Biblioteca Pública de Lugo

Biblioteca Pública de Lugo Benvid@ a un espazo cheo de cultura, formación, lecer e entretemento para todas as idades. O edifico actual foi inaugurado o 5 de novembro de 1987.

A Biblioteca Pública de Lugo ten a súa orixe no primeiro terzo do século XIX formándose a expensas das bibliotecas dos Mosteiros de San Xulián de Samos e de Vilanova de Lourenzá e da do Convento de San Francisco de Lugo. A súa creación oficial como Biblioteca Pública do Estado tivo lugar no ano 1944. A biblioteca dispón dun importante fondo bibliográfico antigo (incunábeis e manuscritos e libros d

os séculos XVI ao XIX). Mención especial merecen o fondo bibliográfico doado por Benito Menacho Ulibarri, composto por uns 6.841 volumes e a biblioteca particular de José Mª Montenegro, adquirida polo Ministerio de Cultura, con 2.414 volumes, ambas coleccións están instaladas en dúas salas da biblioteca, denominadas Sala Menacho e Sala Montenegro. Ten unha superficie total de 4.207m² distribuídos en catro andares.

O luns inauguramos esta exposición que nos conta a historia do teléfono na provincia de Lugo. Hai posibilidade de facer ...
03/06/2026

O luns inauguramos esta exposición que nos conta a historia do teléfono na provincia de Lugo. Hai posibilidade de facer visitas guiadas en grupo que son moi interesantes; o mail de contacto é [email protected]
Agora que xa vivimos na era das IA's generativas parece que foi hai moito tempo pero a verdade é que todo o que se conta é case de antonte e que se fixo moito, moito traballo para mellorar as posibilidades de comunicación dos lucenses. É importante non perder esa memoria




Mañá é o Día Mundial das Abellas! E o xoves hai cata de meles na biblio. Temos 30 prazas. En principio é unha actividade...
19/05/2026

Mañá é o Día Mundial das Abellas! E o xoves hai cata de meles na biblio. Temos 30 prazas. En principio é unha actividade familiar (1 adulto e 1 neno ou nena); pero se non tes nenos e estás interesad@ podes inscribirte igualmente. O importante e coñecer e ter conciencia clara do importantes que son as Abellas.



17/05/2026

Onte, celebrando o Día das Letras Galegas cos máis novos. Feliz día a tod@s!!!




Facede fronte ao frío de maio con música!! Hoxe temos a honra de dar a benvida ao Orfeón Xoan Montes. Será ás 20 h con e...
14/05/2026

Facede fronte ao frío de maio con música!! Hoxe temos a honra de dar a benvida ao Orfeón Xoan Montes.
Será ás 20 h con entrada de balde ate completar a capacidade da sala.




Aviso: o día 1 de maio a biblioteca permanecerá pechada. Abrimos o día 2, sábado, de 10 a 14 h.
30/04/2026

Aviso: o día 1 de maio a biblioteca permanecerá pechada.
Abrimos o día 2, sábado, de 10 a 14 h.



Toda a cidade e arredores sabe que estamos de festa! Hai 100 anos que celebramos o Día do Libro!E hoxe teremos o privile...
23/04/2026

Toda a cidade e arredores sabe que estamos de festa! Hai 100 anos que celebramos o Día do Libro!
E hoxe teremos o privilexio de escoitar ao coro do Hospital de Lugo que nos vén acompañar nesta celebración.




A axenda desta vindeira semana trae a presentación desde marabilloso libro que nos leva ao Camiño no século XII. Será, x...
18/04/2026

A axenda desta vindeira semana trae a presentación desde marabilloso libro que nos leva ao Camiño no século XII. Será, xustamente, o Día do Libro ás 20 h. Non atopamos mellor plan para este día!!
Agardamos que veñades celebrar con nós este día!!
Haberá un concerto antes así que música e libros farán a Festa.



Vos tamén gardades achifánfanos?? Ai! non sabedes??Pois vide hoxe ás 20 h. que vos conta Carlos...Entrada de balde ata c...
09/04/2026

Vos tamén gardades achifánfanos?? Ai! non sabedes??
Pois vide hoxe ás 20 h. que vos conta Carlos...
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.



Dirección

Avenida Ramón Ferreiro, 23
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública de Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública de Lugo:

Compartir

Categoría