Aliad-Ultreia

Aliad-Ultreia Página de la asociación Aliad Ultreia (Lugo). ALIAD-ULTREIA é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa desde 1984 con persoas en risco de exclusión.

Entre os programas destacan a atención xurídico social a persoas con condutas aditivas, diversos programas con persoas reclusas e a axuda a mulleres vítimas de violencias machistas, entre elas a trata e a explotación sexual.

Esta semana gustaríanos recomendarche algo diferente, e sobretodo, unha lectura moi necesaria nestos momentos 📖 Mediante...
03/06/2026

Esta semana gustaríanos recomendarche algo diferente, e sobretodo, unha lectura moi necesaria nestos momentos 📖

Mediante este ensayo en formato comic, Liv Stromquist levanos por unha viaxe visual, facendo que nos preguntemos ata que punto a dictadura dos cánones estéticos minaron a relación cos nosos corpos. Para isto, a autora apoiase en grandes pensadoras como Susan Sontag ou Eva Illouz. O libro acompañanos polas profundidades das redes sociais e ao exito de personaxes como as Kardashians, pero facendo paradas na decada dos 50 con Marilyn Monroe ou ao 1300 AC e o busto de Nefertiti.

Contra a volta da extrema delgadez e de imposicións estéticas que nos queren sen forzas e débiles, contra-atacamos con informacion e pensamento critico! 😈

Hoxe queremos dar visibilidade á experiencia compartida en Guatemala coas mulleres de . Grazas á intermediacion de  e da...
25/05/2026

Hoxe queremos dar visibilidade á experiencia compartida en Guatemala coas mulleres de .
Grazas á intermediacion de e da puidemos coñecer de primeira man o traballo desta entidade con mulleres víctimas de distintos tipos de violencia e compartir coas profesionais que alí traballan os nosos saberes sobre adiccións.
Estamos moi orgullosas e agradecidas de poder vivir esta experiencia e desfrutar deste aprendizaxe conxunto. Agardamos nun futuro poder seguir traballando xuntas.
Grazas por todo. ❤️

Runrún de  é unha gran novela que consegue falar en poucas páxinas de moitas realidades, removernos ao falar de saúde me...
15/05/2026

Runrún de é unha gran novela que consegue falar en poucas páxinas de moitas realidades, removernos ao falar de saúde mental e dos prexuizos en torno a ela. Fala de como isto afecta en todas as dimensión da vida: persoal, relacional e social.

Achéganos ao ámbito sanitario, de forma específica no caso das mulleres, a atención reduce á historia propia e familiar de saúde mental a unha resposta ante calquera problema de saúde, sen atender a outros eidos ou posibles causas, uns sitema colapsado e sen recursos.

Fai unha crítica moi atinada a un sistema que non está suficientemente preparado, que non escoita.

Tamen nos fala dos afectos, os dados e os escollidos, do coidado, da falta deles, da dependencia emocional, na construción de relacións tóxicas e a incapacidade de rompelas.

Con todo isto, non podemos máis que animarvos a lela!🧡

Hai encontros que van máis alá do intercambio.A visita de Kaqla en Lugo abriu espazos para compartir formas de acompañam...
28/04/2026

Hai encontros que van máis alá do intercambio.

A visita de Kaqla en Lugo abriu espazos para compartir formas de acompañamento, coñecer outras realidades e poñer en diálogo experiencias que, aínda sendo distintas, parten dun mesmo lugar: facer fronte ás violencias e construír alternativas.

Durante estes días, tecéronse conexións con recursos locais, grupos e persoas, ampliando a mirada sobre como intervir, acompañar e sosterse colectivamente.

Se queres escoitar as suas voces, podes copiar este enlace e acceder á entrevista na Cadena SER de Lugo: https://bit.ly/42wS3rK

🧡Que valor cres que teñen este tipo de intercambios?

Para todas as persoas, solicitantes ou acompañantes no proceso de regularización, vos animamos a que vaiades mañá sábado...
24/04/2026

Para todas as persoas, solicitantes ou acompañantes no proceso de regularización, vos animamos a que vaiades mañá sábado ás charla informativa que organiza co avogado da nosa asociación Gerardo Pardo de Vera, especialista en estranxeiría

(Versión en castellano)
Sábado 25 de abril a las 11:00
A Hedreira (R/ Catasol, 17)

Charla informativa sobre la regularización extraordinaria

Sesión gratuita de asesoría sobre requisitos y tramitación de la solicitud

Gerardo Pardo de Vera

Abogado especializado en Derecho Penal y Extranjería y asesor jurídico en las ONGs Aliad-Ultreia y Rescate Internacional

Esta semana Aliad Ultreia participa en Murcia no Congreso e na Asamblea de , que coa temática Intervenir para la Igualda...
17/04/2026

Esta semana Aliad Ultreia participa en Murcia no Congreso e na Asamblea de , que coa temática Intervenir para la Igualdad: Género, Violencias y Adicciones con enfoque intersectorial, aborda a atención a persas con adiccións con perspectiva de xénero. Neste evento participan ademais outras entidades galegas e de outros territorios a nivel nacional.

Falar de VIH non é quedar no pasado, é entender o que está pasando agora.España vén de dar un paso importante na prevenc...
10/04/2026

Falar de VIH non é quedar no pasado, é entender o que está pasando agora.

España vén de dar un paso importante na prevención, incorporando unha nova opción que pode facilitar o acceso a moitas persoas que, ata agora, quedaban fóra das estratexias tradicionais.

Previr non é só ter ferramentas senón que esas ferramentas sexan realistas, accesibles e adaptadas ás vidas das persoas.

Aínda que esta é unha nova opción para previr o VIH, non debemos esquecer que para ter relacións sen risco respecto ao contaxio de outras ITS, o máis efectivo segue sendo o pr********vo.

💬 Ti coñecías esta alternativa?

Hoxe en Aliad estamos profundamente apenadas polo falecemento de Dna. Ana Luisa Posada Luaces. Unha muller loitadora, co...
03/04/2026

Hoxe en Aliad estamos profundamente apenadas polo falecemento de Dna. Ana Luisa Posada Luaces. Unha muller loitadora, comprometida e con un gran corazón que durante moitos anos foi a vicepresidenta da nosa entidade.
Grazas por todo Ana! A tua pegada queda para sempre como un referente en Aliad así como nas persoas que traballamos nesta asociación.
Todo o noso apoio para a sua familia nestes duros momentos.
Descansa en paz.

Hai historias que non son fáciles de escoitar pero iso non significa que non deban ser contadas.No sé cómo era antes é u...
01/04/2026

Hai historias que non son fáciles de escoitar pero iso non significa que non deban ser contadas.

No sé cómo era antes é un podcast que pon voz á experiencia de Ángela, unha muller que viviu violencia de xénero durante anos, mostrando non só o impacto do maltrato, senón tamén as dificultades dun sistema que, en moitas ocasións, non chega a protexer.

Este episodio é unha historia sobre a pegada da violencia, pero tamén sobre as redes que as mulleres tecen para sosterse, acompañarse e saír adiante.

Un relato duro, necesario e profundamente humano.

🙂Escoitáchelo? Queremos saber a túa recomendación!

🎬 Romería, de , recupera unha parte da nosa memoria recente: a xeración atravesada pola he***na e polo VIH/sida nos anos...
19/03/2026

🎬 Romería, de , recupera unha parte da nosa memoria recente: a xeración atravesada pola he***na e polo VIH/sida nos anos 90 e o silencio que rodeou moitas desas historias.

A través da viaxe de Marina para comprender o pasado do seu pai, a película fala de identidade, estigma e das pegadas que deixa unha enfermidade cando tamén vai acompañada de xuízo social.

O filme chega ademais con recoñecemento da industria, tras recibir nominacións aos Premios Goya 2026, consolidando a sensibilidade e forza narrativa de Carla Simón.

Unha proposta necesaria para mirar ao pasado con máis conciencia no presente.

Dirección

Rúa Milagrosa 99/101
Lugo
27003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aliad-Ultreia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir