Concello de Ourol

Concello de Ourol Concello de Ourol
O Mesón s/n 27865
Tlf: 982 559109 Fax: 982 559002

Onte tivemos a actividade Cociña creativa e nutritiva dentro do programa Ler Conta Moito. Gracias a Silvia Rábade de Esc...
29/05/2026

Onte tivemos a actividade Cociña creativa e nutritiva dentro do programa Ler Conta Moito. Gracias a Silvia Rábade de Escuchando Elefantes polo momento tan orixinal e entretenido que pasamos, e gracias tamén a todas as persoas que asistiron a esta actividade.

Novidades na biblioteca!
27/05/2026

Novidades na biblioteca!

PROGRAMA EDUCANDO EN FAMILIA: CHARLA FAMILIAS QUE COIDAN, FAMILIAS QUE ESCOITAN O Concello de Ourol, a través do Program...
27/05/2026

PROGRAMA EDUCANDO EN FAMILIA: CHARLA FAMILIAS QUE COIDAN, FAMILIAS QUE ESCOITAN

O Concello de Ourol, a través do Programa Educando en Familia e coa colaboración do Departamento de Servizos Sociais, organiza a charla “Familias que coidan, familias que escoitan”, dirixida a todas as familias do concello interesadas nesta actividade.
Esta sesión forma parte dun ciclo de charlas programadas como peche do curso escolar e será impartida por unha pedagoga especialista en intervención educativa-familiar.
📅 Sábado, 6 de xuño de 2026
📍 Antigo Colexio de Ourol
🕚 De 11:00 a 12:30 horas
Un espazo para reflexionar, compartir e fortalecer a comunicación e o acompañamento familiar. Agardámosvos!

26/05/2026
Lembrade, este xoves ás 17:00h no multiusos de Ourol.
25/05/2026

Lembrade, este xoves ás 17:00h no multiusos de Ourol.

Descubre os segredos, a historia e a maxia que se agochan nesta novela. Xa está dispoñible para préstamo na biblioteca d...
21/05/2026

Descubre os segredos, a historia e a maxia que se agochan nesta novela. Xa está dispoñible para préstamo na biblioteca de Ourol. Pásate pola biblioteca e sé dos primeiros en levala para a casa!

A cociña pode ser creativa e divertida e sobre todo nutritiva.  Neste obradoiro elaboraremos receitas que posteriormente...
15/05/2026

A cociña pode ser creativa e divertida e sobre todo nutritiva. Neste obradoiro elaboraremos receitas que posteriormente nos apeteza cociñar na casa. Inspirarémonos en libros, películas, arte... Receitas con nutrientes, con paixón e sobre todo riquísimas e nutritivas!!
Elaboramos recetas para logo cociñalas na casa.
Obradoiro impartido por: Escuchando Elefantes

Compartimos imaxe da sesión do CURSO DE MOBILIZACIÓNS E COIDADOS A PERSOAS DEPENDENTES, celebrado o pasado 7 de maio no ...
11/05/2026

Compartimos imaxe da sesión do CURSO DE MOBILIZACIÓNS E COIDADOS A PERSOAS DEPENDENTES, celebrado o pasado 7 de maio no Edificio Multiusos do Concello de Ourol.
Esta actividade foi organizada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saúde, e foi impartida polas fisioterapeutas do Centro de Saúde de Ortigueira, que ofreceron unha sesión moi práctica, participativa e de gran utilidade para as persoas asistentes.
Queremos expresar o noso agradecemento ás profesionais encargadas da formación pola súa profesionalidade, implicación e pola maneira tan amena na que desenvolveron a actividade, facilitando coñecementos e técnicas moi importantes para o coidado e mobilización de persoas dependentes.
Do mesmo xeito, agradecemos sinceramente a asistencia, participación e interese mostrado por todas as persoas participantes, xa que o seu apoio é o que nos motiva a seguir organizando actividades de dinamización da comunidade e promoción do benestar da nosa veciñanza.

Dirección

O Mesón S/n
Lugo
27865

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

982559109

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ourol publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ourol:

Compartir