CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia Somos a autoridade de control dos alimentos ecolóxicos de Galicia. Busca a garantía oficial do selo eco Craega.

O Craega é o órgano encargado do control e certificación das producións ecolóxicas en Galicia.

10/09/2026

🍅 𝗣𝗼𝗿 𝗾𝘂𝗲 𝗵𝗮𝗶 𝘁𝗼𝗺𝗮𝘁𝗲𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝘅𝗮 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝗮𝗯𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗺𝗮 𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗵𝗼𝗿𝘁𝗮?

Esta fin de semana, a Televisión de Galicia abordou no seu informativo un tema que moitas persoas comentan cada verán: a diferenza de sabor entre os tomates collidos no seu punto e aqueles que chegan á compra despois de madurar fóra da planta.

Na peza participa Edmundo Maseda, operador ecolóxico certificado polo Craega no Valadouro, con case 30 anos de experiencia e dez invernadoiros dedicados á produción eco 🌱

A explicación é clara: para que o tomate teña sabor, aroma e dozura, precisa tempo de maduración na planta, ademais dunha variedade adaptada ao territorio e ao microclima de cada zona.

Un bo exemplo do valor da produción ecolóxica certificada: produto coidado, de tempada, ligado á terra e cunha maneira de traballar que respecta os tempos naturais do cultivo 💚

📰 A comunicación é clave para dar a coñecer o traballo do sector ecolóxico galego e achegalo cada vez a máis persoas.Hox...
10/09/2026

📰 A comunicación é clave para dar a coñecer o traballo do sector ecolóxico galego e achegalo cada vez a máis persoas.

Hoxe recibimos na sede do Craega a visita de José María Álvarez Vilabrille, director comercial de El Progreso de Lugo, con quen compartimos impresións arredor da promoción da produción ecolóxica, da importancia de seguir visibilizando o labor dos operadores certificados e do papel dos medios na difusión do produto galego eco.

Un encontro que nos permite seguir reforzando lazos co tecido empresarial e comunicativo de Lugo, unha cidade desde a que o Craega traballa para todo o sector eco de Galicia 🌱💚

Grazas pola visita e polo interese no labor do Consello!

🍏 Galicia é unha potencia na produción de mazá para sidra, e A Estrada ten un papel moi destacado neste sector.A consell...
08/09/2026

🍏 Galicia é unha potencia na produción de mazá para sidra, e A Estrada ten un papel moi destacado neste sector.

A conselleira do Medio Rural, Maria Jose Gómez, visitou hoxe as cooperativas Ullama e Maestra, nunha campaña de colleita que este ano se adiantou polas condicións climatolóxicas do verán.

Na visita estivo presente Mónica Brey, vicepresidenta do Craega e produtora de mazá de sidra na Estrada, un concello que concentra arredor de 120 das 400 hectáreas certificadas en ecolóxico para este cultivo en Galicia 🌱

Desde o Craega poñemos en valor o traballo das persoas produtoras e o peso dun sector que xera actividade, transforma produto no territorio e reforza a calidade diferenciada da produción ecolóxica galega 💚

🍇 𝗨𝘃𝗮𝘀 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗰𝗲𝗿𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗱𝗮𝘀: 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝗻𝗮𝘀, 𝗱𝗼𝗰𝗲𝘀 𝗲 𝗺𝗼𝗶 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗮𝗱𝗮 💚Setembro é un bo momento para g***r deste produto, fr...
07/09/2026

🍇 𝗨𝘃𝗮𝘀 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗰𝗲𝗿𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗱𝗮𝘀: 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝗻𝗮𝘀, 𝗱𝗼𝗰𝗲𝘀 𝗲 𝗺𝗼𝗶 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗮𝗱𝗮 💚

Setembro é un bo momento para g***r deste produto, fresco e fácil de incorporar á nosa alimentación diaria. As uvas achegan auga, fibra e antioxidantes naturais, como os polifenois 🌱

Cando son ecolóxicas certificadas, ademais, sabemos que foron cultivadas baixo unha normativa específica, con control e trazabilidade, sen OMG nin pesticidas nin fertilizantes químicos de síntese.

Un bocado sinxelo para saborear a tempada con todas as garantías do selo ecolóxico certificado 😉

🌱 𝗤𝘂𝗲 𝗶𝗺𝗽𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗮 𝗰𝗲𝗿𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗮?Cando falamos dun produto eco certificado non nos referimos unicamen...
03/09/2026

🌱 𝗤𝘂𝗲 𝗶𝗺𝗽𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗮 𝗰𝗲𝗿𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗮?

Cando falamos dun produto eco certificado non nos referimos unicamente a un selo na etiqueta, senón tamén a controis, trazabilidade, diferenciación e unha garantía para quen merca.

A certificación permite comprobar que o produto cumpre coa normativa ecolóxica en todas as fases: produción, elaboración, comercialización e etiquetaxe ✅

Por iso é tan importante mirar ben a etiqueta e buscar sempre o logotipo ecolóxico europeo, o código do organismo de control e, nos produtos certificados en Galicia, o selo do Craega.

Certificación ecolóxica: confianza para quen consome e valor para quen produce 💚

🍇🍎 𝗦𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻 𝘀𝗮𝗯𝗲 𝗮 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗼Co cambio de mes chegan novos sabores de tempada: uvas, mazás, figos, peras, cabazas...
02/09/2026

🍇🍎 𝗦𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻 𝘀𝗮𝗯𝗲 𝗮 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗼

Co cambio de mes chegan novos sabores de tempada: uvas, mazás, figos, peras, cabazas… produtos que nos lembran que cada época do ano ten o seu propio ritmo e a súa propia despensa 🌱

Escoller alimentos ecolóxicos certificados é apostar por produtos con orixe, control e trazabilidade, cultivados baixo unha normativa específica e cunha forma de produción máis respectuosa coa contorna.

Este setembro, enche a cesta de tempada e busca sempre o selo ecolóxico certificado 💚

🌱 O pasado venres estivemos na Casa de Labor de Pousadoiro, nunha sesión formativa do Obradoiro de Emprego "Redondela Na...
31/08/2026

🌱 O pasado venres estivemos na Casa de Labor de Pousadoiro, nunha sesión formativa do Obradoiro de Emprego "Redondela Natureza" (Obradoiros de Emprego Redondela), un programa mixto de formación e emprego.

Marcos Vázquez, responsable de Promoción do Craega, impartiu unha clase maxistral dirixida ao alumnado-traballador da especialidade de Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica, co obxectivo de complementar a formación que están a recibir nesta materia.

Durante a sesión abordáronse cuestións como a certificación da produción ecolóxica, a normativa europea, o funcionamento do Consello, o proceso de inscrición, o selo ecolóxico e os controis que garanten a trazabilidade dos produtos certificados.

A actividade enmárcase nun ciclo de masterclass no que se convida a técnicos e expertos para afondar en temas concretos. Neste caso, a xornada serviu para achegar ao alumnado a certificación ecolóxica dunha maneira dinámica, instrutiva e participativa, asentando coñecementos e resolvendo dúbidas arredor do sector eco 🤝

Desde o Craega vemos moi interesante a posta en marcha de obradoiros de emprego que incorporen módulos relacionados coa produción e a comercialización de produtos ecolóxicos, xa que contribúen a formar persoas preparadas para traballar nun sector con presente e con moito percorrido en Galicia.

Grazas ao Obradoiro de Emprego "Redondela Natureza", ao Concello de Redondela e á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por facer posibles espazos de formación que axudan a achegar a produción ecolóxica ao territorio 💚

🤝 Estes días recibimos na sede do Craega en Lugo a visita de Antonio Ameijide, concelleiro de Infraestruturas e Mobilida...
31/08/2026

🤝 Estes días recibimos na sede do Craega en Lugo a visita de Antonio Ameijide, concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade do Concello de Lugo.

Durante o encontro puidemos achegarlle o traballo que realiza o Consello no control, certificación e promoción da produción ecolóxica galega, así como compartir impresións arredor da calidade diferenciada dos produtos certificados e do papel que xoga o sector no territorio 🌱

Lugo é unha provincia clave para a produción ecolóxica en Galicia, tanto pola súa superficie certificada como polo número de produtores e produtoras. Por iso, desde o Craega consideramos importante manter unha relación próxima co ámbito local e seguir dando visibilidade ao labor que hai detrás do selo ecolóxico certificado.

Grazas pola visita e polo interese no traballo do Consello 💚

🫑 𝗣𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗰𝗲𝗿𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗱𝗼𝘀: 𝘀𝗮𝗯𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗮𝗱𝗮 𝗲 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗮 𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝘁𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗮 𝗰𝗼𝗰𝗶𝗻̃𝗮 💚Crus, asados, en ensalada, como ...
28/08/2026

🫑 𝗣𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗲𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗰𝗲𝗿𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗱𝗼𝘀: 𝘀𝗮𝗯𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗮𝗱𝗮 𝗲 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗮 𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝘁𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗮 𝗰𝗼𝗰𝗶𝗻̃𝗮 💚

Crus, asados, en ensalada, como acompañamento ou nas receitas de sempre, os pementos son un básico destes meses e unha boa forma de sumar frescura aos nosos pratos.

Ademais de achegar fibra, auga, vitamina C e antioxidantes naturais, cando son ecolóxicos certificados sabemos que foron producidos baixo unha normativa específica, con control, trazabilidade e sen pesticidas nin fertilizantes químicos de síntese 🌱

Un produto sinxelo, de tempada e con todas as garantías do selo ecolóxico certificado.

🌱 Seguimos avanzando na conexión entre o Craega e o Campus de Lugo (Campus Terra USC)Nesta ocasión recibimos a visita de...
27/08/2026

🌱 Seguimos avanzando na conexión entre o Craega e o Campus de Lugo (Campus Terra USC)

Nesta ocasión recibimos a visita de Carlos Amiama, director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPS de Enxeñaría), con quen compartimos impresións sobre posibles liñas de colaboración vinculadas á formación, á investigación e á transferencia de coñecemento ao sector.

A proximidade da nosa sede co campus abre unha oportunidade moi interesante para manter un contacto máis directo co ámbito universitario e achegar a produción ecolóxica certificada ás persoas que formarán parte do futuro agroalimentario galego.

Un paso máis para seguir creando sinerxías desde Lugo e para o conxunto do sector eco 💚

Dirección

Rúa Carvalho Calero (Profesor) S/n Planta/2
Monforte De Lemos
27002

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Martes 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Miércoles 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Jueves 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Viernes 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir