09/09/2026
🎲 CLUB DE XOGOS DE MESA
Chegamos á última das nosas novas actividades… e esta é para todas as idades!
No Club de Xogos de Mesa teremos un pouco de todo: desde os clásicos de toda a vida, como o parchís ou o xadrez, ata xogos máis modernos como Catan e propostas como Código Secreto, Pelusas e moitos máis. Porque hai xogos para todos os gustos!
A biblioteca contará cunha selección de xogos para comezar, pero estamos abertos a que traiades os vosos propios xogos e compartades con nós aqueles aos que máis vos gusta xogar. Así poderemos ir ampliando entre todos as posibilidades do club!
Un espazo para vir xogar, pasar un bo anaco e compartir mesa, tanto se vés con amigos como se queres vir coa familia. E si, as persoas adultas tamén teñen o seu sitio neste club! 😉
📅 O Club de Xogos de Mesa e o Club de Deberes comezarán en outubro.
📝 Lembramos que é necesario inscribirse previamente para poder formar os grupos mínimos e organizar as actividades.
Así que xa sabedes… preparade as fichas, os dados e as cartas! 🎲
📍 Biblioteca Municipal de Xermade