04/09/2025
🥰 👏GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.👍
👉🔥Despois da vaga de incendios sufrida durante as semanas pasadas na comarca de Monterrei, que rodeou o noso concello por varias frontes, vindo o lume desde Chandrexa de Queixa e Vilar de Barrio, despois desde Monterrei e Cualedro, e por ultimo de retorno desde Castrelo do Val, conseguimos co esforzo de todos paralo.🫷💪
🏫👏Desde o Concello de Laza preferimos deixar pasar uns días, ter visión do ocorrido, acougar ánimos, analizar a situación e facer balance, esperar a que a situación se moderase e evitar que no barullo seguísese animando a secuela incendiaria e confirmásese o que todos temiamos que era a unión cos incendios de Chandrexa ou Maceda.👏👍
🥰🏫 Agora desde a calma e con menos risco de incendios, aínda que é certo que segue existindo, desde o Concello de Laza queremos agradecer de corazón a todos aqueles que participaron na extinción, ben de forma directa ou indirecta, axudando de forma organizada e dentro da planificación establecida para evitar accidentes.🤝👍
👏👏Aos Veciños, de verdade fostes un exemplo de bo facer, día e noite, gardas organizadas, seguindo as instrucións ao pé dos profesionais, sodes únicos, merecédesvolo todo, o noso aplauso e recoñecemento, de forma destacada a aqueles que puxestes a vosa maquinaria e bens ao dispor de todos e traballastes como os que máis de forma desinteresada deixándovos a pel no intento de parar o lume, mil grazas.👏👏
🧑🚒🚒A profesionais que con xornadas interminables de moitas horas, sen descanso, sempre estivestes ao pé do lume, día e noite, de especial maneira non pode ser doutra forma, aos membros do servizo de Protección Civil de Laza co GES, Grupo de Emerxencias Supramunicipal á fronte, participando non só no noso concello, senón que tamén naqueles onde foi demandada a súa presenza pola gravidade da situación e o recoñecemento profesional que saben tedes, grazas por salvarnos foi unha das frases máis oídas.🚑🦸♀️
👏🦸♂️Á BRIF, Brigada de Reforzo en Incendios Forestais de Laza, non só pola súa intervención no noso Concello, se non polo seu exemplo de bo facer nos demais lumes nos que participaron, por todo o territorio, deixando sempre o pavillón e o bo nome de Laza ao grande, unha vez máis grazas.👏🚁
💪🛻Aos Bombeiros forestais da Xunta de Galicia, aos do distrito comarcal, como aos vindos de fóra doutras comarcas, o noso recoñecemento para todos vós, así como aos demais corpos de bombeiros que se desprazaron a colaborar, se non no noso concello noutros o cal permitiu ter aquí máis medios dispoñibles, mil grazas.👏👏👏
👏🦸Á UME, Unidade Militar de Emerxencias, coa cal tivemos a sorte de traballar de xeito conxunto, coordinados e organizados de forma que puidemos atender todas as frontes cun esforzo común, un agarimo especial para vós que estades tantos días fóra das vosas casas e das vosas familias, salvando as nosas, moitas grazas e ánimo.🚒❤️🔥
👏🚛A empresas de diferentes sectores que colaborastes con maquinaria e equipos arriscando o voso patrimonio por axudarnos, grazas.👏🛠
😀👏A eses heroes anónimos, mozos que desde Ourense desprazáronse para traernos aveños e axudar en labores de remate sen pedir nada a cambio, grazas por estar á nosa disposición, aos que nos facilitaron víveres e auga, a tantos que de forma anónima mandaron material, bocadillos, bebidas, dalgúns aínda hoxe non sabemos quen sodes para agradecérvolo, o noso agarimo e agradecemento para vós, agora unha vez rematado todo grazas, hoxe á parroquia de san Antonio de Padua de Balaidos, Celta de Vigo pola súa ultima subministración de auga potable por se se necesitase pos-incendios.🥰👏🤝
🥰🤝A todos sen distinción de ningún tipo, grazas e máis alá de críticas interesadas, isto é labor de todos, grazas polo voso esforzo e valor, toca traballar para levantar esta terra que xa empeza a ter os primeiros brotes verdes, entre todos levantaremos esta terra de novo. GRAZAS.👩👩👧👧🌲🌳