Biblioteca Pública da Estrada

Biblioteca Pública da Estrada A Biblioteca Mario Blanco, situada na Casa das Letras, é a biblioteca pública municipal do Concello da Estrada.

Onte o escritor británico Julian Barnes foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2026.Así que hoxe puxém...
11/06/2026

Onte o escritor británico Julian Barnes foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2026.

Así que hoxe puxémonos mans á obra e collimos todas as súas novelas que temos na biblioteca para facerlles unha foto xuntas, a modo de información de servizo para os nosos usuarios e usuarias. E aquí están! Esperamos que as disfrutedes 😁

(Poñerémoslle solución a esta carencia a non moito tardar ^^)

📸 Compartimos algunhas imaxes do espectáculo Raposadas 🦊 do pasado venres, con  Grazas a ela e a todas as persoas asiste...
10/06/2026

📸 Compartimos algunhas imaxes do espectáculo Raposadas 🦊 do pasado venres, con

Grazas a ela e a todas as persoas asistentes! 🤗

📚 Fago así, fago asá, e mirade o que tiñades detrás das orellas... outro lote de novidades! 😱Un mix infantil-xuvenil var...
08/06/2026

📚 Fago así, fago asá, e mirade o que tiñades detrás das orellas... outro lote de novidades! 😱

Un mix infantil-xuvenil variadito: álbumes ilustrados bastante molóns, a colección de banda deseñada Universo e os títulos que faltaban da saga de Eragon, entre outros

Aquí vos agardan!*

*Isto é un dicir. En realidade, na súa cualidade material de obxectos inanimados, os libros non agardan nada, simplemente están aí, dada a súa existencia e a súa pertenencia ao fondo da biblioteca. Isto é ontolóxicamente irrebatible (ou non, eu que sei).

📚🌊🚣🏻‍♂️🏝️🐟Desta volta imos con libros de temática mariña.Tema (ou elemento) cunha presencia moi destacada na literatura ...
03/06/2026

📚🌊🚣🏻‍♂️🏝️🐟

Desta volta imos con libros de temática mariña.

Tema (ou elemento) cunha presencia moi destacada na literatura universal, por exemplo, índonos dous milenios atrás, na Odisea de Homero. Arredor do mar xurdiu moito clásico, como O vello e o mar, marabillosa novela mínima de Hemingway, ou Ao faro, de Virginia Woolf. E arredor do mar, obviamente, xurdiron tamén moitas obras da literatura galega.

Aquí fixemos unha pequena selección así un pouco daquela maneira, que completamos cuns álbumes ilustrados bastante molones.

📚 Esta semana as novidades case nos desbordaban da mesa 😄
01/06/2026

📚 Esta semana as novidades case nos desbordaban da mesa 😄

Imos alá coa segunda actividade do Ler conta moito deste ano na biblioteca!🦊 Raposadas, con  📆 5 de xuño ás 17:30👦🏻 Neno...
26/05/2026

Imos alá coa segunda actividade do Ler conta moito deste ano na biblioteca!

🦊 Raposadas, con
📆 5 de xuño ás 17:30
👦🏻 Nenos e nenas de entre 3 e 6 anos (aprox.)
🎫 Entradas de balde ata completar aforo, a recoller na ventá de préstamos da biblioteca

📚 Empezamos a semana con novidades reshulonas pola sala infantil, iujuuuu, ben, algarabía 🎉
25/05/2026

📚 Empezamos a semana con novidades reshulonas pola sala infantil, iujuuuu, ben, algarabía 🎉

O venres pasado recibimos a visita de , que inundou a biblio de contos e cancións que encandilaron aos nenos e nenas asi...
19/05/2026

O venres pasado recibimos a visita de , que inundou a biblio de contos e cancións que encandilaron aos nenos e nenas asistentes 😃🤗🎶📚

Grazas a todos por acudir!

📚 Outra pequena tanda de incorporacións, con ficción, non ficción e banda deseñada 🤗
13/05/2026

📚 Outra pequena tanda de incorporacións, con ficción, non ficción e banda deseñada 🤗

📚 Mostra bibliográfica con novelas de autores e autoras escandinavos 🇩🇰🇳🇴🇸🇪🇫🇮🇮🇸Estritamente, parece ser que o termo Esca...
07/05/2026

📚 Mostra bibliográfica con novelas de autores e autoras escandinavos 🇩🇰🇳🇴🇸🇪🇫🇮🇮🇸

Estritamente, parece ser que o termo Escandinavia engloba soamente Dinamarca, Noruega e Suecia, pero nalgúns casos tamén abarca Finlandia e Islandia, así que eu decanteime por meter escritores destes cinco países, debido aos rasgos comúns existentes: as súas bandeiras seguen todas un mesmo patrón, os seus apelidos están cheos de consoantes e son máis fríos ca o cu dun pingüín 🐧

Varios destes autores recibiron o Premio Nobel no seu momento: é o caso de Selma Lagerlof, de Knut Hamsun, de Sigrid Undset, de Henrik Pontoppidan, de Tomas Transtromer ou de Jon Fosse, o máis recente.

Pd: o interior das letras O é dificilísimo de recortar, en serio, menudas chafalladas fago sempre. Menos mal que na oposición non había un exame práctico de recortar o interior de letras impresas en cartulina, porque caía con todo o equipo.

Dirección

Avenida Benito Vigo, 58
La Estrada
36680

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 21:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública da Estrada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública da Estrada:

Compartir

Categoría