08/07/2026
👉🏻Hoxe estivemos no cemiterio de Vilacoba en Lousame, acompañando ás familias e ao equipo de técnicos forenses e arqueólogos que traballan na procura dos restos óseos de tres persoas asasinadas se cre poderían estar soterradas neste lugar: Maria Pepa, Antonio Vilas, e o xastre de Ribeira, Manuel García Hermo.
🏛️ Ata alí desprazouse a deputada de Dereitos Civís, Sol Agra, para acompañar nesta excavación sufragada pola Deputación da Coruña. O noso deber como partido político é contribuír a que estas persoas poidan ter, por fin, unha sepultura digna; recuperar a súa memoria e dignificar as súas figuras.
👉🏻 Estes tres veciños foron asasinados por reivindicar os seus dereitos e valores democráticos que os fascistas buscaban reprimir.
📝 Anxo Moledo, voceiro do BNG de Lousame, anunciou que imos presentar unha moción para que o cemiterio de Vilacova sexa recoñecido oficialmente como espazo de memoria, xa que nel repousan moitos represaliados do franquismo da nosa comarca
❗️É unha obriga democrática dignificar este lugar e garantir que as vítimas reciban o recoñecemento e a memoria que merecen.