PAC Lalín

PAC Lalín Plataforma Aberta da Cidadanía de Lalín.
Únete e participa!

A Plataforma Aberta Cidadá nace con vocación de ofrecer unha alternativa real, transparente e participativa para construir un Lalín mellor

"O alcalde Ferreiro era o símbolo da República nas Terras de Deza, das ilusións e esperanzas que o réxime democrático es...
28/08/2021

"O alcalde Ferreiro era o símbolo da República nas Terras de Deza, das ilusións e esperanzas que o réxime democrático espertou nunha Comarca que padeceu como poucas o caciquismo máis brutal. O fascismo quixo destruír coa súa execución a quen consideraba como un elemento “perigoso”, porque intentou, como el mesmo escribiu, “sobre as cinzas do pasado, pórse en pé e empezar o camiño”."

🔴🟡🟣 “MANUEL FERREIRO, O PRIMEIRO FUSILADO POLO FASCISMO”

🖋Por Manuel Igrexas

O 27 de agosto de 1936, ás 5,30 da mañá, un pelotón de fusilamento acababa en Pontevedra coa vida de Manuel Ferreiro Panadeiro, o que fora alcalde de Lalín nos primeiros catro anos do réxime republicano. Foi o primeiro dezao procesado e sentenciado a morte polos militares que se rebelan contra a II República o 18 de xullo. E non por azar:

Manuel Ferreiro naceu o 24 de xuño de 1903 no lugar de Ludeiro da parroquia de Soutolongo, no concello de Lalín. Era fillo de Benito Ferreiro Álvarez e Ventura Panadeiro Lalín.

Estudou o Bacharelato no Seminario de Lugo, trasladándose despois a Madrid, onde iniciou a carreira de Dereito. Alí adquiriu conciencia política, implicándose na loita estudantil contra a Ditadura de Primo de Rivera.

En 1930 xa o atopamos en Deza participando en actos de propaganda republicana, na constitución do Centro Republicano de Lalín o 8 de xuño, e como director do seu periódico Atrás, que aparece en setembro. Ferreiro e o seu veciño e correlixionario Marcelino García Villar son elixidos presidente e secretario do Centro Republicano, que se adhire á Federación Republicana Gallega.

Preséntanse ás eleccións municipais do 12 de abril de 1931, pero a candidatura republicana non acada representación polas manobras caciquís dos monárquicos. O novo goberno provisional anula as eleccións e o día 16 proclámase a República en Lalín, constituíndose unha Xunta Municipal Provisional baixo a presidencia de Ferreiro, que días máis tarde é designado deputado provincial. As eleccións municipais repítense o 5 de xuño copando todos os postos a candidatura republicana encabezada por Manuel Ferreiro.

A súa xestión á fronte do Concello ten como eixes a educación (programa de construción de escolas e reivindicación dun Instituto para Lalín) e as infraestruturas (camiños, pontes e fontes).

Ferreiro e os republicanos lalinenses mantéñense fieis á disciplina da FRG, que chega a celebrar en Lalín unha asemblea provincial en setembro de 1933. Cando se disolve, pasa a integrarse en Izquierda Republicana.

Logo do trunfo das dereitas nas eleccións de novembro de 1933, desde o Goberno civil realízanse varias inspeccións ao Concello co propósito de atopar anomalías que o prexudicasen e así poder suspender á Corporación. O 2 de febreiro de 1934 un delegado gobernativo destitúe ao Alcalde, aínda que é inmediatamente reposto polo Gobernador ante o escándalo político que chega ata o Ministerio. En desagravio, o día 11 organizouse unha homenaxe popular á que acudiron moitos lalinenses para expresarlle o seu apoio. Finalmente, o 8 de agosto, o Goberno civil suspende á Corporación, substituíndoa por unha afín ao Partido Radical de Lerroux presidida por Ricardo López Varela.

Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o Consello de Ministros ordena a reposición das corporacións suspendidas durante o bienio negro, e Manuel Ferreiro volve á alcaldía o día 21. Sen embrago, un enfrontamento entre os edís, fai que Antonio Jar (o que fora líder de Izquierda Republicana), secundado por outros 16 concelleiros, presente unha moción de censura contra o alcalde Ferreiro o 4 de marzo. A solución do conflito ven da man do Gobernador civil, que nomea o 11 de abril unha Comisión Xestora provisional de sete membros na que é elixido presidente o galeguista Xesús Golmar, pasando Ferreiro a ocupar o cargo de Secretario do Concello.

O 18 de xullo chegan a Lalín por radio as novas do Alzamento militar. Ao día seguinte desprázase a Pontevedra Manuel Ferreiro e os alcaldes de Silleda e Carbia acompañados de dirixentes políticos do FP e líderes sindicais. Alí entrevístanse co Gobernador civil Gonzalo Acosta Pan. Ao regreso ordenan a requisa de armas e declaran a folga xeral.

A tarde do 20 organízase unha columna composta de obreiros mobilizados polos sindicatos. Uns douscentos milicianos, con poucas armas, parten cara Pontevedra en apoio á República en camións previamente requisados. Á cabeza desta expedición van Manuel Ferreiro e os dirixentes obreiros José Fondevila e José Crespo. Ao seu paso por Silleda únenselles outros elementos da FP en turismos e camionetas. Cando chegan á capital, xa fora declarado o estado de guerra e a cidade estaba baixo o control do Exercito, polo que non teñen outra opción que a de regresar.

Ferreiro, máis consciente do perigo, decide non retornar a Lalín e diríxese a Compostela, cidade na que permanece agochado en varios hoteis ata que o deteñen nos primeiros días de agosto, logo dunha intensa busca. Inmediatamente é trasladado a Pontevedra, onde o mesmo día 4 iníciase a súa causa. Acúsano de traizón coa agravante de perversidade. É a xustiza ao revés, acusando de traizón a aqueles que se mantiveron fieis ao goberno lexítimo.

Durante a indagación do proceso, o xulgado militar chega a trasladarse a Lalín para tomar declaracións xa que moitas testemuñas (dirixentes políticos e obreiros) están xa presos na cadea lalinense.

O consello de guerra sumarísimo celébrase o 21 de agosto, presidido polo tenente coronel Luis Ledo Godoy. Actúa como fiscal o capitán Ramón Rivero de Aguilar e como defensor o tamén capitán Fernando Ponte Pérez. Logo das testemuñas de cargo, nas que os lalinenses xa encarcerados tratan de eludir a súa responsabilidade, declaran José Acuña, Víctor Casas e Luis Poza Pastrana, tamén presos no cárcere de Pontevedra, propostos por Ferreiro como testemuñas de descargo.

Tal é como estaba decidido de antemán foi condenado a pena de morte. A vista resultou unha farsa xurídica para encubrir a simple represión política: tratábase de impoñer castigos exemplares aos principais dirixentes políticos para que servisen de advertencia para a poboación, de aí a publicidade que se lle deu ao xuízo, sentenza e execución. Aprobada pola superioridade, fixouse o cumprimento da pena para o día 27 de agosto.

Ferreiro foi conducido desde a Prisión de Pontevedra ao quilometro un da estrada a Campañó, onde un piquete ás ordes do alférez da Garda civil Francisco Muñoz Paz, executou a sentenza, “recibiendo el reo seis balazos de arma de fuego portátil en región lateral izquierda del torax, todas ellas penetrantes”, segundo se le na súa Causa.

Ese mesmo día danlle sepultura, en silencio e case as agachadas, a súa nai, dúas irmás e o seu tío, o sacerdote Manuel Panadeiro, nun nicho municipal do cemiterio de Pontevedra.

Esta non foi a única nota tráxica dese día no Deza. O terror fascista faise presente o mesmo 27, cando varios veciños da parroquia das Trabancas (Agolada), atopan un cadáver na cuneta da estrada de Lalín a Monterroso. Trátase dun home vestido cun mono, que ninguén pode identificar. Traen o corpo a Lalín para expoñelo publicamente fronte ao Concello. Máis tarde saberase a súa identidade: Luís González Yáñez, axente de Inspección e Vixilancia de Monforte, a quen os falanxistas viñeron asasinar lonxe da súa vila.

Ata varios anos despois, a familia non puido reclamar o cadáver de Manuel Ferreiro para darlle unha sepultura digna. Finalmente, en 1941 logran por fin o traslado e entérrano no cemiterio de Soutolongo, onde hoxe repousan os seus restos.

O alcalde Ferreiro era o símbolo da República nas Terras de Deza, das ilusións e esperanzas que o réxime democrático espertou nunha Comarca que padeceu como poucas o caciquismo máis brutal. O fascismo quixo destruír coa súa execución a quen consideraba como un elemento “perigoso”, porque intentou, como el mesmo escribiu, “sobre as cinzas do pasado, pórse en pé e empezar o camiño”.

Despois dun tempo de parón volta   🐍🐍🐍🐍🐍‼️Hoxe, unha reflexión do noso compañeiro Antón 👇🏻:
15/08/2021

Despois dun tempo de parón volta 🐍🐍🐍🐍🐍‼️

Hoxe, unha reflexión do noso compañeiro Antón 👇🏻:

Fuxo da apariencia entusiasta porque non busca utopías, non imaxina futuros mellores nin pasados mellorados, tan só se move na liña horizontal de manter o presente, pouco a pouco destruído por contentarse co que hai.

📣📣  ás 20:30 horas na Praza da Igrexa.
18/05/2021

📣📣 ás 20:30 horas na Praza da Igrexa.

Xela Arias (1962-2003)
17/05/2021

Xela Arias (1962-2003)

despidos NON!! ✊✊✊Scientia School rompe o seu compromiso e comeza cos despedimentos.
02/05/2021

despidos NON!! ✊✊✊
Scientia School rompe o seu compromiso e comeza cos despedimentos.



– Os despedimentos presentes e a inseguridade ante a ameaza de despedimentos futuros, entre outros atropelos e inxustizas, desgastan ás traballadoras e deterioran o ambiente de traballo. – Dende a PAC queremos enviar o noso apoio ás traballadoras e animamos á veciñanza a acompañalas nas sú...

✊✊✊
01/05/2021

✊✊✊

NOVA VÍBORA 🐍🐍🐍🐍.🤓 Queremos unha sociedade que reflexione e que perciba na disparidade de opinións unha posibilidade de ...
04/04/2021

NOVA VÍBORA 🐍🐍🐍🐍.

🤓 Queremos unha sociedade que reflexione e que perciba na disparidade de opinións unha posibilidade de mellora? Queremos unha sociedade que se fundamente na empatía e na existencia de redes de apoio mutuo?
Ou acaso preferimos seguir ancoradas no desleixo e na indignación gratuíta?

👉🏻 No texto de hoxe, Antón Branco Vilariño, Adriana Iglesias (Galatea Pigmalión), Jacobo Vázquez González e Lara Rodríguez (Tareixa de Cepeda) escriben dende fóra, dende a perspectiva de alguén que asistiu a unha discusión verbal, e reflexionan.

Velaquí 👇🏻:

Os datos sobre o tempo de uso do meu dispositivo móbil que este me recorda cada días son demoledores. Sobra dicir que a maior parte das horas dedicadas a mirar a súa pantalla destínoas á pasividade que me proporciona ler e ver vidas alleas, receitas de cociña, novas nesgadas ou… discusións ...

🐍🐍🐍🐍🐍🐍🐍🐍🐍Outro domingo víboro!   👉🏻 Un tufo ra***ta percorre a mocidade.    (Galatea Pigmalión) comparte con nós a súa e...
21/03/2021

🐍🐍🐍🐍🐍🐍🐍🐍🐍

Outro domingo víboro!

👉🏻 Un tufo ra***ta percorre a mocidade. (Galatea Pigmalión) comparte con nós a súa estupefacción tras recibir certo comentario... certo comentario ao que, mellor, accededes por vós mesmas. Aquí👇🏻:

-O prefixo “homo-“ significa “igual” e úsase para crear novas palabras. Algún exemplo? –dixo a profesora. -Homoxéneo, homosexual… -dixo un. -Homofobia -dixo outro. -Homo… que? Que é homofobia? –pregunta un alumno con ollos de sorpresa. -Pois é o rexeitamento cara ás persoas hom...

Dirección

Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00
Sábado 09:00 - 17:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PAC Lalín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a PAC Lalín:

Compartir