Concello da Laracha

Concello da Laracha Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello da Laracha, Ayuntamiento, Praza do Concello, s/n, Laracha.

Páxina de Facebook oficial do Concello da Laracha

www.alaracha.gal
www.alaracha.gal/turismo
Canle WhatsApp: https://whatsapp.com/channel/0029VbAxbNN2UPBLSu7H112U

🎊 FESTAS DO SACRAMENTO DE PAIOSACO | Este é o cartel que ten preparado a Comisión de festas de Paiosaco para celebrar o ...
03/06/2026

🎊 FESTAS DO SACRAMENTO DE PAIOSACO | Este é o cartel que ten preparado a Comisión de festas de Paiosaco para celebrar o Sacramento do sábado ao luns.

Vémos en Paiosaco❗ Boas festas❗

📢 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS | O Concello incrementa ata os 150.500 € a dotación das subvencións municipais para entida...
03/06/2026

📢 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS | O Concello incrementa ata os 150.500 € a dotación das subvencións municipais para entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais.

🤝🏼 Esta liña de axudas busca reforzar o apoio ao tecido asociativo e ao deporte local, colaborando co desenvolvemento das actividades que realizan os beneficiarios para interese xeral do municipio.

📅 O prazo de solicitude será dun mes a partir de hoxe. Amplía información e consulta as bases na web do Concello > https://www.alaracha.gal/gl/noticia/2025/o-concello-incrementa-ata-os-150500-euros-a-dotacion-da-lina-de-subvencions-para-entidades-culturais-deportivas-educativas-e-deportistas-individuais/

🏃‍♀️ RUN&FUN | Xa queda menos para esta novidosa cita deportiva que organiza o Concello e que se vai celebrar na Laracha...
02/06/2026

🏃‍♀️ RUN&FUN | Xa queda menos para esta novidosa cita deportiva que organiza o Concello e que se vai celebrar na Laracha o 14 de xuño❗ Unha carreira de obstáculos lúdica non competitiva pensada para todos os públicos.

👉🏼 Quedan poucas prazas dispoñibles. Se queres participar, inscríbete en > https://ccnorte.com/evento/detalle/page/2/id/3319/runfun-a-laracha-2026

✅ E para non perderte nada do evento, sigue perfil en Instagram do evento > .

⛔ AVISO | Debido á execución das obras de renovación da cuberta do complexo deportivo da piscina municipal, o tramo da r...
02/06/2026

⛔ AVISO | Debido á execución das obras de renovación da cuberta do complexo deportivo da piscina municipal, o tramo da rúa Lino Gómez Canedo que discorre fronte á entrada á instalación deportiva (marcado en vermello) permanecerá pechado á circulación mañá mércores de 8:00 a 19:00 horas.

↔ O tramo anterior (marcado en azul), no mesmo horario, quedará aberto só para acceder aos garaxes e con dobre sentido de circulación.

🛫 INTERCAMBIO XUVENIL | Nova oportunidade para inscribirte se tes entre 18 e 30 anos de idade, estás empadroado no termo...
02/06/2026

🛫 INTERCAMBIO XUVENIL | Nova oportunidade para inscribirte se tes entre 18 e 30 anos de idade, estás empadroado no termo municipal da Laracha e queres participar nas viaxes a Venecia (20 a 27 de xuño) ou Xeorxia (4 a 11 de xullo).

Tras rematarse a inscrición e quedar prazas vacantes, ábrese un novo prazo ata este xoves ás 12:00 h. As prazas outorgaranse por orde de inscrición.

ℹ️ +info, bases e descarga de impresos de inscrición > https://www.alaracha.gal/gl/noticia/2018/a-laracha-volvera-participar-en-programas-xuvenis-de-intercambio-en-venecia-e-xeorxia/

💳 Se precisas renovar o teu DNI ou pasaporte, ou expedilos por primeira vez, o 19 de xuño terás oportunidade de facelo n...
01/06/2026

💳 Se precisas renovar o teu DNI ou pasaporte, ou expedilos por primeira vez, o 19 de xuño terás oportunidade de facelo na unidade móbil que desprazará á Laracha a Policía Nacional.

✅ Reserva a túa cita (obrigatorio) acudindo ao Edificio Administrativo ou chamando ao 981612811. Prazas limitadas.

♻🚛 PUNTO LIMPO MÓBIL | Desde esta tarde e ata o próximo luns estará na Insua, xunto ao consultorio médico de Caión.🤝🏼 Pr...
01/06/2026

♻🚛 PUNTO LIMPO MÓBIL | Desde esta tarde e ata o próximo luns estará na Insua, xunto ao consultorio médico de Caión.

🤝🏼 Precisamos da túa colaboración porque separar correctamente os diferentes tipos de residuos favorece o seu posterior tratamento e reciclado.

🏺 Hoxe pechamos o programa de 5 visitas guiadas ao Castro de Montes Claros que organizou o Concello para animar á cidada...
30/05/2026

🏺 Hoxe pechamos o programa de 5 visitas guiadas ao Castro de Montes Claros que organizou o Concello para animar á cidadanía a achegarse e profundizar no coñecemento do xacemento.

👥 Na cita desta mañá participaron 28 persoas, que tiveron a oportunidade de descubrir de primeira man a historia deste destacado enclave patrimonial e coñecer os principais achados da escavación arqueolóxica realizada recentemente.

🙌🏼 Grazas a todas as persoas participantes polo seu interese e por acompañarnos nesta iniciativa de divulgación do noso patrimonio histórico e cultural.

Dirección

Praza Do Concello, S/n
Laracha
15145

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

+34981605001

Página web

https://cronicas-da-laracha.blogspot.com/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello da Laracha publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría