PSdeG-PSOE Antas de Ulla

PSdeG-PSOE Antas de Ulla Páxina de Facebook da agrupación socialista de Antas de Ulla

22/03/2024

Deixámosvos a resposta da nosa compañeira ás preguntas sobre ALTRI ao remate da rolda de prensa sobre a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo

08/02/2024
21/01/2024

21/01/2024

MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ: "TRAS MÁIS DUN MES DE INACCIÓN ANTE A MAREA DE PLÁSTICO, RUEDA SÓ SE INTERESA POLA MARIÑA PARA FACER UNHA FOTO DE PROPAGANDA NUNHA FOODTRUCK"

- A número 3 da candidatura socialista ás autonómicas pola provincia subliñou que a visita de hoxe a Ribadeo "é a mostra de como actúa o PP, da súa inacción, incompetencia e soberbia ante a crise ambiental e ante calquera problema. Rueda esconde a cabeza e culpa aos demais”

- "Galicia necesita liderado, as ideas e as respostas que ofrecemos os socialistas con José Ramón Gómez Besteiro. Non podemos perder máis tempo coa inercia de Rueda. Necesitamos o impulso de Besteiro”

A candidata número 3 por Lugo ao Parlamento de Galicia, Mayra García Bermúdez, criticou a visita electoralista que fixo Rueda a Ribadeo este sábado. “Pasou máis dun mes desde que a Xunta de Galicia tivo constancia de que os pellets de plástico chegaban ás nosas costas e non se preocupou en como estabamos na Mariña, nin chamou nin veu, e chega hoxe para facer unha foto de propaganda nunha foodtruck, como se o problema non existise”, incidiu a socialista.

“Máis dun mes no que Rueda non se preocupou de vir á Mariña para ver como afectaba a crise ambiental ás nosas praias, no que non chamou aos alcaldes e alcaldesas, no que cargou aos concellos coa responsabilidade de limpar os plásticos sen aportar medios nin orzamento”, incidiu Mayra García Bermúdez.

“Un mes de total e absoluto abandono. E hoxe encontrámonos con que o señor Rueda vén á nosa comarca, reunirse cun Alcalde do PP para sacar unha foto de propaganda", indica a socialista ante a visita deste sábado.

“A Xunta do PP: inacción, incompetencia e soberbia”

García Bermúdez explica que a visita de hoxe é unha mostra máis de como actúa a Xunta do Partido Popular. “A mostra da inacción, da incompetencia e da soberbia ante esta crise, pero tamén ante a da Covid, cando nos deixou totalmente sós aos concellos, ante a situación de Alcoa e e ante calquera problema. Rueda esconde a cabeza e culpa aos demais”, asevera García Bermúdez, quen viviu en primeira persoa como Alcaldesa de Trabada os desprezos de Rueda a esta comarca.

“Os mariñáns e mariñás, e todos os galegos e galegas estamos perdendo oportunidades. Primeiro Feijóo e logo Rueda, os dous lastraron á Mariña nestes 15 anos. Pararon infraestruturas fundamentais, como é a VAC Costa Norte e desmantelaron a sanidade pública".

O impulso de Besteiro

Mayra García Bermúdez subliñou que Galicia "necesita o liderado, as ideas e as respostas que ofrecemos os socialistas con José Ramón Gómez Besteiro. Non podemos perder máis tempo coa inercia de Rueda. Necesitamos o impulso de Besteiro”.

De feito, concretou que o candidato socialista á Presidencia da Xunta xa presentou un plan de acción para potenciar o consumo do peixe galego, que sufriu unha caída de consumo dun 32% na última década. Así mesmo, comprometeuse a establecer medidas como a introdución de peixe tres veces á semana nos comedores escolares, hospitais e centros de maiores que dependen da Xunta; e avanzou que impulsará o consumo e as accións educativas, priorizando aos mozos e mozas na promoción do consumo de peixe.

“A Xunta deixou sen executar o 51% do fondo europeo para a Pesca (FEMP), perdendo unha importante oportunidade para a modernización do sector pesqueiro. Un exemplo claro da mala xestión do PP na Xunta nos últimos dez anos”, indicou García Bermúdez, poñendo outro exemplo da mala xestión do Goberno que encabeza Alfonso Rueda.

21/12/2023
21/12/2023
📌 Sobre as escusas de Javier Varela intentando xustificar a ausencia no pleno de   do grupo municipal do PP, os feitos r...
05/11/2023

📌 Sobre as escusas de Javier Varela intentando xustificar a ausencia no pleno de do grupo municipal do PP, os feitos revelan que non desacredita quen quere, senón quen pode.

👉 1°. As contas do 2022 quedaron sen elaborar e sen someter á Comisión de Contas por parte de Javier Varela antes do 1 de xuño, tal e como era a súa obriga, xa que a nova corporación tomou posesión o 17 de xuño. Sorpresa? Non, non cumpriu con esa obriga esta vez nin os 25 anos anteriores.

Nesta ocasión non veu a un pleno no que se votaba a súa propia xestión e a escusa resulta cativa.

👉 2°. Resúltalle raro que se convoque un pleno extraordinario para traballar un sábado pola mañá, e mesmo un cambio de data, a quen non respetaba a periodicidade cada tres meses que él mesmo establecía. Agora os plenos ordinarios son cada dous meses os xoves pola tarde.

👉 3°. A responsabilidade e obriga da Alcaldía é convocar os plenos e a dos concelleiros é asistir aos mesmos para debatir e votar os asuntos da orde do día, máis se cabe cando se trataba da súa propia xestión. Pode que a intención fora que non se falara... á vista están os feitos sobre a xestión.

👉 4°. Falando de caprichos e prioridades, Javier Varela xa foi deputado na Deputación de Lugo nos seus primeiros anos como alcalde, e agora volta a selo de novo. As prioridades non aparentan ser diferentes a pesar dos anos transcorridos, e o traballo non semella ser o importante.

👉 5°. O marcador de Javier Varela neste mandato marca unha falta no pleno da Deputación e unha falta no pleno do Concello. Ver para crer!

🌹 Representantes das diferentes federacións provinciais do PSOE reúnense para presentar un manifesto de apoio á investid...
02/10/2023

🌹 Representantes das diferentes federacións provinciais do PSOE reúnense para presentar un manifesto de apoio á investidura de Pedro Sánchez 👇🏽

Todos los secretarios provinciales del PSOE firman un manifiesto en el que piden a Pedro Sánchez que avance, con el apoyo de todos los territorios, para form...

20/09/2023

🌹✊🏽

José Ramón Gómez Besteiro tamén contará co apoio dos socialistas de   porque é o mellor candidato para Galicia. Como xa ...
14/08/2023

José Ramón Gómez Besteiro tamén contará co apoio dos socialistas de porque é o mellor candidato para Galicia. Como xa fixo cando foi presidente da Deputación de Lugo defende os intereses da nosa provincia e sempre estivo a carón dos veciños de Antas atendendendo ás necesidades que se presentaron

«Non vai haber adianto electoral porque os números non lle dan ao PP», cre o dirixente socialista, que defende os resultados do seu partido da provincia no pasado 23 de xullo

Dirección

Avenida Do Xeneral Portomeñe, 4
Lugo
27570

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Antas de Ulla publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir