12/07/2017
O pasado 8 de marzo comenzamos a recollida de sinaturas “para instar á Xunta de Galicia á construcción dunha Residencia para persoas dependes no Concello da Estrada”, un mes despois, con máis de 1.500 sinaturas, rexistramos a moción de Móvete e, dende aquela, esperamos polo debate plenario que de luz verde para reclamar á Xunta de Galicia este importante servizo para o noso Concello. O Alcalde prefire enredar con anuncios e retrasar que dende a institución municipal poidamos reivindicar un servizo de primeira necesidade para as persoas maiores e para os seus familiares.
López conformase con facer anuncios en vez traballar para dotar para dotar A Estrada dos servizos sociais suficientes para atender ás persoas maiores, nun ano e medio anunciou 5 veces a “próxima apertura” dun centro do maior, pero non foi quen de poñelo en marcha, á vez que impide o debate plenario para reclamar a Residencia.
La concejala insta a debatir la moción de Móvete en esa línea