Patrimonio do Xurés

Patrimonio do Xurés Proxecto para o estudo, análise e posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Dámosvos a benvinda á páxina Patrimonio do Xurés, a cal é unha pequena parte dun proxecto chamado “Estudo, análise, diagnose, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX)”, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco

do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Iniciado no mes de setembro de 2015, estenderase até finais de marzo de 2016 e está a ser realizado na RBTGX, na súa parte galega, onde cultura e natureza están profundamente relacionadas. O obxectivo do proxecto é dar a coñecer o patrimonio cultural e histórico, dun xeito integral, vinculándoo co patrimonio natural da RBTGX. Céntrase a metodoloxía na busca da implicación dos veciños e das veciñas que habitan este territorio. A participación da comunidade é fundamental no deseño dunha iniciativa que nace da vontade de facer do patrimonio un ben común para a sociedade, e en particular, para a veciñanza que o usa e conserva. Tense como eixo central a recollida de información directa das persoas que habitan a zona da RBTGX, complementada coa análise e estudo da bibliografía máis relevante.

Dirección

Parque Natural Baixa Limia-Xurés Estrada De Portugal, 34
Sober
32870

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00
Sábado 09:00 - 15:00
Domingo 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Patrimonio do Xurés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir