Concello de Xove

Concello de Xove Un paraíso natural na Mariña Lucense

14/05/2026
🛼✨ O pavillón encheuse de maxia e espectáculo co II Preparatorio ao Campionato Provincial 2026 de Patinaxe Artística · M...
12/05/2026

🛼✨ O pavillón encheuse de maxia e espectáculo co II Preparatorio ao Campionato Provincial 2026 de Patinaxe Artística · Modalidade Show ✨🛼
Unha mañá chea de baile sobre rodas 💃🕺 onde todos os grupos participantes fixeron desfrutar ao público co seu talento, creatividade e paixón polo patinaxe artístico 👏🌟
Noraboa a tod@s participantes polo gran nivel demostrado e polo fantástico ambiente vivido durante toda a xornada 💙🙌
As medallas 🏅 foron entregadas pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e polo Delegado de Deportes da Xunta, Manuel Otero.
Grazas tamén ao público asistente por acompañar e apoiar este gran evento deportivo 🤍🛼

🐎✨ O vindeiro domingo 17 de maio chega unha das citas máis tradicionais e esperadas do noso municipio: a XXVIII Feira Ca...
11/05/2026

🐎✨ O vindeiro domingo 17 de maio chega unha das citas máis tradicionais e esperadas do noso municipio: a XXVIII Feira Cabalar de Lago 🐴🎉
A Asociación Equina A Medela celebrará unha nova edición desta feira xa consolidada no calendario festivo e ecuestre da comarca, reunindo criadores, afeccionad@s ao mundo do cabalo e visitantes chegados de distintos puntos da provincia 🤝🌿
📍 O encontro terá lugar nas inmediacións do Centro Social de Lago, nunha pista especialmente acondicionada polo Concello de Xove.
🕤 De 9:30 a 10:45 h abrirase o recinto feiral para a presentación e medición dos cabalos inscritos.
🐎 Ao longo de toda a xornada haberá: 🏆 concursos ✨ exhibicións 🎶 ambiente festivo 🍷 sesión vermú ao mediodía
Un día perfecto para desfrutar da tradición, da convivencia e da paixón polo mundo do cabalo ❤️🐴
👏 Desde a organización agradecen a colaboración do Concello de Xove e de todas as persoas e colectivos que fan posible esta XXVIII edición.
📣 Animamos a toda a veciñanza e público en xeral a achegarse ata Lago para vivir unha xornada única chea de tradición e bo ambiente!

📚✨ A Biblioteca Municipal de Xove inicia unha nova etapa coa posta en marcha, por primeira vez dende a súa apertura no a...
11/05/2026

📚✨ A Biblioteca Municipal de Xove inicia unha nova etapa coa posta en marcha, por primeira vez dende a súa apertura no ano 1990, do seu club de lectura “Cantís de Papel”. 🌊📖
Inspirado na paisaxe dos cantís de Morás, este novo proxecto cultural nace coa idea de que, igual que o mar vai moldeando a pedra coa súa forza e constancia, a lectura tamén deixa pegada nas persoas, abrindo novas emocións, pensamentos e maneiras de ver o mundo. 💙
“Cantís de Papel” xa reúne a máis dunha vintena de veciños e veciñas unidos pola paixón polos libros, creando un espazo aberto de encontro, convivencia e intercambio cultural entre persoas de diferentes idades. 👵👦📚
As reunións celebraranse o último venres de cada mes, compartindo reflexións, recomendacións e opinións arredor da lectura escollida. 🗣️📘
Dende a Biblioteca Municipal de Xove queremos agradecer a fantástica acollida desta iniciativa, que nace coa ilusión de seguir fomentando a cultura, a participación e o amor pola lectura no noso concello. ✨📖

11/05/2026

🇺🇳🇺🇳Outro ano máis, a nosa preciosa praia de Esteiro (Ceranzos, Xuances) obten o distintivo de Bandeira Azul!🇺🇳 🇺🇳

11/05/2026

🤸‍♀️💚 ###I TORNEO CONCELLO DE XOVE

Este domingo 17 de maio, volve o ###I Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica.
Agardamos a casi 700 ximnastas de todo Lugo. ¡Non faltedes!

HORARIO:
• MAÑÁ (10:30h): Nivel B, Promoción e Prebase.
• TARDE (16:30h): Nivel Escolar.

Grazas ao Concello de Xove e a todas as familias e colaboradores por facelo posible un ano máis.

¡AGARDÁMOSVOS! 💚✨

11/05/2026

Preto de 700 ximnastas de toda a provincia participarán no ###I Torneo Concello de Xove ao longo dunha intensa xornada deportiva

Revivindo a emoción do rally en Xove🚗💨 Aquí temos as mellores fotos dos coches no noso tramo. Que pasada ver esta paixón...
10/05/2026

Revivindo a emoción do rally en Xove🚗💨 Aquí temos as mellores fotos dos coches no noso tramo.
Que pasada ver esta paixón sobre rodas!

🏁🔥 Rematou a VIII edición do Rallye da Mariña Lucense 🚗💨, unha auténtica festa do motor que congregou a moitísima xente ...
10/05/2026

🏁🔥 Rematou a VIII edición do Rallye da Mariña Lucense 🚗💨, unha auténtica festa do motor que congregou a moitísima xente desfrutando das pasadas dos participantes ao longo de toda a fin de semana 👏👏
O rallye desenvolveuse sen incidentes graves e cun ambiente inmellorable 🙌😊
Nesta edición, o gañador foi Alberto Meira 🏆, conseguindo ademais o seu primeiro triunfo nesta proba 👏🔥
Na entrega de trofeos tivemos tamén o enorme orgullo de facer entrega do segundo Premio KM0 a Aitor Fernández San Isidro e David Rubiños García 🏅💪
Noraboa rapaces polo voso traballo, esforzo e dedicación, e por ese gran equipo que formades 🤝❤️ Seguide traballando así de unidos, porque o futuro é voso! 🚀👏

Dirección

Camiño Real S/N
Jove
27870

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Xove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir