Biblioteca-Omix A Lama

Biblioteca-Omix A Lama Desde a Axencia de Lectura e a OMIX da Lama abrimos unha canle de comunicación contigo.

UNHA ANDAINA MULTITUDINARIA CIRCULAR ENTRE VERDUCIDO, GAXATE, FORZÁNS E VERDUCIDO ORGANIZADA POLO CONCELLO SERVIU PARA C...
17/05/2026

UNHA ANDAINA MULTITUDINARIA CIRCULAR ENTRE VERDUCIDO, GAXATE, FORZÁNS E VERDUCIDO ORGANIZADA POLO CONCELLO SERVIU PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA LAMA

Persoas chegadas de varios lugares da Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, Pontevedra, Marín, Poio, Vigo, A Guarda, Cambados, Bueu, etc. participaron na multitudinaria andaina circular organizada polo Concello da Lama con saída e chegada diante da igrexa de Verducido.

Antes de partir, o alcalde, David Carrera, deulles a benvida e recibiron unha mochila do Concello da Lama cun exemplar da revista A Pedreira, unha botella de auga, unha mazá, un folleto turístico do itinerario e un tícket para o aperitivo final. Durante o percorrido os participantes foron guiados polos concelleiros Trinidad Fernández Oubiña e Plácido Pillado Alfaya.

A altura da Ponte de Gaxate e no Chan da Carreira (Forzáns) Nieves Loperena (Tía Ni) e a Asociación de Veciños de Gaxate serviron auga aos participantes e deixaron que recolleran libros da Furgolibro para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Á chegada os participantes compartiron un aperitivo servido por Bar José Luis, de Verducido, que puxo o broche final a esta experiencia que foi do agrado de todos e que serviu para facilitar un encontro coa natureza, o patrimonio etnográfico e histórico-artístico da contorna.

O Concello da Lama agradece a todos os participantes a súa asistencia e tamén a todos os colaboradores o seu traballo, especialmente á veciñanza de Verducido, Gaxate, Forzáns, a Tía Ni e ás responsables do Bar José Luis que fixeron que o remate da andaina cun aperitivo moi especial e perfectamente preparado e presentado para conmemorar do Día das Letras Galegas.

VÉN Á LAMA E VÍVEA!! MOITAS GRAZAS.

—CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS—O CONCELLO E A DEPUTACIÓN LEVAN ESTE VENRES ATA O COLEXIO DA LAMA O CIRCUITO +ESC...
13/05/2026

—CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS—

O CONCELLO E A DEPUTACIÓN LEVAN ESTE VENRES ATA O COLEXIO DA LAMA O CIRCUITO +ESCÉNICAS CO ESPECTÁCULO "LETRAS A ESCENA" DO COLECTIVO XURELO

O Concello da Lama e a Deputación de Pontevedra levan este venres 15 de maio aos colexios da Lama unha nova edición do circuíto +Escénicas, unha iniciativa da institución provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Así, o CEIP A Lama acollerá o espectáculo “Letras a escena”, de Colectivo Xurelo ás 11:00 horas.

En “Letras a escena”, un músico de ukelele, Antón Ke; un músico tradicional, Marcelo Dobode (pandeiro, zanfona, pandeireta e caixa); e un contador Enrique Mauricio presentan un espectáculo arredor do Día das Letras Galegas. Ao longo da proposta, achegarán de maneira lúdica e didáctica a historia do Día das Letras contando, ademais, a biografía adaptada dalgunhas das figuras homenaxeadas, ao tempo que interpretarán musicalmente versións das súas obras ou pezas dedicadas á súa memoria.

ANDAINA VERDUCIDO-GAXATE-FORZÁNS-VERDUCIDO...ANDAINA CIRCULAR DE 9 KILÓMETROS (3 HORAS APROXIMADAMENTE) CUN PERCORRIDO D...
11/05/2026

ANDAINA VERDUCIDO-GAXATE-FORZÁNS-VERDUCIDO...

ANDAINA CIRCULAR DE 9 KILÓMETROS (3 HORAS APROXIMADAMENTE) CUN PERCORRIDO DE DIFICULTADE MEDIA-BAIXA INDICADO POR FRECHAS AZUIS DE MADEIRA... NON TEN PERDA.

VÉN DESCUBRILA POR TI MESMO/A... QUE NON CHO CONTEN.

DOMINGO 17 DE MAIO, ANDAINA DO DÍA DAS LETRA GALEGAS...

INSCRÍBETE NA BIBLIOTECA-OMIX DA LAMA: TELÉFONO 986 76 82 38-EXT. 4

A LAMA, VÉN E VÍVEA!!

CAMPALAMA 2026 ABRE O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN PARA NENOS E NENAS ENTRE 3 E 14 ANOS A PARTIR DO 18 DE MAIO➡️ O campamento...
04/05/2026

CAMPALAMA 2026 ABRE O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN PARA NENOS E NENAS ENTRE 3 E 14 ANOS A PARTIR DO 18 DE MAIO

➡️ O campamento de verán da Lama, S.D. en colaboración co Concello, desenvolverase entre o 22 de xuño e o 4 de setembro en horario de 10 a 14 horas.

O campamento de verán CampaLama 2026 organizado pola Lama, S.D. en colaboración co Concello da Lama abre a partir do 18 de maio o prazo de inscrición para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos. A iniciativa sociodeportiva ten co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante o verán ao tempo que se promove un ocio saudable nun contorno seguro e dinamizador.

O campamento desenvolverase entre o 22 de xuño e o 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e organizarase en quendas quincenais ofrecendo así maior flexibilidade ás familias á hora de escoller as datas de participación. Tamén se mantén a opción de inscrición por mes completo.

En canto aos prezos, establécense as seguintes modalidades: Unha quenda quincena: 70 euros, mentras que o mes completo terá un custo de 110 euros manténdose os descontos para irmáns, como en ocasións anteriores.

O programa inclúe un amplo abano de actividades como fútbol, inchables, xogos de mesa, manualidades, bádminton, tiro con arco, ping pong, parque acuático, pedaletas e montar a cabalo, entre outras propostas pensadas para o lecer activo e a convivencia.

REFERENTE LÚDICO, EDUCATIVO E DEPORTIVO DO VERÁN

As persoas interesadas poderán formalizar a matrícula na Biblioteca-OMIX do Concello da Lama ou solicitar máis información no teléfono 986 76 82 38 (Extensión 4).

Esta proposta de lecer para o verán na Lama consolídase como un referente educativo e deportivo que combina as actividades no campo municipal de Racelo coas saídas á praia fluvial do río Verdugo, visitas ao Encoro de Eiras e ao Fornelos Wake Park, visitas lúdicas e educativas a diferentes lugares da provincia, etc.

Desde a organización anímase ás familias a participar nesta proposta consolidada, que cada verán reúne a numerosos nenos e nenas nun ambiente de diversión, aprendizaxe e socialización.

🌿🚶‍♀️ ANDAINA CIRCULAR VERDUCIO-GAXATE-FORZÁNS-VERDUCIDO 🚶‍♂️🌿Apetéceche desconectar, moverte e g***r da natureza? Anóta...
29/04/2026

🌿🚶‍♀️ ANDAINA CIRCULAR VERDUCIO-GAXATE-FORZÁNS-VERDUCIDO 🚶‍♂️🌿

Apetéceche desconectar, moverte e g***r da natureza?

Anótate a esta andaina pensada para todos os públicos organizada polo Concello da Lama a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

📅 Data: Domingo, 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

⏰ Hora de saída: 10:00 horas.

📍 Lugar: Inmediacións da Igrexa de Verducido.

🥾 Ruta: Dificultade media/baixa.

💧 Recomendacións: Calzado cómodo, roupa axeitada, auga… e moitas ganas de pasalo ben.

🍎 Haberá avituallamento para as persoas participantes.

📝 Inscricións:

📚 Biblioteca da Lama.

📞 986 76 82 38 (Ext. 4).

🌱 Ven camiñar, desconecta e goza da nosa contorna.

💚 Coñezamos e coidemos a nosa contorna.

💪 Móvete pola túa saúde e benestar.

📚✨ HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO ✨📚Hai historias que nos fan viaxar sen movernos, que nos acompañan nos d...
23/04/2026

📚✨ HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO ✨📚

Hai historias que nos fan viaxar sen movernos, que nos acompañan nos días grises e que nos abren portas a novos mundos. Cada libro é unha oportunidade para descubrir, aprender e sentir.

Neste Día do Libro, desde a AXENCIA DE LECTURA DO CONCELLO DA LAMA animámoste a regalar(te) tempo para ler e compartir esas lecturas que che deixaron pegada 💛

Porque ler non é só pasar páxinas… é vivir mil vidas.

ACHÉGATE ATA A AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DO CONCELLO DA LAMA.

VÉN E DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN.

A XUNTA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO "MODO VERÁN ACTIVO" PARA A MOCIDADE DE 9 A 30 ANOSA Xunta de Galicia ofrece a...
16/04/2026

A XUNTA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO "MODO VERÁN ACTIVO" PARA A MOCIDADE DE 9 A 30 ANOS

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2026 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

✅ Campamentos en Galicia.

✅ Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.

✅ Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

✅ Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

✅ Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.

✅ Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

Serán, en total, 11.932 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran

EREA MORA TRÓXONOS AO MULTIUSOS DA LAMA AS AVENTURAS DO LOBO PAPÓN Os nenos e nenas da Lama disfrutaron na tarde de onte...
02/04/2026

EREA MORA TRÓXONOS AO MULTIUSOS DA LAMA AS AVENTURAS DO LOBO PAPÓN

Os nenos e nenas da Lama disfrutaron na tarde de onte do espectáculo de Erea Mora baseado no libro ilustrado do Lobo Papón nunha actividade programada polo Concello da Lama a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX).

Os cativos e as súas familias pasaron unha tarde divertida coas trasnadas do Lobo Papón.

ÉXITO DE DIVERSIÓN CON "CONTOS CONTIGO" NO MULTIUSOS DA LAMA Onte a cativada da Lama pasou unha tarde divertida coa acti...
01/04/2026

ÉXITO DE DIVERSIÓN CON "CONTOS CONTIGO" NO MULTIUSOS DA LAMA

Onte a cativada da Lama pasou unha tarde divertida coa actividade "Contos contigo", unha iniciativa do Concello da Lama, a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX), para dinanizar a Semana Santa.

Contos, xogos, cancións e bailes animaron ao nenos e nenas que se achegaron ata o Centro Multiusos.

OS NENOS E NENAS DA LAMA GOZAN DAS ACTIVIDADES DA LUDOTECA MATINAL DE SEMANA SANTA NO CENTRO MULTIUSOS.
01/04/2026

OS NENOS E NENAS DA LAMA GOZAN DAS ACTIVIDADES DA LUDOTECA MATINAL DE SEMANA SANTA NO CENTRO MULTIUSOS.

Dirección

Avenida Do Concello 3
La Lama
36830

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

+34986768238

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca-Omix A Lama publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca-Omix A Lama:

Compartir

Categoría