Deputación de Lugo

Deputación de Lugo San Marcos, 8, Lugo
www.deputacionlugo.gal Páxina oficial da Deputación de Lugo en Facebook. Estamos ao servizo dos 67 concellos que forman a provincia.

🔥 A Deputación de Lugo asiste ao espectáculo da Asemblea Galaecia e da Declaración de Guerra do Arde Lucus.🗣️ Miguel Fer...
19/06/2026

🔥 A Deputación de Lugo asiste ao espectáculo da Asemblea Galaecia e da Declaración de Guerra do Arde Lucus.

🗣️ Miguel Fernández destacou a relevancia deste evento “que representa a rebelión dos pobos galaicos fronte ao Imperio Romano”, e felicitou ás asociacións e clans castrexos que fan posible a súa celebración.

📌 A institución provincial é a principal administración colaboradora desta festa romano-castrexa. Achega 50.000 euros co obxectivo de reforzar a proxección e a calidade dunha das citas culturais e turísticas máis importantes da capital lucense.

👉🏻 https://deputacionlugo.gal/es/node/84544

✍🏻 A Deputación de Lugo formaliza a sinatura do convenio do Arde Lucus garantido a colaboración co Concello de  .📌 A ins...
19/06/2026

✍🏻 A Deputación de Lugo formaliza a sinatura do convenio do Arde Lucus garantido a colaboración co Concello de .

📌 A institución provincial destina 50.000 euros a este evento, reafirmando así o seu compromiso coa promoción das iniciativas que contribúen á dinamización económica, cultural e turística do territorio.

🗣️ A sinatura do convenio realizouse no Pazo de San Marcos coincidindo cun encontro institucional solicitado polo Concello de Lugo no marco da rolda de reunións que a Presidencia da Deputación está a manter cos alcaldes e alcaldesas da provincia para coñecer as súas demandas e reforzar a cooperación entre administracións.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/84542

🔥 A Deputación de Lugo achega 50.000€ ao Arde Lucus e consolídase como principal institución colaboradora.✅ A Xunta de G...
19/06/2026

🔥 A Deputación de Lugo achega 50.000€ ao Arde Lucus e consolídase como principal institución colaboradora.

✅ A Xunta de Goberno vén de aprobar o convenio de colaboración co Concello de Lugo para contribuír un ano máis ao financiamento da edición 2026 desta celebración romano-castrexa, “un dos sinais de identidade da cidade e da provincia”.

✅ A institución provincial deu tamén luz verde a novos acordos de cooperación cos concellos de Trabada e Ourol por 365.000€ e dúas contratacións por 100.000€ para avanzar na transformación dixital e apoiar a promoción económica.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/84540

🤝🏻 A Deputación de Lugo activa 1,5M€ en mobilidade para renovar 8 estradas e modernizar o Parque Móbil.✅ A Xunta de Gobe...
19/06/2026

🤝🏻 A Deputación de Lugo activa 1,5M€ en mobilidade para renovar 8 estradas e modernizar o Parque Móbil.

✅ A Xunta de Goberno aprobou este venres diferentes actuacións en vías provinciais ao seu paso por Xermade e Paradela por máis de medio millón de euros e adxudicou tamén obras en Taboada, Palas de Rei, Friol e Chantada por outros 814.000€.

✅ Licitada ademais unha nova escavadora de cadeas de goma por preto de 160.000€ que é especialmente útil na limpeza de cunetas e que permitirá dar unha resposta máis áxil e eficaz ás necesidades dos concellos en materia de infraestruturas.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/84528

📌 O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres no acto de ...
19/06/2026

📌 O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres no acto de declaración do Vello Cárcere de como novo Lugar de Memoria Democrática.

🗣️ Nesta cita, á que tamén asistiu o Secretario de Estado de Memoria Democrática e o Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Fernández recalcou que “este é un espazo que forma parte da historia de Lugo. Un espazo que durante décadas foi testemuña da privación e isto supón un recoñecemento institucional de enorme relevancia”.

📍 A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e a Alcaldesa de   de Ulla e Deputada de Promoción do Territorio e ...
19/06/2026

📍 A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e a Alcaldesa de de Ulla e Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron a programación da inauguración do Parque Central de Galicia, que terá lugar o vindeiro 28 de xuño.

🎶 A xornada, aberta á cidadanía, contará con actuacións da Asociación Cultural Fiadeira, a Coral Polifónica Sons do Farelo, a Banda de Música de Antas e o concerto de Treixadura, ademais dunha mostra de produtos gastronómicos de proximidade.

Unha celebración para poñer en valor o rural, a cultura e a identidade do corazón de Galicia.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/84524

🌏 Lugo abre novas portas á internacionalización.✅ O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, partic...
19/06/2026

🌏 Lugo abre novas portas á internacionalización.

✅ O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na inauguración da segunda xornada do Foro Internacional Empresarial Galicia-Asia, un encontro que reúne empresas e expertos para impulsar novas alianzas e oportunidades de negocio.

🔴 A provincia conta con sectores estratéxicos, talento, innovación e produtos de excelencia que poden competir e medrar nos mercados internacionais.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/84512

🔥 Carmela López e Miguel Fernández participan no inicio do Arde Lucus coa entrada das lexións romanas pola Ponte Romana ...
18/06/2026

🔥 Carmela López e Miguel Fernández participan no inicio do Arde Lucus coa entrada das lexións romanas pola Ponte Romana e o acendido do lume sagrado de Vesta que simboliza o inicio da festa.

🙌🏻 Esta cita de Interese Turístico Internacional conta cunha colaboración da Deputación de Lugo de 50.000€.

👉🏻 https://deputacionlugo.gal/es/node/84511

🎈 Preto de 40 persoas participan no obradoiro de globoflexia que organiza a Deputación de Lugo no marco do Arde Lucus.🗣️...
18/06/2026

🎈 Preto de 40 persoas participan no obradoiro de globoflexia que organiza a Deputación de Lugo no marco do Arde Lucus.

🗣️ O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, acompañou esta tarde ás familias que asistiron a esta iniciativa, impulsada pola institución provincial, para contribuír á ambientación da festa romano-castrexa mediante a elaboración de globos inspirados na antiga Roma.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/84510

🌞 A Deputación de Lugo pon en marcha unha ampla campaña divulgativa para que a veciñanza poida g***r con seguridade da  ...
17/06/2026

🌞 A Deputación de Lugo pon en marcha unha ampla campaña divulgativa para que a veciñanza poida g***r con seguridade da solar do próximo 12 de agosto.

📦 Xa estamos a distribuír por todos os concellos da provincia 35.000 gafas homologadas e 45.000 dípticos informativos, adaptando o reparto ao número de habitantes de cada municipio.

🎤 Ademais, organizamos 10 charlas gratuítas en distintos puntos da provincia da man da doutora en Astrofísica Lucía González, nas que se explicarán as características deste fenómeno excepcional e as recomendacións para a súa observación segura.

🌍 será un dos lugares máis privilexiados do mundo para contemplar esta eclipse, un acontecemento que non se poderá volver ver nestas condicións ata dentro de moitos anos.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/84506

Dirección

San Marcos, 8
Lugo
27001

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Deputación de Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Deputación de Lugo:

Compartir