11/12/2024
O vindeiro sábado 14 de decembro ao redor de 250 persoas xuntarémonos no ximnasio do CPI Ramón Piñeiro para g***r dunha xornada de recordos no centro educativo que nalgún momento formou parte da nosa vida. Será o punto e final dos actos do 50 aniversario que foron inaugurados alá polo mes de maio polo Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez.
Na devandita xornada, as portas do centro educativo abriranse ás 13:00 horas. O acceso será pola porta do aparcadoiro de coches cara o edificio administrativo. Neste edificio poderase visitar un exposición con máis de mil fotos que compoñen un percorrido pola memoria histórica do centro e polo recordo dos que nalgún momento formastes parte desta comunidade educativa (haberá un libro de sinaturas na entrada); no propio salón de actos ademais das fotos tamén teremos documentos históricos do centro, materiais educativos doutras épocas, libros antigos etc.
Posteriormente visitarase a planta baixa do edificio principal, a biblioteca, os patios e por suposto o propio ximnasio, lugar ao que se accederá a partir das 14:15 horas para celebrar a comida.
Bo ambiente, música en directo, recordos, cordialidade, anécdotas, abrazos, moitas risas e algunha que outra sorpresa, espéranos nun día que desexamos perdure na memoria dos que nos sentimos unidos a un centro educativo familiar, con moita historia e con moita memoria.
Vémonos este sábado !!