Concello da Lama

Concello da Lama Páxina oficial do Concello de A Lama de información xeral para a veciñanza, NON PARA INTERACTUAR. Existen outros perfiles onde dirixirse, participar e opinar.

Nesta páxina evitarase o pronunciamento do visitante, este perfil está ORIENTADO a dar información oficial do día a día do Concello. Este perfil non está ideado para o confrontamento nin o debate.

📢 O CONCELLO DA LAMA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA MUNICIPAL "LUDOTECA 2026"O Concello da Lama ...
15/05/2026

📢 O CONCELLO DA LAMA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA MUNICIPAL "LUDOTECA 2026"

O Concello da Lama abre o prazo de solicitude, DESDE O LUNS 18 DE MAIO, para participar no programa municipal Ludoteca 2026, un servizo destinado a favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias do municipio.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e desenvolverase durante os períodos non lectivos de verán e Nadal, con actividades educativas, lúdicas e de convivencia adaptadas ás diferentes idades.

📅 Períodos:

▪️ Verán: do 22 de xuño ao 8 de setembro de 2026.

▪️ Nadal: do 21 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027.

🕘 Horarios:

▪️ Horario normal: de 9:00 a 14:00 horas.

▪️ Horario ampliado: de 8:30 a 14:30 horas.

📍 As actividades realizaranse no Edificio Multiusos do Concello da Lama e en espazos exteriores habilitados para o programa.

📝 As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal dentro do prazo establecido nas bases reguladoras.

Toda a información sobre requisitos, documentación e criterios de acceso pode consultarse nas bases oficiais do programa.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://concellodalama.com/novas/o-concello-da-lama-abre-o-prazo-de-solicitude-para-participar-no-programa-municipal-ludoteca-2026/

O ALCALDE DA LAMA, DAVID CARRERA, FIXO ENTREGA DOS CAMELIOS AOS REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E DA COMUNIDADE ...
13/05/2026

O ALCALDE DA LAMA, DAVID CARRERA, FIXO ENTREGA DOS CAMELIOS AOS REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E DA COMUNIDADE DE MONTES DE XESTA

O alcalde da Lama, David Carrera, acompañado polo tenente de alcalde José Fortes, fixo entrega aos representantes veciñais e da Comunidade de Montes de Xesta, Francisco Couselo e Trinidad Fernández Oubiña, que tamén é concelleira, uns camelios dentro da campaña de reparto deste tipo de exemplares que está levando a cabo o Concello, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, polas distintas parroquias e lugares do municipio.

Estes camelios plantaranse nun lugar preferente de Xesta co fin de contribuir a mellorar a imaxe e a presenza da que xa se considera como a flor das Rías Baixas.

Os representantes veciñais felicitaron e agradeceron ao Concello e á Deputación na persoa do alcalde da Lama, David Carrera, a posta en marcha desta iniciativa que acolleron con agrado.

13/05/2026

—CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS—

O CONCELLO E A DEPUTACIÓN LEVAN ESTE VENRES ATA O COLEXIO DA LAMA O CIRCUITO +ESCÉNICAS CO ESPECTÁCULO "LETRAS A ESCENA" DO COLECTIVO XURELO

O Concello da Lama e a Deputación de Pontevedra levan este venres 15 de maio aos colexios da Lama unha nova edición do circuíto +Escénicas, unha iniciativa da institución provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Así, o CEIP A Lama acollerá o espectáculo “Letras a escena”, de Colectivo Xurelo ás 11:00 horas.

En “Letras a escena”, un músico de ukelele, Antón Ke; un músico tradicional, Marcelo Dobode (pandeiro, zanfona, pandeireta e caixa); e un contador Enrique Mauricio presentan un espectáculo arredor do Día das Letras Galegas. Ao longo da proposta, achegarán de maneira lúdica e didáctica a historia do Día das Letras contando, ademais, a biografía adaptada dalgunhas das figuras homenaxeadas, ao tempo que interpretarán musicalmente versións das súas obras ou pezas dedicadas á súa memoria.

🌿 O SEIXO, UN DESTINO NATURAL QUE UNE ESFORZOS E ILUSIÓNS DESDE A LAMA 🌿Dende o Concello da Lama seguimos avanzando na p...
11/05/2026

🌿 O SEIXO, UN DESTINO NATURAL QUE UNE ESFORZOS E ILUSIÓNS DESDE A LAMA 🌿

Dende o Concello da Lama seguimos avanzando na posta en valor do noso patrimonio natural, paisaxístico e turístico. O alcalde da Lama, David Carrera, participou nun encontro de traballo xunto aos rexedores de Cerdedo Cotobade e Forcarei para impulsar unha estratexia turística conxunta arredor da contorna do Seixo.

O obxectivo é claro: converter O Seixo nun destino de referencia para os amantes da natureza, o sendeirismo, a paisaxe e o turismo rural, apostando por un modelo sostible que xere oportunidades e dinamización para o noso rural. 🌲🥾

Esta colaboración permitirá desenvolver actuacións coordinadas para mellorar e promocionar rutas de sendeirismo, sinalizar recursos e puntos de interese, crear material divulgativo compartido e impulsar campañas promocionais que dean visibilidade á enorme riqueza natural que compartimos.

Ademais, tamén se traballará na posta en valor dos miradoiros naturais, na conexión das rutas entre os tres municipios e na creación de actividades vinculadas ao turismo activo e medioambiental.

💚 A Lama continúa apostando pola cooperación, pola sustentabilidade e pola defensa dun territorio único que merece ser coñecido e desfrutado durante todo o ano.

DAVID CARRERA E PERFECTO RODRÍGUEZ POÑEN EN VALOR O REMATE DO ACONDICIONAMENTO DA PARCELA EXTERIOR DO NOVO CENTRO DE DÍA...
11/05/2026

DAVID CARRERA E PERFECTO RODRÍGUEZ POÑEN EN VALOR O REMATE DO ACONDICIONAMENTO DA PARCELA EXTERIOR DO NOVO CENTRO DE DÍA E FOGAR RESIDENCIAL DA LAMA

➡️ O Goberno galego destinou un total de 300.000 euros a financiar a construción deste recurso de titularidade municipal e que está en funcionamento desde finais do ano pasado.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, comprobou hoxe o resultado dos traballos de acondicionamento do baixo e do espazo exterior do novo centro de día e fogar residencial da Lama, pertencente á rede pública autonómica e que entrou en funcionamento a finais do ano pasado.

Con esta intervención que incluíu a instalación dun parque biosaudable, culmínase unha actuación que tivo un custo total de máis de 500.000 euros, dos cales a Xunta achegou 300.00 euros e o resto asumiunos o Concello.

Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde, David Carrera, destacou a importancia que ten este equipamento de titularidade municipal para prestar unha mellor atención ás persoas maiores, xa que conta con seis prazas residenciais e 14 de atención diúrna. Neste sentido, puxo en valor a colaboración institucional entre Xunta e Concello, que permitiu facer realidade este novo recuso no que tanto se implicou o anterior alcalde da Lama, Jorge Canda, falecido o ano pasado.

Ademais, o xerente do Consorcio enmarcou esta actuación na aposta decidida da Xunta por seguir ofrecendo unha atención próxima e de calidade para as persoas maiores, a través da mellora permanente e da ampliación da rede de centros. Ao respecto, referiuse ao Plan de investimentos en marcha, que está a supoñer a construción, ampliación ou reforma dunha vintena de residencias, centros de día e centros sociais.

11/05/2026
A CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO VISITOU ESTA MAÑÁ A ILLA DE CALOR INSTALADA NO CENTRO DA LAMA A conse...
07/05/2026

A CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO VISITOU ESTA MAÑÁ A ILLA DE CALOR INSTALADA NO CENTRO DA LAMA

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada polo alcalde da Lama, David Carrera, o tenente de alcalde José Fortes e os concelleiros Placido Pillado Alfaya, Esther Portela Garrido e Trinidad Fernández Oubiña, explicou que por segundo ano consecutivo o seu departamento apoiará aos concellos na execución de distintos proxectos a nivel local co obxectivo de ofrecer solucións fronte ao quecemento global, así como para identificar e crear espazos urbanos que actúen como refuxio climático tanto para a poboación como para a biodiversidade.

Así mesmo, no marco da liña reservada a actuacións para combater o efecto illa de calor, subvencionaranse intervencións dirixidas á identificación e adecuación de refuxios climáticos, entendidos como espazos cunha relativa estabilidade e condicións ambientais favorables que os converten en lugares idóneos para combater as altas temperaturas e ofrecer protección á poboación.

Para exemplificar o impacto que poden ter as accións climáticas a nivel local, a titular de Medio Ambiente referiuse á intervención realizada polo Concello da Lama no parque da rúa Miguel Carbajal e para a que recibiu unha axuda autonómica de 25.000 euros. En concreto, explicou que se construíu unha pérgola cuberta para crear unha zona de sombra que atenúe o efecto illa de calor, coa particularidade de que se recorreu ao plantado de especies vexetais trepadoras que, co paso do tempo, irán cubrindo a nova cuberta ata que se poida retirar o canizo instalado de forma provisional.

–PROXECTO PIONEIRO EN GALICIA— MÁIS DE 60 PERSOAS MAIORES DE 70 ANOS PARTICIPAN NO PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO IMPULSAD...
06/05/2026

–PROXECTO PIONEIRO EN GALICIA—

MÁIS DE 60 PERSOAS MAIORES DE 70 ANOS PARTICIPAN NO PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO IMPULSADO POLO CONCELLO DA LAMA, O SERGAS E A UNIVERSIDADE DE VIGO

➡️ O alcalde, David Carrera, visitou aos participantes e destacou o “éxito rotundo” dunha iniciativa pioneira que promove o envellecemento activo e saudable.

O programa de exercicio físico para persoas maiores de 70 anos impulsado polo Concello da Lama en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Universidade de Vigo está a converterse nun auténtico éxito de participación e implicación veciñal. Máis de 60 persoas do municipio forman xa parte desta iniciativa pioneira orientada á mellora da saúde, á prevención da fraxilidade e á promoción dun envellecemento activo.

Ao fronte desta experiencia pioneira en Galicia estarán Guillermo Bilbao Ogando, fisioterapeuta e coordinador de fisioterapia de atención primaria, e o doutor Lorenzo Antonio Justo Cousiño, profesor do grao en Fisioterapia da Universidade de Vigo. O proxecto conta tamén coa colaboración da doutora Vanessa Cernadas e da doutora Laura González, médicas de Atención Primaria da Lama.

VISITA DO ALCALDE AOS BENEFICIARIOS DO PROGRAMA

O alcalde da Lama, David Carrera, visitou esta mañá unha das sesións desenvolvidas dentro do programa para coñecer de primeira man a evolución da actividade e compartir unha xornada cos participantes e co equipo profesional encargado da súa coordinación.

Durante a visita, Carrera puxo en valor a excelente acollida que está a ter esta proposta entre a veciñanza maior do municipio e destacou “a ilusión e o compromiso” das persoas participantes. “Estamos moi satisfeitos coa resposta da cidadanía. Ver a máis de 60 veciños e veciñas participando activamente neste programa confirma que iniciativas coma esta eran necesarias e teñen un impacto moi positivo tanto na saúde física como no benestar emocional das persoas maiores”, sinalou.

O rexedor destacou tamén o carácter innovador desta experiencia e a importancia da colaboración institucional entre administracións e ámbito universitario. “Este programa é un exemplo de como a cooperación entre o Concello, o sistema sanitario e a Universidade pode traducirse en accións útiles e reais para mellorar a calidade de vida da nosa xente. Seguiremos apostando por políticas que fomenten hábitos saudables e axuden ás persoas maiores a manter a súa autonomía”, afirmou.

As sesións, adaptadas ás capacidades e necesidades dos participantes, están supervisadas por profesionais especializados e teñen como obxectivo mellorar a condición física, reducir o risco de caídas e combater situacións de fraxilidade asociadas á idade.

Desde o Concello da Lama destacan ademais o importante compoñente social da iniciativa, xa que o programa tamén contribúe a fomentar a convivencia, a participación comunitaria e a loita contra a soidade non desexada entre as persoas maiores.

David Carrera concluíu asegurando que “o éxito desta primeira edición anima ao Concello a seguir promovendo actividades deste tipo, que repercuten directamente no benestar e na saúde da nosa veciñanza maior”.

AS FOOD TRUKS DO SABOR DAS RÍAS BAIXAS DA DEPUTACIÓN ESTARÁN OS DÍAS 8, 9 E 10 DE MAIO NA ALAMEDA DA LAMA A Deputación d...
06/05/2026

AS FOOD TRUKS DO SABOR DAS RÍAS BAIXAS DA DEPUTACIÓN ESTARÁN OS DÍAS 8, 9 E 10 DE MAIO NA ALAMEDA DA LAMA

A Deputación de Pontevedra continúa a xira das food trucks do Sabor das Rías Baixas con parada na Lama os días 8, 9 e 10 de maio. Estarán a disposición do público na Alameda da Lama de 12:30 e as 18.30 horas e distribuirán de xeito gratuíto preparacións inspiradas nos pratos típicos dos eventos gastronómicos de interese turístico da provincia.

O Sabor das Rías Baixas conta cunha frota de tres vehículos que realizan tres rutas polo norte, o centro e o sur da provincia informando sobre a oferta das festas gastronómicas, promocionando e poñendo en valor a gastronomía pontevedresa, e promovendo unha xestión sostible dos recursos desde o punto de vista económico, ambiental e social. Ademais das degustacións inspiradas nos pratos típicos destes eventos, nas food trucks repártese material promocional onde se recollen as datas de celebración, os produtos gastronómicos de referencia cunha breve descrición, e mais o lugar exacto onde se celebra cada festa. Ata a data, distribuíronse xa máis de 54.000 tapas gratuítas inspiradas nas festas gastronómicas de interese turístico.

CAMPALAMA 2026 ABRE O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN PARA NENOS E NENAS ENTRE 3 E 14 ANOS A PARTIR DO 18 DE MAIO➡️ O campamento...
04/05/2026

CAMPALAMA 2026 ABRE O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN PARA NENOS E NENAS ENTRE 3 E 14 ANOS A PARTIR DO 18 DE MAIO

➡️ O campamento de verán da Lama, S.D. en colaboración co Concello, desenvolverase entre o 22 de xuño e o 4 de setembro en horario de 10 a 14 horas.

O campamento de verán CampaLama 2026 organizado pola Lama, S.D. en colaboración co Concello da Lama abre a partir do 18 de maio o prazo de inscrición para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos. A iniciativa sociodeportiva ten co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante o verán ao tempo que se promove un ocio saudable nun contorno seguro e dinamizador.

O campamento desenvolverase entre o 22 de xuño e o 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e organizarase en quendas quincenais ofrecendo así maior flexibilidade ás familias á hora de escoller as datas de participación. Tamén se mantén a opción de inscrición por mes completo.

En canto aos prezos, establécense as seguintes modalidades: Unha quenda quincena: 70 euros, mentras que o mes completo terá un custo de 110 euros manténdose os descontos para irmáns, como en ocasións anteriores.

O programa inclúe un amplo abano de actividades como fútbol, inchables, xogos de mesa, manualidades, bádminton, tiro con arco, ping pong, parque acuático, pedaletas e montar a cabalo, entre outras propostas pensadas para o lecer activo e a convivencia.

REFERENTE LÚDICO, EDUCATIVO E DEPORTIVO DO VERÁN

As persoas interesadas poderán formalizar a matrícula na Biblioteca-OMIX do Concello da Lama ou solicitar máis información no teléfono 986 76 82 38 (Extensión 4).

Esta proposta de lecer para o verán na Lama consolídase como un referente educativo e deportivo que combina as actividades no campo municipal de Racelo coas saídas á praia fluvial do río Verdugo, visitas ao Encoro de Eiras e ao Fornelos Wake Park, visitas lúdicas e educativas a diferentes lugares da provincia, etc.

Desde a organización anímase ás familias a participar nesta proposta consolidada, que cada verán reúne a numerosos nenos e nenas nun ambiente de diversión, aprendizaxe e socialización.

CRUZ VERMELLA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO ACHEGOU AS DISTINTAS CUESTIÓNS QUE TEMOS QUE TER EN CONTA NO MOMENTO DE ENFRON...
30/04/2026

CRUZ VERMELLA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO ACHEGOU AS DISTINTAS CUESTIÓNS QUE TEMOS QUE TER EN CONTA NO MOMENTO DE ENFRONTAR UNHA EMERXENCIA.

MIGUEL DOALLO FALOU NO MULTIUSOS DA NECESIDADE DE TER PREPARADA UNHA MOCHILA CON ELEMENTOS FUNDAMENTAIS A LEVARNOS NO CASO DE SER EVACUADOS OU SOFRIR UN CASO DE EMERXENCIA

O Centro Multiusos do Concello da Lama acolleu unha charla informativa da Cruz Vermella sobre emerxencias dirixida á veciñanza co obxectivo de fomentar a preparación ante situacións críticas.

A sesión contou coa participación como conferenciante e ponente de Miguel Doallo, psicólogo de Cruz Vermella, quen abordou de maneira clara e práctica os principais aspectos a ter en conta á hora de actuar ante unha emerxencia. O acto contou tamén coa participación do alcalde da Lama, David Carrera, quen colaborou con Miguel Doallo na explicación de varios exercizos de salvamento ante situacións de atrangantamento, unha das causas máis comúns de morte nos últimos tempos.

Durante a xornada as persoas asistentes puideron adquirir coñecementos básicos pero fundamentais, entre os que destacaron a preparación dun kit de emerxencia, as pautas para realizar correctamente unha chamada ao 112, a importancia de dispoñer da documentación esencial e a necesidade de seguir as indicacións dos servizos de emerxencia.

A actividade protagonizada por Miguel Doallo resultou moi amena e de gran utilidade para a cidadanía, reforzando a importancia de estar preparados e preparadas para responder de maneira eficaz ante posibles situacións de risco, xa que unha actuación adecuada pode marcar a diferenza en momentos críticos.

O alcalde, David Carrera, comprometeuse a explorar liñas de colaboración coa Cruz Vermella para extender este tipo de charlas sobre todo orientadas cara os primeiros auxilios ante situacións sobrevidas.

Dirección

Avenida Do Concello, 1
La Lama
36830

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello da Lama publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría