PSOE A Estrada

Cómo llegar Página web

PSOE A Estrada PSdeG - PSOE da Estrada

💧 Case todos e todas sabemos que a EDAR de Aguións e a minicentral de Barbude non están ben dimensionadas e levan anos v...
06/10/2026

💧 Case todos e todas sabemos que a EDAR de Aguións e a minicentral de Barbude non están ben dimensionadas e levan anos vertendo fecais ao Río Liñares.

👉 Pois así estaba Barbude este sábado. Ademáis de contaminar un río que non pasa polos seus mellores días, seguimos pagando multas pola mala xestión da depuración de augas.

🔴 As fotos de Gonzalo coa Conselleira, arredor dunha mesa con papeis están moi ben, pero xa vai máis dun ano e non hai ningunha actuación executada. Outro servizo público que empeora cada vez máis.

⏰ Será hora de ir facendo algo, non?

17/09/2026

🌹 Rematado o proceso de primarias na Agrupación Socialista da Estrada, Luis López Bueno volverá encabezar a lista do PSOE da Estrada nas eleccións municipais do 2027.

👉 Seguiremos traballando en positivo por mellorar A Estrada.

Os veciños e veciñas de San Xiao e de Baloira teñen toda a razón. Ir a Santa Cristina, Cora ou Couso é máis perigoso ago...
02/09/2026

Os veciños e veciñas de San Xiao e de Baloira teñen toda a razón. Ir a Santa Cristina, Cora ou Couso é máis perigoso agora que antes.

Agardamos que a Xunta sexa sensible coa seguridade viaria. Eliminaron o cruce máis seguro da PO841 mentres permiten cruzar os tres carrís para ir á Carretera do Chedón.

Non ten moito sentido.

El Grupo Municipal Socialista de A Estrada reclama al Gobierno local que exija a la Administración competente la reposición de la línea discontinua en la PO-841, en la bajada de Baloira, después de que el reciente repintado de la carretera haya eliminado la posibilidad de cruzar los carriles par...

Non hai moito máis que dicir.
16/05/2026

Non hai moito máis que dicir.

Gonzalo e a súa necesidade de “estar sempre no candelabro”Dende o Grupo Municipal Socialista da Estrada observamos con c...
16/05/2026

Gonzalo e a súa necesidade de “estar sempre no candelabro”

Dende o Grupo Municipal Socialista da Estrada observamos con certa perplexidade a finalización das obras da Praza da Farola. Din que as cidades evolucionan, que as prazas se transforman e que o urbanismo moderno busca espazos abertos, funcionais e adaptados aos novos tempos. E despois está A Estrada, onde durante meses o gran debate filosófico, arquitectónico e case existencial xirou arredor dunha farola. Non dunha calquera, claro. A Farola. Ese monumento sentimental capaz de xerar máis conversación que os orzamentos municipais, o estado das beirarrúas ou mesmo a falta de vivenda.

Co remate das obras, un non pode evitar mirar o resultado final e lembrar aquela mítica frase de Sofía Mazagatos sobre “estar no candelabro”. Porque se alguén demostrou unha habilidade sobrenatural para buscar permanentemente o foco, ese é Gonzalo Louzao. E que mellor símbolo para representalo ca unha farola ornamentada case como un altar urbano.

A obra remata e a sensación é curiosa. Despois de tanta polémica e tanto debate, atopámonos cun pequeno detalle engadido que lle dá emoción ao asunto, a súa nova ubicación parece responder a unha corrente arquitectónica inexistente chamada “urbanismo de emocións fortes”.

Non deixa de ter mérito. Hai concellos que protexen o patrimonio histórico e, en cambio, aquí optouse por unha estratexia completamente distinta. Porque despois de meses defendendo a necesidade imperiosa de mover a farola, o resultado déixaa perigosamente arrimada ao paso dos vehículos, como se o seguinte paso do proxecto fose colocarlle un chaleco reflector e confiar na pericia dos condutores.

Durante meses explicóusenos que o traslado era imprescindible. Que a praza necesitaba “respirar”. Que había que gañar amplitude visual. Que o espazo debía ser máis diáfano. Traducido había que deixar sitio suficiente para que o palco da orquestra non tivese que compartir protagonismo cunha farola do século pasado.

Hai, ademais, outro detalle que non pasa desapercibido son as prioridades do Partido Popular. Porque se algo semella ter funcionado con precisión milimétrica neste proceso foi o cronómetro cando se achegaba a data da inauguración coa orquestra París de Noia. Nese momento, a urxencia urbanística alcanzou niveis de velocidade meteórica, unha carreira contrarreloxo para que todo estivese listo xusto a tempo de que o espectáculo puidese brillar sen sobresaltos.

Curiosamente, esa mesma axilidade non sempre se percibe noutros ámbitos moito menos festivos e bastante máis necesarios no día a día da nosa veciñanza. A xestión do Servizo de Axuda no Fogar, por exemplo, ou a situación recorrente da recollida do lixo parecen moverse nun tempo distinto, moito máis pausado, case contemplativo, como se a urxencia dependese do tipo de problema e non da súa importancia real.

E así, mentres unhas cousas avanzan ao ritmo dun tango, outras semellan quedar nun segundo plano, esperando pacientemente a súa propia quenda no escenario das prioridades municipais.

A imaxe final ten algo profundamente simbólico. Porque, en realidade, a praza seguirá sendo a Praza da Farola, e non dos Espectáculos, por moito que haxa dirixentes empeñados en necesitar escenario, foco e relato épico para absolutamente todo, como é o caso de Gonzalo Louzao, que procura, como non podía ser doutro xeito, de estar permanentemente “no candelabro”.

P.D.: Outro día falaremos do inclasificable conxunto de estilos da nova fonte, convertida xa en coprotagonista da contorna da praza. Unha proposta estética capaz de unir pasado, presente e desconcerto xeral nun mesmo elemento ornamental.

Estes días comezaron os bacheos na rede viaria das parroquias.Sería unha boa nova se non foran parches que deixan as pis...
06/05/2026

Estes días comezaron os bacheos na rede viaria das parroquias.

Sería unha boa nova se non foran parches que deixan as pistas moito peor do que estaban.

Os veciños e veciñas merecen actuacións serias, non parches coma estes.

02/05/2026

Amalia Lago · PSOE

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.En agosto de 20...
21/03/2026

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.

En agosto de 2025, presentamos unha moción reiterando esa petición visto que Alfonso Rueda anunciara 24 novas residencias en Galicia. Apoiámola todos os grupos políticos do pleno, sen excepción.

Ben entrado 2026, non hai nova ningunha. Falamos dun servizo fundamental, con unha brutal carestía de prazas e con moita demanda dos veciños e veciñas.

Lamentamos que o PP da Estrada siga dócil co goberno de Galicia. Botamos en falta unha protesta enérxica en defensa dos veciños e veciñas.

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.En agosto de 20...
21/03/2026

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.

En agosto de 2025, presentamos unha moción reiterando esa petición visto que Alfonso Rueda anunciara 24 novas residencias en Galicia. Apoiámola todos os grupos políticos do pleno, sen excepción.

Ben entrado 2026, non hai nova ningunha. Falamos dun servizo fundamental, con unha brutal carestía de prazas e con moita demanda dos veciños e veciñas.

Lamentamos que o PP da Estrada siga dócil co goberno de Galicia. Botamos en falta unha protesta enérxica en defensa dos veciños e veciñas.

El Concello ofreció el terreno pero la administración gallega no la presupuestó

Dirección

Calle Alfonso Rodríguez Castelao 18
La Estrada
36680

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSOE A Estrada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos