Concello de Lobios

Concello de Lobios Páxina oficial do Concello de Lobios (Ourense).

🌿 𝐍𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐞𝐳𝐚 𝐞𝐧 𝐎 𝐄𝐢𝐝𝐨-𝐆𝐫𝐨𝐮O Concello de Lobios segue avanzando no mantemento dos espazos públicos con...
03/06/2026

🌿 𝐍𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐞𝐳𝐚 𝐞𝐧 𝐎 𝐄𝐢𝐝𝐨-𝐆𝐫𝐨𝐮

O Concello de Lobios segue avanzando no mantemento dos espazos públicos con novos traballos de desbroce e limpeza en vías e beiras na zona de O Eido-Grou.

👉 Unhas actuacións clave para mellorar a seguridade viaria, a visibilidade e o acceso nos nosos camiños e estradas.

👌Continuamos a traballar para ter un concello máis coidado, seguro e preparado para veciñanza e visitantes.

🌿 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐧𝐨 𝐢𝐦𝐩𝐮𝐥𝐬𝐨 𝐝𝐨 𝐭𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐬𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, estivo presente na xornada de ...
01/06/2026

🌿 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐧𝐨 𝐢𝐦𝐩𝐮𝐥𝐬𝐨 𝐝𝐨 𝐭𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐬𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞

A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, estivo presente na xornada de presentación do proxecto europeo para a dinamización do Camiño San Rosendo - Rainha Santa , celebrada no Centro de Interpretación Aquis Querquenis (Concello de Bande ).

🤝 Un encontro clave no que institucións e concellos traballan conxuntamente para promover un modelo de turismo sostible, inclusivo e ligado ao territorio, poñendo en valor o noso patrimonio natural e cultural.

Este proxecto, impulsado pola Deputación de Ourense a través do , conta cun investimento de máis de 650.000 € ata 2028 e busca:
🥾 Fuxir do turismo de masas
🌿 Protexer a contorna natural
📈 Impulsar a economía local e o emprego

📍 O Camiño San Rosendo - Rainha Santa é un itinerario único que percorre a histórica Vía Nova e atravesa a riqueza da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

👉 Lobios forma parte activa desta iniciativa xunto con outros concellos da comarca, reforzando o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a posta en valor do territorio.

🌍 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬, 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐭𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨A nosa vila termal acolleu os días 27 e 28 de maio o II Taller de Co...
01/06/2026

🌍 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬, 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐭𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨

A nosa vila termal acolleu os días 27 e 28 de maio o II Taller de Cooperación Turística Internacional 2026, organizado por ASICOTUR, reunindo profesionais de máis de 20 países.

🤝 Un espazo de diálogo e intercambio no que se abordou a cooperación turística e o papel da imaxe visual dos destinos.

A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, participou como anfitrioa, dando a benvida ás persoas asistentes cun detalle moi especial: mel e xabón de mel de produtores locais, poñendo en valor o noso produto de proximidade 🍯

Na inauguración participaron destacadas personalidades do ámbito turístico:
▪ Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia [, ]
▪ Alejandro Rubín, presidente de ASICOTUR [.oficial ]
▪ Rosendo Fernández, presidente do INORDE [ ]
▪ Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia [ ]
▪ Dmitriy Ilin, representante de ONU Turismo para Europa
▪ Eduardo Jorge Silva, embaixador de Cabo Verde en España

Durante o acto, púxose en valor a importancia de construír unha imaxe turística baseada en identidade, patrimonio, cultura e experiencias auténticas, piares nos que Galicia conta cunha gran fortaleza.

🔗https://asicotur.com/ii-taller-de-cooperacion-turistica-internacional/

🌿 Lobios consolídase así como destino de referencia tamén no ámbito profesional e internacional.

🙏 Queremos aproveitar para expresar o noso agradecemento a todas as persoas participantes e á organización por contar con Lobios como punto de encontro.

🚜🌿  𝗧𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘀𝗯𝗿𝗼𝗰𝗲 𝗲 𝗹𝗶𝗺𝗽𝗲𝘇𝗮 𝗲𝗻 𝗟𝗼𝗯𝗶𝗼𝘀🚜🌿O Concello de Lobios continúa coas tarefas de desbroce e limpeza de vías ...
28/05/2026

🚜🌿 𝗧𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘀𝗯𝗿𝗼𝗰𝗲 𝗲 𝗹𝗶𝗺𝗽𝗲𝘇𝗮 𝗲𝗻 𝗟𝗼𝗯𝗶𝗼𝘀🚜🌿

O Concello de Lobios continúa coas tarefas de desbroce e limpeza de vías e beiras, co obxectivo de mellorar a visibilidade e a accesibilidade nas nosas estradas e camiños.

👉 Estes traballos están a ser realizados polo Ges Lobios , contando tamén co apoio do tractor recibido recentemente, o que permite reforzar e axilizar as actuacións.

🌱 Seguimos traballando por un concello máis seguro, coidado e accesible para todos.

🗞𝗟𝗼𝗯𝗶𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼𝘀"Daniela Fontao llena de orgullo a Maceda y Lobios tras su paso por 'The Voice Kids'"-Diario gallego.👀...
28/05/2026

🗞𝗟𝗼𝗯𝗶𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼𝘀
"Daniela Fontao llena de orgullo a Maceda y Lobios tras su paso por 'The Voice Kids'"-
Diario gallego.

👀Podes ver as súas marabillosas actuacións na
⏯Canle Youtube de The Voice Kids Portugal 2026 - The Voice Portugal https://youtu.be/tQcEYLW-x78?si=2VsNG5oLGDeInjUU

Moitos parabéns, Daniela. Escoitarte cantar é un gran pracer‼️😍

🧩𝑬𝑫𝑼𝑻𝑹𝑶𝑼𝑳𝑨, 𝒏𝒂 𝑩𝒊𝒃𝒍𝒊𝒐𝒕𝒆𝒄𝒂 𝒅𝒐 𝑪𝑬𝑰𝑷 𝑷𝒍𝒖𝒓𝒊𝒍𝒊𝒏𝒈𝒖̈𝒆 𝒅𝒐 𝑿𝒖𝒓𝒆́𝒔A Biblioteca do CEIP do Xurés quere convidarte a coñecer a súa p...
27/05/2026

🧩𝑬𝑫𝑼𝑻𝑹𝑶𝑼𝑳𝑨, 𝒏𝒂 𝑩𝒊𝒃𝒍𝒊𝒐𝒕𝒆𝒄𝒂 𝒅𝒐 𝑪𝑬𝑰𝑷 𝑷𝒍𝒖𝒓𝒊𝒍𝒊𝒏𝒈𝒖̈𝒆 𝒅𝒐 𝑿𝒖𝒓𝒆́𝒔

A Biblioteca do CEIP do Xurés quere convidarte a coñecer a súa participación no proxecto Edutroula.

Edutroula: É unha actividade organizada polo Seminario Intercentro “Innovación é Cooperación na escola rural” tivo como finalidade recoller cantigas e xogos populares na Baixa Limia e visibilizar e recoller o patrimonio inmaterial coa participación das familias e da comunidade social.
Contaron coa participación das Cantareiras de Grou e a Casa do maior Arco da Vella, a participación deste Concello de Lobios e co Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo e de todas as familias do centro, materializando as aportacións da comunidade no festexo do día das familias no noso Colexio o CEIP Plurilingüe do Xurés. 🤩

🔗Máis info e galería de imaxes no seu blogue https://biblioxures.blogspot.com/

🌄 𝐏𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐓𝐔𝐑𝐈́𝐒𝐓𝐈𝐂𝐀 𝐞𝐧  𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬As Portas do Xurés abren unha vez máis para dar cobertura á información tur...
27/05/2026

🌄 𝐏𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐓𝐔𝐑𝐈́𝐒𝐓𝐈𝐂𝐀 𝐞𝐧 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬

As Portas do Xurés abren unha vez máis para dar cobertura á información turística ☀️

📅 Durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2026
🗓️ Aberto de mércores a domingo
🕘 Horario:
• Mañás: 10:00 a 14:00
• Tardes: 16:00 a 20:00

📍 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬 - Estrada de Portugal, 25 - Lobios - Ourense
Centro de Interpretación da Flora do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés

👉 Un espazo perfecto para descubrir a riqueza natural do noso entorno e planificar a túa visita ao Xurés

🌿 Achégate, infórmate e goza da natureza!

con Deputación de Ourense

27/05/2026
♨💧𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗕𝗘𝗡𝗘𝗦𝗧𝗔𝗥 𝗘𝗡 𝗕𝗔𝗟𝗡𝗘𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦👩‍🦳🧓A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Un prog...
26/05/2026

♨💧𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗕𝗘𝗡𝗘𝗦𝗧𝗔𝗥 𝗘𝗡 𝗕𝗔𝗟𝗡𝗘𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦👩‍🦳🧓
A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios.
Un programa para persoas maiores de 60 anos de Galicia, pensado para seguir gañando en saúde e calidade de vida, a través do descanso e dos beneficios das augas termais.

Procedemento BS607A Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade

🗓Prazo de solicitudes: 27/05/2026 00:00 - 26/06/2026 23:59
🔗Máis información: https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/benestar-en-balnearios

🧹 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬O Concello de Lobios continúa co proxecto de limpeza e mantemento dos espaz...
26/05/2026

🧹 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐦𝐩𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬

O Concello de Lobios continúa co proxecto de limpeza e mantemento dos espazos públicos, levando a cabo tarefas de acondicionamento das beirarrúas na capitalidade.

👉 Estas actuacións permiten mellorar a imaxe do noso entorno, favorecer a seguridade peonil e contribuír a un espazo máis coidado para toda a veciñanza.

🌿 Seguimos traballando por un Lobios máis atractivo e agradable para vivir e visitar.

Dirección

Carretera De Portugal, 27
Lobios
32870

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Lobios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir