Concello A Caniza - Pontevedra

Concello A Caniza - Pontevedra Páxina oficial do Concello da Caniza (Pontevedra)

📣O Alcalde Luis Piña anuncia a 5ª excursión do Programa «Canicenses en Ruta» ✨📍Viaxe a LA ALBERCA, PEÑA DE FRANCIA, MONF...
04/09/2026

📣O Alcalde Luis Piña anuncia a 5ª excursión do Programa «Canicenses en Ruta» ✨

📍Viaxe a LA ALBERCA, PEÑA DE FRANCIA, MONFRAGÜE, PLASENCIA E ZAMORA

🗓️ Os días 2, 3 e 4 de outubro de 2026, con saída dende A Caniza e visita a algúns dos lugares máis emblemáticos de Salamanca, Cáceres e Zamora.

👉O Concello oferta prazas en autobús gran turismo para participar nesta nova edición do programa “Canicenses en Ruta”.

📝 O prazo de inscrición xa está aberto na Biblioteca Municipal.

👉 O pagamento da viaxe deberá realizarse antes do 22 de setembro mediante transferencia bancaria.

💶 Prezo por persoa: 319€: inclúe viaxe en autocar gran turismo, hotel en réxime de pensión completa (en habitación compartida), guía-acompañante, seguro de viaxe, cruceiro fluvial polo Parque Natural de Monfragüe, comida en Plasencia e comida en bodega típica zamorana.

‼️ As persoas que desexen habitación individual deberán abonar un suplemento de 40 € por persoa e noite.

📍 ITINERARIO:

✅ 1º DÍA:

🔹 Saída dende A Caniza á hora acordada cos viaxeiros, dirección LA ALBERCA
🔹 Comida en ruta.
🔹 Pola tarde visita a LA PEÑA DE FRANCIA, macizo rochoso de 1.723 metros de altitude onde se atopa o Santuario da Virxe Morena, patroa da provincia salmantina.
🔹 Tras a visita, traslado ao hotel, reparto de habitacións, cea e aloxamento.

✅ 2º DÍA:

🔹 Tras o almorzo no hotel, saída cara SERRADILLA, na provincia de Cáceres.
🔹 Dende o embarcadoiro do Texo realizaremos un cruceiro fluvial polo Parque Natural de Monfragüe, onde se atopa a maior colonia de voitre negro de Europa.
🔹 Comida.
🔹 Pola tarde visita a PLASENCIA e o seu atractivo casco histórico.
🔹 Traslado ao hotel, cea e aloxamento.

✅ 3º DÍA:

🔹 Tras o almorzo no hotel, inicio da viaxe de regreso con parada en ZAMORA, coñecida como a “Perla do Douro”, cidade monumental cun importante conxunto arquitectónico e artístico.
🔹 Comida en bodega típica zamorana.
🔹 Ao rematar, inicio da viaxe de regreso á Caniza.

📌Romaría da Nosa Señora Santa María da Franqueira (Virxe da Fonte)📍A Franqueira (A Caniza) - 8 de setembro de 2026📣A Fra...
04/09/2026

📌Romaría da Nosa Señora Santa María da Franqueira (Virxe da Fonte)

📍A Franqueira (A Caniza) - 8 de setembro de 2026

📣A Franqueira acolle este 8 de setembro a festividade na honra da Nosa Señora Santa María da Franqueira, unha das advocacións marianas máis antigas de Galicia cuxa veneración se remonta a séculos pasados. 👉Declarada Festa de Interese Turístico da nosa Comunidade Autónoma.

ℹ️ Consulta a programación do mes neste cartel e as principais celebracións litúrxicas:

🔸Novena: do 30 de agosto ao 7 de setembro

🔸 7 de setembro
▫️ 12:00 h: Misa solemne e procesión
▫️ 21:00 h: Procesión de "antorchas" co rezo do Rosario

🔸 8 de setembro ( Natividade da Virxe María )
▫️ Misas durante toda a xornada
▫️ 12:00 h: Misa solemne e procesión

👉se desexas coñecer máis sobre esta verenación, consulta no sitio web do Santuario http://www.afranqueira.org

📌O IES da Caniza oferta novas oportunidades de Formación Profesional 📚ℹ️ O Concello informa sobre a oferta de Formación ...
04/09/2026

📌O IES da Caniza oferta novas oportunidades de Formación Profesional 📚

ℹ️ O Concello informa sobre a oferta de Formación Profesional (FP) do IES da Caniza, unha oportunidade para que os veciños e especialmente a mocidade, poida formarse no propio municipio e acceder a novas posibilidades académicas e laborais.

O centro educativo conta con ensinanzas de FP Básica en Informática de Oficina e Mantemento de Vehículos, así como FP de Grao Medio en Xestión Administrativa. 💻🚗

👉A oferta formativa permite adquirir coñecementos e competencias profesionais orientadas ao mercado laboral, e inclúe ademais a posibilidade de realizar prácticas no estranxeiro, unha experiencia que pode contribuír á formación e á futura inserción laboral do alumnado. 🌍✈️

Infórmate sobre as prazas dispoñibles, os requisitos de acceso e o proceso de matrícula. ‼️

📞 886 110 001
📧 [email protected]
🌐 www.edu.xunta.es/fp/
🌐 www.edu.xunta.gal/centros/iesdacani­za/

🚨AVISO‼️🚱CORTE DE AUGA POTABLE👉Día 4 de setembro de 2026. Corte de auga para reparación de rotura na redeℹ️ Infórmase ao...
04/09/2026

🚨AVISO‼️

🚱CORTE DE AUGA POTABLE

👉Día 4 de setembro de 2026. Corte de auga para reparación de rotura na rede

ℹ️ Infórmase aos veciños da zona de 📍A Botica, Bueixos, Freixo e Costa do Freixo que, debido a unha rotura rexistrada na tubaxe da rede municipal de distribución de auga potable, a subministración permanecerá ❌cortada o venres 👉4 de setembro, de 👉9:00h a 11:00h, para reparar urxentemente a avaría.

Estamos a traballar para restituir o abastecemento á maior brevidade posible.

📍Zonas afectadas: A Botica, Bueixos, Freixo e Costa do Freixo.

Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas. 🙏🏻

🍎Formación «Aliméntate sen culpa» para mulleres e nenas da Caniza.👉O Concello continúa coa programación da 3ª edición do...
03/09/2026

🍎Formación «Aliméntate sen culpa» para mulleres e nenas da Caniza.

👉O Concello continúa coa programación da 3ª edición do Programa CLARA coa actividade «Aliméntate sen culpa»

🥗 Unha proposta dirixida ás mulleres para mellorar os hábitos alimentarios e favorecer unha maior autonomía na elección e planificación da alimentación.

📌A actividade desenvolverase en dúas xornadas.

📍A primeira terá lugar o 7 de setembro, ás 19:00 horas, na Aula CEMIT, co taller «Alimentación e xénero».

🔸Durante a sesión traballarase na elaboración dun plan persoal de mellora de hábitos, aprendendo a planificar e realizar eleccións alimentarias conscientes.

🔸Tamén se realizará unha simulación de compra cun orzamento limitado, para achegar ferramentas prácticas aplicables ao día a día.

🔸O taller abordará tamén a relación entre desigualdade e vulnerabilidade na alimentación, co obxectivo de que as participantes adquiran coñecementos que lles permitan gañar autonomía e capacidade de elección. 🌱

📍A segunda xornada será o 8 de setembro, ás 10:00 horas, no Edificio Multiusos, e consistirá nunha consulta individual, con valoración da composición corporal, revisión dos hábitos alimentarios e orientación adaptada á rutina de cada participante.

💜 Esta iniciativa forma parte do Programa CLARA, desenvolvido polos Concellos da Caniza e Covelo para promover a igualdade de oportunidades, previr a violencia de xénero e favorecer o benestar das mulleres. 🤝

O programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, a través do Fondo Social Europeo, no marco do FSE+ Galicia 2021-2027. 🇪🇺🇪🇸

☎️Para obter ℹ️, solicitar cita ou participar nesta e noutras actividades do Programa CLARA, pódese contactar nos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 e 687 227 495. 📞

📚 Itinerario de Especialización Loxística 360º ( curso gratuito de 180 horas en almacén, reposición e loxística )📌O Conc...
03/09/2026

📚 Itinerario de Especialización Loxística 360º ( curso gratuito de 180 horas en almacén, reposición e loxística )

📌O Concello informa da posta en marcha o próximo 21 de setembro do Itinerario de Especialización Loxística 360º, 👉unha formación presencial de 180 horas dirixida a persoas desempregadas de entre 45 e 60 anos, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e favorecer a súa inserción laboral.

🤝O programa, enmarcado no Programa Talento 45+, financiado polo Fondo Social Europeo Plus (Goberno de España) e cofinanciado pola Cámara de Comercio, 📌combina formación en reposición, venda, atención ao cliente, organización de almacéns e loxística.

👉Ademais, inclúe prevención de riscos laborais e formación práctica no manexo de carretilla elevadora, apilador eléctrico e transpaleta.

FORMACIÓN 1: AUXILIAR DE REPOSICIÓN — 60 horas 📚

🔸Reposición en gran superficie: disposición de produtos, xestión de stock e albaráns.

🔸Manipulación de alimentos: APPCC, hixiene e alérxenos.

🔸Técnicas de venda: proceso de venda, animación do punto de venda e caixa/TPV.

🔸Atención ao cliente: necesidades, normativa de consumo e xestión de incidencias.

FORMACIÓN 2: AUXILIAR DE ALMACÉN — 120 horas 📦

🔸Prevención de Riscos Laborais: seguridade, plans de emerxencia e primeiros auxilios.

🔸Organización do almacén: fluxo de mercadorías, etiquetaxe, xestión de stock e picking.

🔸Maquinaria de almacén: carretilla elevadora, apilador eléctrico e transpaleta.

📍A maior parte das clases impartirase no Multiusos da Caniza, 👉de 09:00 a 14:00 horas, mentres que as prácticas de maquinaria se desenvolverán en 2 xornadas en 📍Vigo. A formación está prevista ata o 👉11 de novembro.

As persoas interesadas deben ter entre 45 e 60 anos, estar desempregadas e residir prioritariamente na comarca da Paradanta, O Condado ou zonas limítrofes da provincia de Pontevedra. 👥📍

Para máis información poden contactar con Orientación A Caniza no 886 216 724 ou no 685 873 517. 📞ℹ️

🎉 Festa dos maiores con merenda e música 🎊 O Concello celebra esta xornada de encontro, convivencia e recoñecemento dedi...
02/09/2026

🎉 Festa dos maiores con merenda e música

🎊 O Concello celebra esta xornada de encontro, convivencia e recoñecemento dedicada ás persoas maiores do municipio. ❤️

📅 A cita terá lugar o domingo 6 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura, onde os asistentes poderán compartir unha tarde especialmente preparada para eles nun ambiente festivo e acolledor.

🍫 A celebración contará cunha merenda, na que non faltará o tradicional chocolate con biscoito, seguida dunha animada sesión de baile, para que todos os participantes poidan desfrutar dunha tarde de música, conversación e diversión. 🎶

📍 Casa da Cultura da Caniza
📅 6 de setembro | 18:00 h

📣🌿 Andaina do "Camiño entre Abadías" O domingo 6 de setembro celebrarase unha nova edición da andaina "Camiño entre Abad...
02/09/2026

📣🌿 Andaina do "Camiño entre Abadías"

O domingo 6 de setembro celebrarase unha nova edición da andaina "Camiño entre Abadías", que percorrerá o treito comprendido entre A Caniza e Melón (Ourense)

📌 A saída está prevista para as 9:30 horas dende a Casa do Concello da Caniza, para completar un percorrido de aproximadamente 9 quilómetros por un dos itinerarios históricos máis singulares do territorio.

🗣️Esta ruta forma parte do Camiño Real entre Abadías, un trazado que une as provincias de Pontevedra e Ourense, así como os concellos da Caniza e Melón, seguindo un antigo camiño con preto de 800 anos de historia.

🔸 Ao longo do percorrido, as persoas participantes poderán descubrir espazos de gran valor patrimonial e paisaxístico, camiñando por un itinerario que comunica dous históricos mosteiros e que constitúe un importante legado cultural e natural.

📌Novamente temos a honra de felicitar ao Club Balonmán Cañiza pola revalidación da Copa Galicia feminina 🏆O equipo femin...
01/09/2026

📌Novamente temos a honra de felicitar ao Club Balonmán Cañiza pola revalidación da Copa Galicia feminina 🏆

O equipo feminino canicense proclamouse un ano máis campión de Galicia tras vencer ao seu rival por 29-25 na final disputada este domingo en Tui. 👏

👉O Alcalde trasladou a súa felicitación ao Club e, especialmente, ao seu equipo feminino pola conquista, por segundo ano consecutivo, da Copa Galicia de Balonmán.

👏Luis Piña quixo destacar a importancia deste novo éxito deportivo para o municipio e salientou o traballo realizado polas xogadoras, o corpo técnico e a directiva do club, así como o apoio dunha afección que volveu demostrar o seu compromiso co equipo.

🗣️“Noraboa ás xogadoras, corpo técnico, directiva e a toda a afección. Campioas de novo!”, sinalou o Alcalde, quen destacou que este novo título supón un motivo de orgullo para toda a Caniza e confirma o excelente momento que está a vivir o balonmán canicense.

🤝O encontro contou cunha importante presenza de afeccionados e afeccionadas da Caniza nas bancadas, que acompañaron e animaron ao equipo durante toda a final. O Alcalde puxo en valor este apoio, que contribuíu a converter a xornada nunha nova celebración colectiva para o municipio.

👉Luis Piña asistiu á final acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Mª José Rodríguez, e compartiu a xornada, entre outras autoridades e representantes deportivos, co Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co Presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina.

🏅Ao remate do encontro, o Alcalde da Caniza, xunto co Presidente da Federación, tivo a honra de facer entrega da Copa de campioas ao equipo canicense.

👉Con esta nova conquista, o Club Balonmán Cañiza continúa levando o nome do municipio ao máis alto do balonmán galego e suma un novo éxito á súa traxectoria deportiva.

👏Desde o Concello queremos trasladar o noso recoñecemento e felicitación a todas as integrantes do equipo, ao corpo técnico, á directiva e á afección, agradecendo o esforzo, compromiso e apoio e celebrando conxuntamente un novo título para o deporte canicense.

Noraboa, campioas‼️

👏Felicitamos ao Club Balonmán Cañiza polo dobre triunfo no Torneo Concello da Caniza 🏆♦️Os equipos Saeplast Cañiza e Hel...
01/09/2026

👏Felicitamos ao Club Balonmán Cañiza polo dobre triunfo no Torneo Concello da Caniza 🏆

♦️Os equipos Saeplast Cañiza e Helvetia Saeplast Cañiza proclamáronse campións da competición celebrada este fin de semana no Pavillón Municipal Carballo do Marco.

♦️O Alcalde trasladou a súa felicitación ao Club Balonmán Cañiza e aos dous equipos gañadores polos seus triunfos no Torneo celebrado o pasado venres, 28 de agosto, no marco da programación do Verán de Lecer 2026. 👏

👉A xornada deixou un dobre éxito para o balonmán local, con vitorias tanto na categoría feminina como na masculina.

🏆 No encontro feminino, o Saeplast Cañiza impúxose ao Disiclin Lalín por 22-16, mentres que no partido masculino o Helvetia Saeplast Cañiza venceu ao Samertolameu por 26-24.

🗣️Luis Piña ponderou este dobre triunfo como un éxito compartido por todo o deporte da Caniza e salientou o traballo que o Club Balonmán desenvolve ao longo do ano para impulsar e facer medrar esta disciplina no municipio. “Felicitamos a todos por este dobre éxito compartido”, sinalou o Alcalde, destacando tamén a importancia de que a veciñanza poida g***r de xornadas deportivas como esta e acompañar aos equipos locais. 👏

🤝O Torneo foi organizado polo Concello en colaboración co Club Balonmán Cañiza, e permitiu achegar novamente o balonmán á cidadanía dentro da programación estival municipal.

🏅A 1ª Tenente de Alcalde, Mª José Rodríguez, foi a encargada de entregar os trofeos aos equipos campións, mentres que o presidente do Club Balonmán Cañiza, Marcos Estévez, fixo entrega dos trofeos aos equipos subcampións.

👏 Desde o Concello agradeceuse a participación dos catro equipos —Saeplast Cañiza, Disiclin Lalín, Helvetia Saeplast Cañiza e Samertolameu— así como a todas as persoas que se achegaron ao Pavillón Municipal co para apoiar aos xogadores e xogadoras.

Noraboa ao Club Balonmán Cañiza e aos dous equipos locais por este dobre triunfo‼️

Dirección

Rúa Oriente 11
La Cañiza
36880

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986651000

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello A Caniza - Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría