20/08/2026
No corazón da Serra dos Ancares, na pequena aldea de Cabanas Antigas (Cervantes), atópase Las Cabañas de Ancares, un aloxamento rural composto por catro cabanas independentes, con diferentes capacidades para adaptarse tanto a parellas como a familias ou pequenos grupos.
Aquí, o verdadeiro luxo é outro: o silencio, o aire puro e unha paisaxe que invita a desconectar das présas e reconectar coa natureza. A experiencia complétase con obradoiros de elaboración de pan, unha tina nórdica ao aire libre para relaxarse tras un día de montaña e un espazo pet friendly, porque aquí as mascotas tamén son benvidas.
Ademais, en Cabañas de Ancares animan ás persoas visitantes a descubrir o territorio recomendando outras empresas locais onde vivir experiencias, degustar gastronomía ou mercar produtos de proximidade, contribuíndo así a fortalecer a economía e a identidade dos Ancares.
A súa adhesión ao Club de Produto Soy Ecoturista reflicte o compromiso de Cabañas de Ancares coa conservación da contorna, coa posta en valor da Reserva da Biosfera e cun turismo responsable que contribúe ao desenvolvemento do territorio.
💚 Un lugar para descansar, descubrir a montaña e vivir Os Ancares dun xeito auténtico.