Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP

Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP Páxina oficial de Facebook da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) | Xunta de Galicia

Páxina oficial do servizo de formación en Seguridade Pública da AGASP

09/06/2026

📘 Na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes cremos que a práctica é a mellor vía de aprendizaxe

👮🏼‍♀️ Por iso, a 18ª promoción puido coñecer, hai uns días, como é o traballo diario da Policía Local da Coruña

👏🏼 Desde a Academia queremos agradecer á Policía Local da Coruña a súa colaboración e disposición, fundamentais para contribuír á formación do noso alumnado

06/06/2026

📹 César Otero sempre tivo claro o que quería:

👮🏻‍♂️ Converterse en axente da Policía Local

💪🏼 Un soño que, como el mesmo recoñece, supuxo moito esforzo, constancia e sacrificio

👏🏼 Hoxe, como alumno da 18ª promoción da Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes asegura que todo ese traballo pagou a pena

🚒 Nun dispositivo de busca de persoas desaparecidas, a coordinación entre o persoal dos distintos corpos e forzas de seg...
30/05/2026

🚒 Nun dispositivo de busca de persoas desaparecidas, a coordinación entre o persoal dos distintos corpos e forzas de seguridade e os servizos de emerxencias é esencial

📍 Así quedou demostrado durante a xornada práctica enmarcada no Congreso autonómico sobre busca de persoas desaparecidas celebrada na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP

🦮 A actividade permitiu simular a planificación e xestión dun operativo real desde o Posto de Mando Avanzado, combinando o traballo con unidades caninas, drons e tarefas de rescate e primeiros auxilios

🗣️ A cita contou coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso, e do director xeral da AGASP, Santiago Villanueva

28/05/2026

🤝🏻 Compañeirismo e unión: uns dos grandes piares do alumnado de Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes

⏯️ Carolina Montero, da 18ª promoción, ten claro que cada momento vivido na Academia paga a pena

🚓 Unha etapa de aprendizaxe única na que se nutriu das diferentes perspectivas e puntos de vista dos seus compañeiros

👮🏻 Publicamos as cualificacións do proceso selectivo para auxiliares de Policía Local📍 O acto de elección de postos será...
27/05/2026

👮🏻 Publicamos as cualificacións do proceso selectivo para auxiliares de Policía Local

📍 O acto de elección de postos será mañá, xoves 28 de maio, ás 16.00 horas e a convocatoria farase, proximamente, a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes

🔗https://agasp.xunta.gal/sites/default/files/process/resolucion6-2026-PR461A%20.pdf

25/05/2026

👮🏻‍♀️👮🏻‍♂️ O Día das Familias é unha das xornadas máis especiais para as promocións de Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes

🤝 Unha ocasión para compartir emocións e experiencias con quen estivo sempre ao seu carón durante o camiño da oposición:

🧑‍🧑‍🧒 Os seus familiares e amigos e amigas

🎥 E quen mellor que os propios protagonistas para contar como se vive esta xornada única?

📹 A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes, viviu onte unha das xornadas máis ...
23/05/2026

📹 A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes, viviu onte unha das xornadas máis especiais e emotivas do ano:

👉🏼 O Día das Familias

👮🏻‍♀️👮🏻‍♂️ O alumnado da 18ª promoción de Policía Local tivo a oportunidade de compartir cos seus seres queridos unha pequena mostra do seu día a día na Academia

🎵 A xornada serviu tamén para o estreo da nosa banda de música, que interpretou por primeira vez o himno da Policía Local

🗣️ Ao acto asistiron o director xeral da AGASP, Santiago Villanueva, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono

👏🏼 Un pracer recibirvos!

22/05/2026
🚓 A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes acollerá mañá, venres 22, a partir ...
21/05/2026

🚓 A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP de Presidencia, Xustiza e Deportes acollerá mañá, venres 22, a partir das 16:30 horas, unha das súas xornadas máis emotivas: o Día das Familias

👨‍👩‍👦 Un ano máis, o alumnado da 18ª promoción de Policía Local poderá ensinarlle aos seus seres queridos como é o seu día a día na Academia

🤝 Trátase dunha cita do máis especial, na que a AGASP abre as súas instalacións para acoller ás familias das e dos futuros axentes

Dirección

Avenida Da Cultura, S/n
La Estrada
36680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir