Concello A Estrada

Concello A Estrada Páxina oficial do Concello da Estrada en Facebook

Así de animada estivo onte a Festa do Año ao Espeto de Loimil, con Chelo do Rejo como pregoeira.
01/06/2026

Así de animada estivo onte a Festa do Año ao Espeto de Loimil, con Chelo do Rejo como pregoeira.


Festival de Música Tradicional na Praza da Constitución, co Grupo Folclórico de Pinheiros, de Monçao (Portugal), Sete cu...
31/05/2026

Festival de Música Tradicional na Praza da Constitución, co Grupo Folclórico de Pinheiros, de Monçao (Portugal), Sete cuncas de Matamá (Vigo) e a Banda de Gaitas de Barbude.


Festa de Escola Estradense de Fútbol Base ⚽️🎉🎉🎉 Un día moi feliz para moitos dos cativos e cativas da Estrada.
30/05/2026

Festa de Escola Estradense de Fútbol Base ⚽️🎉🎉🎉 Un día moi feliz para moitos dos cativos e cativas da Estrada.


Saída da IV Andaina Solidaria de Couso, desta volta a prol de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
30/05/2026

Saída da IV Andaina Solidaria de Couso, desta volta a prol de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Romaria Celtista na Estrada ⚽️🎉Organizada pola Peña Celtista Doutor Cota, conta dende este mediodía coa asistencia da pr...
30/05/2026

Romaria Celtista na Estrada ⚽️🎉

Organizada pola Peña Celtista Doutor Cota, conta dende este mediodía coa asistencia da presidenta do club, Marián Mouriño, co histórico Vlado Gudelj ou co estradense que dá nome á peña local, Juan José García Cota. Con eles estivo o alcalde, Gonzalo Louzao, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, entre outros.


🎙EXPOSICIÓN DO IES GARCÍA BARROS SOBRE OS TORNEIROS DE BERRESA concelleira de Educación, Amalia Goldar, acompañou esta m...
29/05/2026

🎙EXPOSICIÓN DO IES GARCÍA BARROS SOBRE OS TORNEIROS DE BERRES

A concelleira de Educación, Amalia Goldar, acompañou esta mañá ás alumnas de 1º de Bacharelato de Artes do IES Manuel García Barros na presentación dunha exposición fotográfica titulada "Unha vida en madeira", centrada no legado dos torneiros de Berres.

📆A mostra abrirá as súas portas o vindeiro 5 de xuño ás ⏰19.00 horas, na 📍Sala Abanca, onde permanecerá ata o día 19.

📸A exposición xestouse no marco do programa "Fotografía en curso" e contou coa colaboración da fotógrafa estradense Ariadna Silva e o respaldo da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

📸As fotografías recollen non só os espazos e as ferramentas, senón tamén as historias, os xestos e a memoria das persoas retratadas.

📸O proxecto céntrase en José Ruibal “Pepe de Amparo”, Manuel Ferradáns e Jesús Pereiras “Pavero”.

📸A exposición culmina un proxecto fotográfico de Nerea Ares Antolínez, Susana Barreiro Sesar, Irene Janire Blanco Villanueva, Marta Correa Iglesias, Noa de Oliveira Romero, Cloe Ferreiro Freitas, Luisana Paola García Méndez, Evelling Germinari Amil, Iván Hermida Baloira, Noelia Lorenzo Silva, Aldara Mato González, Violeta Núñez López, Clara Rey Freire, Samantha Rodríguez García.

As alumnas contaron co acompañamento dos docentes Xurxo Insua e Alfonso Villar, ademais de coa propia Ariadna Silva Fernández.
mgb .silva.fernandez

29/05/2026

El mágico San Xoán celebrado al borde del río Ulla en Berres se despedirá el 23 de junio con una edición más humilde pero cargada de simbolismo

29/05/2026

El gobierno notificó la supresión del convenio que permitía realizar la reserva de plazas del programa de vaciones para mayores a través del Concello

🎙GOYO JIMÉNEZ, NO TEATRO PRINCIPALO Departamento de Cultura abrirá o luns, 1 de xuño, a venda de entradas para un dos gr...
28/05/2026

🎙GOYO JIMÉNEZ, NO TEATRO PRINCIPAL

O Departamento de Cultura abrirá o luns, 1 de xuño, a venda de entradas para un dos grandes pratos fortes da programación cultural de 2026.

📅 10 de decembro
📍 Teatro Principal
🕣 20.30 horas

Un referente da stand up comedy estatal, coñecido polos seus monólogos sobre os americanos e polas súas aparicións en programas como El Club de la Comedia, Zapeando ou La Hora de José Mota.

🎟 Entradas desde 22 €:
✔️ No Departamento de Cultura
✔️ En Ataquilla.com

👉 Non quedes sen a túa!


Dirección

Praza Da Constitución
La Estrada
36680

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello A Estrada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir