Agrupación Socialista A Cañiza

Agrupación Socialista A Cañiza Información do Grupo Municipal Socialista

24/06/2026

O Concello presenta a III edición de “A Pachanga na Rúa”, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xuño ⚽🎊

📌O Alcalde Luis Piña, xunto á Tenente de Alcalde, María José Rodríguez, á Concelleira de Goberno Municipal Eva Rivas e as integrantes da Comisión de Festas de Oroso, Sandra Lage, Nancy Rodríguez e Sara Rodríguez, presentaron no Salón de Plenos o cartel oficial da terceira edición de “A Pachanga na Rúa” 🏆. Unha iniciativa deportiva organizada pola Comisión de Festas de Oroso en colaboración co Concello e coa participación do comercio e da hostelería local . 👉As organizadoras quixeron tamén facer mención de Iria Rodríguez, integrante da Comisión que non puido estar presente nesta ocasion e que forma parte da organización do evento 👏.

🤝Durante a presentación, o Alcalde destacou a formalización dun acordo entre o Concello, a Comisión de Festas de Oroso e o tecido comercial e hostaleiro da Caniza para que os premios desta edición sexan entregados novamente en forma de bonos canxeables exclusivamente nos establecementos comerciais da vila 🎁.

Unha iniciativa que pretende reforzar o apoio ao pequeno e mediano comercio local 🛍️ e fomentar o consumo de proximidade 🤝.

👉Luis Piña informou tamén de que o Concello achegará 500 euros dos premios canxeables en bonos, ademais das medallas para todos os participantes das categorías infantís Minipachangueiros 🥇 e dos trofeos para as finais do torneo 🏆.

Tamén colabora coa impresión dos carteis e da loxística necesaria para o desenvolvemento do campionato ⚽ ( porterías, bancadas, sillas e mesas, equipos de son 🔊 e a pantalla de imaxe na que se poderá ver o partido España - Uruguay 🇪🇸🇺🇾 que se celebrará na madrugada do sábado a partires das 02:00 da mañá 🌙)

Baixo o lema “Versión Mundial” 🌍🏆, a edición de 2026 celebrarase os días 26, 27 e 28 de xuño no Parque Central da Caniza 📍, cunha programación que combinará deporte ⚽, lecer 🎉 e convivencia para todas as idades.

Programa de actividades ℹ️

🔷Venres, 26 de xuño | Mini Pachangueiros

🔹Desde as 16:30 ata as 02:00 h.
🔹Competición das categorías infantís 🏅:
Categoría A: de 7 a 10 anos.
Categoría B: de 11 a 13 anos.
🔹Medallas para todos os participantes 🥇 e trofeos para os tres primeiros clasificados 🏆, ademáis de numerosos premios en entradas a parques 🎟️.

Está previsto que os partidos rematen sobre as 02:00 da mañá 🌙, hora na que comezará o partido do Mundial de futbol ⚽ no que España se enfrontará a Uruguay 🇪🇸🇺🇾 e que se poderá ver na pantalla situada no parque central .

🔷Sábado, 27 de xuño | Pachangueiros

🔹De 10:00 a 14:40 h e de 16:00 a 04:00 h.
🔹Desenvolvemento da fase de grupos.
🔹Animación musical nocturna a cargo do DJ Chuspy e DJ Dario GZ 🎧🎶.

🔷Domingo, 28 de xuño | Pachangueiros 🏆⚽

🔹Xornada final da competición
🔹Disputa dos oitavos de final, cuartos, semifinais e final 🥇🥈🥉.
🔹Entrega de premios e trofeos ao remate do torneo 🏆🎖️.

O Alcalde quixo recoñecer especialmente o compromiso, a dedicación e a capacidade organizativa das integrantes da Comisión de Festas de Oroso 👏, cuxo traballo está a contribuir á consolidación dunha actividade que xa forma parte destacada da programación municipal do Verán de Lecer 2026 ☀️.

Noraboa a tod@s e a xogar! ⚽🏆🎉

🟥 Esta mañá participamos en Pontevedra no Comité Provincial do PSdeG-PSOE da provincia.👉 Un encontro de traballo e análi...
09/05/2026

🟥 Esta mañá participamos en Pontevedra no Comité Provincial do PSdeG-PSOE da provincia.

👉 Un encontro de traballo e análise política no que seguimos compartindo ideas, proxectos e compromiso coa veciñanza e co futuro dos nosos municipios.

🌹 Seguimos traballando desde o municipalismo, a proximidade e o compromiso coa cidadanía.

Este Primeiro de Maio non é só unha celebración: é memoria, loita e compromiso.Porque os dereitos laborais non son casua...
01/05/2026

Este Primeiro de Maio non é só unha celebración: é memoria, loita e compromiso.

Porque os dereitos laborais non son casualidade, nin están garantidos para sempre. Avanzan cando hai vontade política.

Seguiremos estando, como sempre, xunto á clase traballadora.

Dirección

La Cañiza
36880

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación Socialista A Cañiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Agrupación Socialista A Cañiza:

Compartir