19/05/2026
👏 A Xunta de Galicia e o presidente Alfonso Rueda Valenzuela seguen a cumprir co Concello A Estrada. Na reunión do Consello celebrada onte, o Goberno autonómico acordou licitar as obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-841, no treito que comprende desde a rotonda de Figueroa ata practicamente o Polígono Industrial de Toedo.
Esta actuación, que suporá un investimento de 1,1 millóns de euros e que a Xunta agarda adxudicar cara finais de ano, disporá dun prazo de execución de 12 meses.