01/06/2026
O Concello de Xove selecciona 3 socorristas para as praias de Lago e Portocelo.
O contratato empeza o 01 de xullo e remata o 31 de agosto.
O soldo (antes de impostos) é de 1.800 euros. A xornada é de 40 horas semanais a realizar no horario de apertura de praias, é dicir das 12:00 ás 20:00 horas de luns a domingo, tendo un día libre por semana ( que non pode coincidir coa fin de semana).
É requisito figurar no Rexistro de Socorristas Acuáticos en Espazos Naturais ou ter formalizado a súa solicitude de inscrición reunindo as condicións necesarias, ademais é imprescindible estar en situación de desemprego no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante sen ocupación.
Se tes interese nestas prazas ou sabes dalguén a quen lle pode interesar, contacta comigo. Rosa Lage 982592001.