PSdeG PSOE Betanzos

Cómo llegar Página web

PSdeG PSOE Betanzos Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de PSdeG PSOE Betanzos, Partido político, Abegondo.

🏗️ Desde o grupo municipal socialista, lamentamos as declaracións do PP sobre a tramitación do PXOM e gustarianos pedirl...
22/10/2026

🏗️ Desde o grupo municipal socialista, lamentamos as declaracións do PP sobre a tramitación do PXOM e gustarianos pedirlles máis rigor á hora de trasladar información á cidadanía.

👉 O Plan Xeral aprobouse no pleno do 18 de maio e o equipo de goberno remitiuno á Dirección Xeral de Urbanismo o 12 de xuño. Tras recibir un requirimento técnico, o Concello xa ten preparadas as respostas, agás un informe que lle corresponde elaborar a Augas de Galicia e que segue pendente.

❗️Resulta chamativo que o PP fale de falta de información cando é a propia Xunta, gobernada polo seu partido, a que ten pendente este trámite imprescindible para que o PXOM poida aprobarse definitivamente e entrar en vigor.

💪 O equipo de goberno seguirá traballando para que este instrumento fundamental para o futuro de Betanzos sexa unha realidade canto antes.

🥇 Moitos parabéns ao Mesón Café de Segundo pola súa vitoria na Semana da Tortilla de Betanzos 🎉Cunha puntuación de 26 so...
18/10/2026

🥇 Moitos parabéns ao Mesón Café de Segundo pola súa vitoria na Semana da Tortilla de Betanzos 🎉

Cunha puntuación de 26 sobre 30, o restaurante betanceiro fíxose gañador hoxe do premio á Mellor tortilla do 2026. O acto, celebrado por primeira vez no mercado municipal, contou coa presenza do equipo de goberno.

🍽️ Estendemos tamén a nosa felicitación ao Bar O Rabel e Adega Lastras, que lograron o segundo e terceiro premio, respectivamente, e ao resto de locais participantes. Grazas polo voso traballo e por encher Betanzos de sabor e calidade gastronómica.

Dende o Goberno municipal, seguimos impulsando iniciativas que fortalecen a hostalaría e o comercio local.

🌹 Dende o Grupo Municipal Socialista de Betanzos queremos felicitar ao noso compañeiro Andrés Hermida por formar parte d...
16/10/2026

🌹 Dende o Grupo Municipal Socialista de Betanzos queremos felicitar ao noso compañeiro Andrés Hermida por formar parte da candidatura socialista ao Congreso dos Deputados!

Un orgullo contar con compañeiros que traballan cada día por Betanzos e que agora esperamos que poidan contribuír a defender o noso proxecto desde o ámbito estatal 💪

🥳 Moitos parabéns, Andrés!

21/09/2026
A nosa alcaldesa pediu varias veces reunirse coa Xunta para falar dunha posible residencia en Betanzos, pero nin respond...
21/09/2026

A nosa alcaldesa pediu varias veces reunirse coa Xunta para falar dunha posible residencia en Betanzos, pero nin responderon ás peticións ❌

🚌 A alcaldesa socialista de Betanzos, María Barral, denuncia novos problemas nas liñas de bus en Betanzos e esixe soluci...
12/09/2026

🚌 A alcaldesa socialista de Betanzos, María Barral, denuncia novos problemas nas liñas de bus en Betanzos e esixe solucións á Xunta

Viaxeiras e viaxeiros rumbo á Coruña volveron quedar tirados sen ningunha explicación, tanto quen ía traballar como a consultas médicas ou á universidade ❌

👉 A Xunta preocúpase todos os días de denunciar os atrasos que hai nos trens e de esixir, como é debido, melloras cando hai problemas. Pero debería facer exactamente o mesmo cos autobuses

ℹ️ Máis info en https://novas.betanzos.es/o-concello-denuncia-novos-problemas-nas-lineas-de-autobus-que-volveron-deixar-usuarios-sen-recoller-na-parada/

🥳 Dende o Grupo Municipal Socialista de Betanzos queremos desexarvos unhas moi felices Festas de San Roque!A desfrutar c...
14/08/2026

🥳 Dende o Grupo Municipal Socialista de Betanzos queremos desexarvos unhas moi felices Festas de San Roque!

A desfrutar con familia e amizades das marabillosas festas patronais da nosa cidade ❤️

❤️ Os emojis que queremos en Betanzos!Vivimos nunha cidade fermosa e única... así que os betanceiros e betanceiras ben m...
05/08/2026

❤️ Os emojis que queremos en Betanzos!

Vivimos nunha cidade fermosa e única... así que os betanceiros e betanceiras ben mereciamos ter estes emoticonos 😉

Para nós, a nosa única prioridade é o mellor para a nosa cidade, preservar a nosa riqueza cultural e histórica e seguir mellorando día a día. Mentres uns pensan en sí mesmos e os seus egos, nós sempre estaremos pensando en Betanzos ✨

E a ti, que máis emojis 100% betanceiros se che ocorren?

A nosa alcaldesa María Barral ten novo perfil de TikTok ▶️👉 Non esquezas seguila () para non perder ningún dos seus víde...
04/08/2026

A nosa alcaldesa María Barral ten novo perfil de TikTok ▶️

👉 Non esquezas seguila () para non perder ningún dos seus vídeos!

Tedes a ligazón ao perfil aquí: https://www.tiktok.com/

Tanto alí como no resto de redes contarémosvos o que estamos a facer para seguir mellorando Betanzos día a día ❤️

30/07/2026

O Partido Popular, o ÚNICO en votar en contra de mellorar a sanidade en Betanzos ❌

👉 O noso voceiro Diego Fernández explica o noso apoio á moción do BNG na que se insta á Xunta a cubrir as prazas vacantes no centro de especialidades de Betanzos e a adoptar medidas urxentes para recuperar a atención primaria.

Porén, o PP optou por rexeitala, antepoñendo o seu partido á veciñanza a que aspira a representar 🤦

Dirección

Guiliade
15319

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdeG PSOE Betanzos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos