Concello da Guarda

Concello da Guarda Perfil oficial do Concello da Guarda
Outros perfís: Turismo A Guarda, Cultura A Guarda e Omix A Guarda.

𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢 𝗔𝗠𝗕𝗜𝗘𝗡𝗧𝗘 | 🔵 Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello da Guarda informan á veciñanza de que o plumacho o...
08/09/2026

𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢 𝗔𝗠𝗕𝗜𝗘𝗡𝗧𝗘 | 🔵 Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello da Guarda informan á veciñanza de que o plumacho ou herba da Pampa (Cortaderia selloana) é unha especie exótica invasora que se propaga con moita facilidade, especialmente a través das súas sementes, que son dispersadas polo vento.

📢 Se tes esta planta na túa propiedade, este é un bo momento para actuar. Evitar que complete o seu ciclo e libere as sementes é fundamental para frear a súa expansión.

🛠️ Como eliminala?
👉 Se é un exemplar pequeno, recoméndase arrincalo manualmente, retirando tamén a raíz/cepa para evitar que volva rebrotar.
👉 Se se trata dunha planta de maior tamaño, pode ser necesario cortala ou rozala ao ras do chan e retirar a cepa, empregando protección axeitada, xa que as follas poden provocar cortes.
👉 Non deixes os restos no terreo nin os tires ao compost. Recolle todo o material vexetal para evitar a dispersión das sementes.

🗑️ Os restos deberán introducirse nunha bolsa ben pechada e depositarse no contedor de restos, para a súa posterior xestión e incineración.

🌱 Pequenos xestos axudan a evitar que esta especie invasora siga estendéndose polo noso territorio. Para máis información podes contactar co departamento de Medio Ambiente en [email protected] ou no 986 61 00 00.

𝗫𝗫𝗜𝗩 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗣𝗘𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘 𝗣𝗢𝗣𝗨𝗟𝗔𝗥 𝗝𝗨𝗟𝗜𝗔 𝗩𝗔𝗤𝗨𝗘𝗥𝗢 | 🔵 A Guarda acolle un ano máis a XXIV Carreira Pedestre Popular Julia Vaqu...
08/09/2026

𝗫𝗫𝗜𝗩 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗣𝗘𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘 𝗣𝗢𝗣𝗨𝗟𝗔𝗥 𝗝𝗨𝗟𝗜𝗔 𝗩𝗔𝗤𝗨𝗘𝗥𝗢 | 🔵 A Guarda acolle un ano máis a XXIV Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, que terá lugar o sábado 12 de setembro na Gándara, a partir das 18:00 horas.

🏃 Esta tradicional cita deportiva reunirá participantes de todas as idades, cunha programación adaptada ás diferentes categorías e idades, tanto masculinas como femininas. As distancias irán desde os 100 metros para os máis pequenos ata os 6.500 metros das categorías de maior idade.

👟 A carreira mantén así o seu carácter popular, participativo e interxeracional, convidando tanto a corredores habituais como a persoas que queiran desfrutar dunha tarde de actividade física e convivencia na Gándara.

✍️ As inscricións son gratuítas e, pese a rematar o prazo o pasado luns, será posible inscribirse o propio día da carreira, entre as 16:30 e as 17:30 horas, na mesa de secretaría habilitada para a proba. Vémonos alí!

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 Os operarios municipais continúan coas labores de roza e limpeza por todo o termo municipal.🦺 Onte s...
08/09/2026

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 Os operarios municipais continúan coas labores de roza e limpeza por todo o termo municipal.

🦺 Onte seguiron traballando en diferentes puntos do barrio da Gándara.

𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗩𝗘𝗥𝗡𝗢 𝗗𝗔 𝗕𝗜𝗕𝗟𝗜𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔 | 🔵 A Biblioteca Municipal da Guarda retoma o seu horario de inverno a partir do vindei...
07/09/2026

𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗩𝗘𝗥𝗡𝗢 𝗗𝗔 𝗕𝗜𝗕𝗟𝗜𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔 | 🔵 A Biblioteca Municipal da Guarda retoma o seu horario de inverno a partir do vindeiro 16 de setembro.

📚 A biblioteca abrirá de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas.

𝗗𝗜𝗔𝗚𝗡𝗢𝗦𝗧𝗜𝗞𝗔 𝗚𝗔𝗥𝗔𝗚𝗘 | 🔵 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou dentro da campaña de promoción dos novos establecem...
07/09/2026

𝗗𝗜𝗔𝗚𝗡𝗢𝗦𝗧𝗜𝗞𝗔 𝗚𝗔𝗥𝗔𝗚𝗘 | 🔵 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou dentro da campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia: Diagnostika Garaje, un novo taller mecánico que acaba de iniciar a súa actividade no municipio.

🧑‍🔧 Durante a visita, Carrero coñeceu o proxecto empresarial impulsado por Yhonnathan Oliveros Rondón, emprendedor que conta con máis de 30 anos de experiencia profesional e formación especializada en electrónica e mecánica.

🕟 O establecemento abre de luns a venres, en horario de 9:00 a 17:00 horas, e está situado na rúa Vigo, 5.

💻 Diagnostika Garage combina a mecánica xeral e os servizos de mantemento e reparación coa especialización en electrónica automotriz, diagnose dixital e software, empregando equipos de última xeración adaptados a vehículos de diferentes marcas.

Un dos elementos diferenciadores do negocio é precisamente a súa aposta pola diagnose avanzada e a reprogramación de software, ofrecendo solucións como reprogramacións Stage 1 e Stage 2, clonación de unidades de control, recuperación de software orixinal ou diferentes intervencións sobre os sistemas electrónicos dos vehículos.

🔩 O alcalde, Roberto Carrero, destacou durante a visita a importancia de seguir apoiando e dando visibilidade aos novos establecementos, especialmente cando se trata de proxectos que apostan pola especialización e pola incorporación de novos servizos.

🍀 Dende o Concello desexamos a Yhonnathan moito éxito nesta nova etapa empresarial na Guarda!

𝗗𝗢 𝗟𝗨𝗦𝗖𝗢 𝗢́ 𝗙𝗨𝗦𝗖𝗢 | 🔵 O grupo guardés Do Lusco ó Fusco continúa levando o nome da Guarda e a tradición galega máis alá d...
07/09/2026

𝗗𝗢 𝗟𝗨𝗦𝗖𝗢 𝗢́ 𝗙𝗨𝗦𝗖𝗢 | 🔵 O grupo guardés Do Lusco ó Fusco continúa levando o nome da Guarda e a tradición galega máis alá das nosas fronteiras.

🇧🇬 Nesta ocasión, a formación participou no Festival Internacional de Nedelino, en Bulgaria, compartindo a riqueza do noso folclore con agrupacións chegadas de diferentes países.

🌍 Ademais, participaron nos actos de inauguración do festival, nunha xornada que contou coa presenza da presidenta da República de Bulgaria, poñendo de manifesto a relevancia deste encontro internacional.

👏 Dende o Concello da Guarda queremos felicitar a todos os integrantes de Do Lusco ó Fusco por seguir facendo do noso folclore unha auténtica ponte entre pobos e por levar, unha vez máis, o nome da Guarda polo mundo.

📷 Fotografías: cedidas

𝗔𝗧𝗟𝗘𝗧𝗜𝗦𝗠𝗢 | 🔵  A atleta guardesa Julia Vaquero proclamouse onte subcampioa absoluta de Galicia no Km Vertical “O Sacaúnt...
07/09/2026

𝗔𝗧𝗟𝗘𝗧𝗜𝗦𝗠𝗢 | 🔵 A atleta guardesa Julia Vaquero proclamouse onte subcampioa absoluta de Galicia no Km Vertical “O Sacaúntos”, celebrado en Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

⛰️ Julia completou os 3,9 quilómetros de percorrido e os 1.000 metros de desnivel positivo nun tempo de 55:50, nunha das probas máis esixentes do calendario galego.

🏆 Ademais do subcampionato absoluto, Julia proclamouse campioa galega máster F55, sumando un novo éxito á súa xa extraordinaria traxectoria deportiva.

👏 Parabéns, Julia! Unha vez máis, exemplo de forza, constancia e paixón polo deporte. Todo un orgullo para A Guarda e unha auténtica lenda do atletismo galego e español.

𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 𝗗𝗢 𝗔𝗠𝗢𝗥 | 🔵  Xa temos nova data para o concerto de ópera rock "O Camiño do Amor" que fora adiado!🎶 Este doming...
07/09/2026

𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 𝗗𝗢 𝗔𝗠𝗢𝗥 | 🔵 Xa temos nova data para o concerto de ópera rock "O Camiño do Amor" que fora adiado!

🎶 Este domingo, 13 de setembro, ás 21:00 horas a Alameda converterase no escenario dunha historia de amor contada a través do rock cunha proposta que mestura música, teatro e cine.

🎸 Grandes clásicos de Scorpions, Eagles, Tina Turner, Elton John, Whitesnake, Eric Clapton, The Rolling Stones, Aerosmith, Led Zeppelin, Janis Joplin, Whitney Houston e moitos máis forman parte da banda sonora deste espectáculo.

🎬 Unha historia de amor, imaxes, interpretación e música en directo, cunha particularidade: as letras das cancións aparecen subtituladas en galego, para descubrir tamén o significado de temas que forman parte da nosa vida.

🗣️ Vémonos este domingo na Alameda!

𝗫𝗩𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗖𝗛𝗜𝗭𝗔 | 🔵 A Gándara acolleu este sábado o XVII Torneo de Cachiza, unha das citas xa imprescindibles no ...
06/09/2026

𝗫𝗩𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗖𝗛𝗜𝗭𝗔 | 🔵 A Gándara acolleu este sábado o XVII Torneo de Cachiza, unha das citas xa imprescindibles no mes de setembro na Guarda, incluída na programación das Festas das Mercedes.

👥 Nesta ocasión, na entrega de trofeos estiveron presentes o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e o concelleiro Isidro Lomba.

🙌 Foi unha gran tarde na que desfrutamos da cachiza e do bo ambiente, nun evento que tras dezasete edicións volveu contar cunha gran afluencia de participantes e público.

🤝 Organizado pola Asociación de Veciños O Percamino, o torneo volveu demostrar que as tradicións medran cando se comparten e que a mellor maneira de manter vivo este xogo é seguir sacándoo á rúa e facéndoo parte das nosas festas.

𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗩𝗜𝗥𝗫𝗘 𝗗𝗔 𝗚𝗨𝗜́𝗔 | 🔵 Esta mañá celebrouse a misa solemne na honra da Virxe da Guía, seguida da tradicional proce...
06/09/2026

𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗩𝗜𝗥𝗫𝗘 𝗗𝗔 𝗚𝗨𝗜́𝗔 | 🔵 Esta mañá celebrouse a misa solemne na honra da Virxe da Guía, seguida da tradicional procesión, nunha xornada na que a veciñanza do barrio de Ribadavila acompañaron con devoción á Virxe unha das celebracións máis arraigadas da Guarda.

🎶 Ao remate dos actos relixiosos, a música puxo o broche final á mañá da man da Agrupación Musical de A Guarda, nun ambiente festivo compartido por todas as persoas asistentes.

Dirección

Praza Do Reló
La Guardia
36780

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello da Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello da Guarda:

Atajos

Compartir