da Coruña, Belén Do Campo Piñeiro, para avaliar as necesidades prioritarias dos distintos municipios. A delegada destacou varios investimentos que a Xunta de Galicia ten confirmados para :
💵 600.000€ para modernizar a estación potabilizadora de Ponte Carreira, confirmados este luns polo Consello da Xunta despois de 4 anos de xestións e de modificacions no proxecto inicialmente presentado polo Concello
💵 95.000€ do AGADER, para a remodelación do parque infantil de Ponte Carreira e a reforma das instalacións de Servizos Sociais no Concello.
💵 68.000€ do Programa Rural Activo para contratar 4 traballadores para prevención e defensa contra os
💵 7.500€ para o servizo de socorrista.
👉 O alcalde aproveitou para trasladarlle varias necesidades en infraestruturas viarias.

𝗖𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗩𝗲𝗿𝗮́𝗻 𝟮𝟬𝟮𝟲⁣⛱️ O Concello de Frades abre inscricións no Campamento de Conciliación, que terá...
02/06/2026

𝗖𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗩𝗲𝗿𝗮́𝗻 𝟮𝟬𝟮𝟲⁣
⛱️ O Concello de Frades abre inscricións no Campamento de Conciliación, que terá lugar do 22 de xuño ao 4 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas (agás festivos e fins de semana) no CPI Ponte Carreira e instalacións municipais (piscina, pavillón, campo de fútbol...).
👧👦 Dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, as inscricións está abertas na Casa do Concello ou na sede electrónica.
👉 Haberá 6 quendas: xuño e setembro por 7,5 euros cada unha e as 4 quincenas de xullo e agosto por 15€ cada unha. As inscricións deben facerse cun mínimo de 5 días de antelación ao inicio de cada quenda, sendo o 15 de xuño o primeiro límite para a rapazada que participe na quenda do 22 ao 30 de xuño. do 20% para segundo irmán e do 50% para familias numerosas.
👉 Organiza: Concello de . Colaboran: Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad a través do Plan Corresponsables.

𝗣𝗼𝘁𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮👏👏👏 O Concello de Frades celebra o anuncio realizado onte polo Consello da Xunta de Gali...
02/06/2026

𝗣𝗼𝘁𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮
👏👏👏 O Concello de Frades celebra o anuncio realizado onte polo Consello da Xunta de Galicia de que prevé tramitar este mes de xuño o acordo para a ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) de , emprazada no lugar de Ponte Carreira.
👉 Un proxecto que conta “con orzamento comprometido” que ascende a “uns 600.000 €”, segundo detallou onte mesmo o Goberno Autonómico.
👉 O Concello xa recibiu hai un par de meses o borrador do convenio de colaboración e so está pendente da sinatura do convenio de colaboración. Unha obra moi necesaria para a veciñanza de Frades pois a estación de tratamento de auga potable de Frades está ao límite da súa capacidade.
ℹ Máis información: www.frades.gal

01/06/2026

𝗫𝗫𝗩𝗜𝗜 𝗫𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗱𝗼𝘀 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗙𝗿𝗮𝗱𝗲𝘀⁣
👏👏👏Grazas ás máis de 530 persoas que tomastes parte na XXVII Festa dos Nosos Maiores do Concello de Frades, que tivo lugar este sábado na carballeira de San Nicolao ( ) presidida polo alcalde, Roberto Rey Martínez, e o director de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba.
🥁 Hoxe compartimos contigo esta actuación conxunta de "Son da Terriña" ( ) e Sarillo de . Mañá, subimos fotiños da xornada.

𝗕𝗲𝗻𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗕𝗮𝗹𝗻𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀💦O Concello de Frades informa da apertura do prazo de solicitude para participar no programa Benes...
29/05/2026

𝗕𝗲𝗻𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗕𝗮𝗹𝗻𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀
💦O Concello de Frades informa da apertura do prazo de solicitude para participar no programa Benestar en Balnearios 2026, que convoca a Xunta de Galicia.
👵👴 Dirixido a maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55.
📌 O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xuño
ℹ️ Máis información: www.frades.gal / Servizos Sociais de , onde os axudarán a xestionar o trámite.

Sesión plenaria ordinaria do mes de maio. Hoxe xoves 28 de maio, ás 12:30 horas, no salón de plenos municipal. A sesión ...
28/05/2026

Sesión plenaria ordinaria do mes de maio. Hoxe xoves 28 de maio, ás 12:30 horas, no salón de plenos municipal. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:

O Concello de Frades celebrará mañá xoves 28 de maio a súa sesión plenaria ordinaria do mes de maio ás 12:30 horas no salón de plenos municipal. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

𝗠𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗼𝘀 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼𝘀 𝗮 𝗰𝗮𝘁𝗿𝗼 𝗮𝗹𝗱𝗲𝗮𝘀✅ O Concello de Frades vén de rematar as obras de mellora dos accesos a catro aldeas...
27/05/2026

𝗠𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗼𝘀 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼𝘀 𝗮 𝗰𝗮𝘁𝗿𝗼 𝗮𝗹𝗱𝗲𝗮𝘀
✅ O Concello de Frades vén de rematar as obras de mellora dos accesos a catro aldeas do municipio: Igrexa ( ), A Quinta ( ), Auga Santas-Aboi ( ) e Os Loureiros ( ).
🚧 Unha actuación na que investimos 92.420 euros e que permitiu arranxar más de 2 quilómetros de estradas, equivalentes a unha superficie de 10.285 metros cadrados. Proxecto incluído no POS+2025.

𝗦𝗨𝗦𝗣𝗘𝗡𝗦𝗜𝗢́𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗢𝗥𝗔𝗟 𝗗𝗔𝗦 𝗤𝗨𝗘𝗜𝗠𝗔𝗦 𝗔𝗚𝗥𝗜́𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦ℹ️ O Concello de Frades  informa:🔥 Medio Rural suspende temporalmente as   ag...
27/05/2026

𝗦𝗨𝗦𝗣𝗘𝗡𝗦𝗜𝗢́𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗢𝗥𝗔𝗟 𝗗𝗔𝗦 𝗤𝗨𝗘𝗜𝗠𝗔𝗦 𝗔𝗚𝗥𝗜́𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦
ℹ️ O Concello de Frades informa:

🔥 Medio Rural suspende temporalmente as agrícolas e forestais desde este venres 29 de maio por risco elevado de .

🌡️ A medida aplícase tras analizar a evolución meteorolóxica e os indicadores de perigo.

🚫 Non se conceden novos e os vixentes quedan sen efecto.

☎️ Se ves lume, chama ao 085.

Dirección

Cimadevila S/n
Frades
15686

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00
Sábado 09:00 - 15:00
Domingo 09:00 - 15:00

Teléfono

981 695 567

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Frades publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría