Concello da Gudiña

Concello da Gudiña Páxina oficial do Concello de A Gudiña

📢 AVISO Á VECIÑANZATras as comprobacións realizadas, non se detectou ningunha avaría na rede municipal de abastecemento ...
13/06/2026

📢 AVISO Á VECIÑANZA

Tras as comprobacións realizadas, non se detectou ningunha avaría na rede municipal de abastecemento de auga.

Os problemas de presión e a diminución do caudal que se están a rexistrar nalgúns fogares débense ao elevado consumo de auga, que supera a capacidade de subministración da rede nestes momentos.

Por este motivo, solicitamos á veciñanza que faga un uso responsable da auga e que evite, na medida do posible, consumos non esenciais, especialmente o enchido de piscinas e outros usos que requiran grandes cantidades de auga.

A colaboración de todos e todas é fundamental para garantir o abastecemento e manter unhas condicións adecuadas de subministración para o conxunto da veciñanza.

Agradecemos a súa comprensión e colaboración.

🚘⛰️ O alcalde da Gudiña, Néstor Ogando,  participou onte en Viana do Bolo na presentación do proxecto de mellora da OU-5...
13/06/2026

🚘⛰️ O alcalde da Gudiña, Néstor Ogando, participou onte en Viana do Bolo na presentación do proxecto de mellora da OU-533, xunto coa conselleira María Martínez Allegue e o alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila.

A mellora desta vía entre A Gudiña e Viana do Bolo constitúe unha demanda histórica dos veciños e veciñas da comarca, que durante anos veñen reclamando actuacións para aumentar a seguridade e mellorar as comunicacións nunha estrada fundamental para o noso territorio.

O proxecto inclúe a ampliación e acondicionamento do trazado da estrada, así como a habilitación de novos carrís centrais de espera e outras actuacións destinadas a mellorar a seguridade viaria e a funcionalidade dunha vía fundamental para as comunicacións da nosa comarca.

Trátase dun avance importante para a comarca e dunha actuación moi agardada que permitirá mellorar a conexión entre ambos concellos e reforzar as oportunidades de desenvolvemento do noso territorio.

📣AVISO IMPORTANTE!
12/06/2026

📣AVISO IMPORTANTE!

ℹ️
12/06/2026

ℹ️

🌞 🧒👧 CAMPAMENTO DE VERÁNXa está aquí o campamento de verán! Unha oportunidade para que os máis pequenos desfruten dun ve...
10/06/2026

🌞 🧒👧 CAMPAMENTO DE VERÁN

Xa está aquí o campamento de verán!
Unha oportunidade para que os máis pequenos desfruten dun verán cheo de actividades, xogos e diversión.

📅 Do 1 de xullo ao 31 de agosto 🕘 De 9:00 a 16:00 h

📝 Inscricións ata o 26 de xuño no concello.

ℹ️ Reunión informativa o 29 de xuño ás 20:00 h no Edificio Multiusos.

🏆 Parabéns, A Gudiña FS!O ascenso á Preferente do equipo sénior masculino é o premio a unha tempada de esforzo, compromi...
07/06/2026

🏆 Parabéns, A Gudiña FS!

O ascenso á Preferente do equipo sénior masculino é o premio a unha tempada de esforzo, compromiso e traballo.

Un merecido recoñecemento ao labor de xogadores, corpo técnico, directiva e afección, protagonistas dun fito histórico para o deporte do noso concello.

❤️🖤 Moitos parabéns! ❤️🖤

05/06/2026
🚗🏅O pasado sábado, no marco da I Xuntanza de Vehículos Clásicos da Gudiña, o Concello recibiu a placa de "Concello Compr...
02/06/2026

🚗🏅O pasado sábado, no marco da I Xuntanza de Vehículos Clásicos da Gudiña, o Concello recibiu a placa de "Concello Comprometido" outorgada pola FEVA, unha distinción que agradecemos sinceramente e que recoñece a colaboración do Concello con iniciativas que contribúen á conservación e difusión do patrimonio automobilístico.

Queremos expresar o noso agradecemento á FEVA por este recoñecemento, á comisión O Carballal polo seu traballo e dedicación para facer realidade esta primeira edición, e a todos os participantes e asistentes que contribuíron ao éxito da xornada.

🚘 Grazas a todas as persoas que formaron parte deste encontro e axudaron a situar a Gudiña no mapa dos afeccionados aos vehículos clásicos.

El pasado sábado 30 de mayo, la Federación Española de Vehículos Antiguos (FEVA) hizo entrega de la Placa de Ayuntamiento Comprometido al Ayuntamiento de A Gudiña...

02/06/2026

✨ RESERVADE A DATA! ✨
Imos ter unha foliada moi chula e especial; xa hai ganas!

Dirección

Rúa Cotarela 4
La Gudiña
32540

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello da Gudiña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello da Gudiña:

Compartir