Concello da Mezquita

Concello da Mezquita A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana, que se atopa estratéxicamente situado como porta de Galicia desde Castela

13/05/2026
5 de Maio- III Feira do Libro CEIP AUGUSTO ASSIA A MEZQUITA
29/04/2026

5 de Maio- III Feira do Libro CEIP AUGUSTO ASSIA A MEZQUITA

LIMPEZA DE TERREOS PRÓXIMOS A VIVENDAS
10/04/2026

LIMPEZA DE TERREOS PRÓXIMOS A VIVENDAS

Onte a Casa Consistorial acolleu un momento moi especial: o enlace de Bea e Ismael, oficiado pola concelleira socialista...
05/04/2026

Onte a Casa Consistorial acolleu un momento moi especial: o enlace de Bea e Ismael, oficiado pola concelleira socialista Marta Diéguez.

Dende aquí, queremos desexarvos toda a felicidade do mundo nesta nova etapa, chea de amor, complicidade e moitos momentos inesquecibles. 💍✨

Parabéns aos dous!

🦺🦺Esta mañá 𝐭𝐫𝐚𝐬𝐥𝐚𝐝𝐚́𝐦𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐚𝐭𝐚 𝐚 𝐀𝐜𝐚𝐝𝐞𝐦𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 (AGASP), situada na Estrada, para recoller novos...
17/03/2026

🦺🦺Esta mañá 𝐭𝐫𝐚𝐬𝐥𝐚𝐝𝐚́𝐦𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐚𝐭𝐚 𝐚 𝐀𝐜𝐚𝐝𝐞𝐦𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 (AGASP), situada na Estrada, para recoller novos equipos e dotación material destinados a nosa agrupación de voluntarios de Protección Civil.🦺🦺

🛠️⚡ Recibimos un conxunto de 𝐟𝐞𝐫𝐫𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐞𝐥𝐞́𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚𝐬 especialmente pensadas para mellorar a nosa capacidade de resposta en situacións de emerxencia: rescates, intervencións en accidentes e tarefas de apoio á comunidade. 🛠️⚡

💪 A incorporación destes equipos supón 𝐮𝐧 𝐩𝐚𝐬𝐨 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐧𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐚𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐞𝐟𝐢𝐜𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚, garantindo que os nosos voluntarios poidan actuar con rapidez e seguridade cando máis se precisa. 💪

Hoxe abriuse o plazo de inscrición do curso oficial de SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURÁIS NA COMUNI...
13/03/2026

Hoxe abriuse o plazo de inscrición do curso oficial de SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURÁIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, e péchase o vindeiro MARTES 17 DE MARZO!! (recomendase facelo na maior brevidade posible para non quedarse fóra). Para inscribirse é necesario entrar no seguinte enlace: https://agasp.xunta.gal/gl/course/262044
Requisitos dos participantes:
- Ter finalizada a ESO.
- Ter 18 anos cumplidos no momento da inscrición.
- Pasar a proba física inicial do curso que se celebrará o Martes 14 de Abril de 16:30 a 18:30 na piscina climatizada de O Barco de Valdeorras. Ainda que a proba e faciliña e soe pasala todo o mundo e importante saber que a proba hai que pasala ese dia e a esas horas e sen estes dous requisitos non se pode acceder o curso.
- A proba consiste en (para que xa podan adestrar si queren): entrada de pé, 12,5 m apnea continua, completar ata 25 m nado libre, 25 m crol cabeza fora, 50 metros braza, colocar aletas en flotación dinámica, 50m costas con aletas e 50 metros crol con aletas. Todo iso nun tempo máximo de 5´30´´.
Por último o curso ten máximo 25 prazas e tamén un mínimo que de non cubrirse non se realizaría e ademáis é GRATUITO co cual é unha oportunidade laboral inmellorable.

No ano 1992 creouse a Academia Galega de Seguridade Pública, coma organismo autónomo de carácter administrativo, coa finalidade de desenvolver actividades formativas dirixidas á formación profesional das policías locais dos concellos de Galicia.

10/03/2026

📚 𝑷𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒕𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐 𝒍𝒊𝒃𝒓𝒐 𝒅𝒆 𝑩𝒓𝒖𝒏𝒐 𝑹𝒖́𝒂
❞𝑨𝒍𝒅𝒆𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒏𝒔𝒐, 𝑭𝒓𝒆𝒊𝒓𝒂𝒔 𝒆 𝑽𝒊𝒂𝒏𝒂 (𝒆 𝑨𝒔 𝑷𝒐𝒓𝒕𝒆𝒍𝒂𝒔)❞

🗓 12 de marzo
🕕 18:00 h
📍 Edificio Multiusos – A Mezquita

Un libro que nace do compromiso coa memoria do territorio e das persoas que o habitan. A través dun percorrido polas aldeas de Conso, Freiras e Viana, incluíndo As Portelas, Bruno Rúa achéganos á arquitectura popular, ás historias transmitidas de xeración en xeración, ás lendas, aos costumes e á esencia humana que define a vida na raia.

Esta obra é unha homenaxe ás aldeas, ao saber colectivo e á identidade dun espazo único, co obxectivo de lembrar, comprender e preservar un patrimonio material e inmaterial que non debe desaparecer.

Un encontro para compartir cultura, memoria e territorio.

Organizan: 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐚 𝐌𝐞𝐳𝐪𝐮𝐢𝐭𝐚 · 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐎𝐬 𝐓𝐫𝐞𝐬 𝐑𝐞𝐢𝐧𝐨𝐬

Dirección

Avenida Da Constitución, 7
La Mezquita
32549

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello da Mezquita publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir