25/11/2025
🔵 ATENCIÓN‼️A Guarda é unha das 5 FINALISTAS na campaña “Juntos Brillamos Más” de Ferrero Rocher. Agora, nesta fase, disponse dunha semana, ata este domingo 30 de novembro, para votar de novo.
❗ Se xa votaches, vota de novo nesta fase na páxina web: https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/navidaddeoro/votar/?pp_town=AGR. A próxima semana coñeceranse os tres finalistas e na semana seguinte os dous municipios que competirán na final.
✨ Os municipios que pasan á segunda fase grazas aos votos destas tres semanas son:
• A Guarda (Galicia)
• Bullas (Murcia)
• Cudillero (Asturias)
• Fuente del Maestre (Extremadura)
• Tejeda (Illas Canarias)
👉 Axuda a que A Guarda pase de rolda: vota e comparte!