Grupo Municipal Socialista Concello de Lugo

Grupo Municipal Socialista Concello de Lugo Perfil Oficial do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo. Escoitar, traballar e mellorar.

📸 Hoxe tocaba defender a Lugo no maior escaparate turístico do mundo, FITUR. Pero, sorprendentemente, a cadeira de Elena...
24/01/2025

📸 Hoxe tocaba defender a Lugo no maior escaparate turístico do mundo, FITUR. Pero, sorprendentemente, a cadeira de Elena Candia quedou baleira.

Despois dunha semana entregada a compartir foto con figuras do PP nacional e asistir a actos que nada teñen que ver coa cidade, cando tocaba apoiar ao municipio, decidiu volver a Lugo… para facer o que mellor sabe: sementar discordia e criticar os orzamentos de 2025. 🤷‍♂️

“Lugo o Primeiro” era o seu eslogan, pero na práctica queda claro que para ela Lugo non ocupa nin o segundo, nin o terceiro, nin sequera o cuarto lugar. Porque cando toca apoiar, ela sempre ten algo máis urxente que facer.

As imaxes falan por si soas. E a cadeira baleira tamén.

Hoxe, a nosa concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, acompañou a Accem na inauguración da súa nova sede en...
11/10/2024

Hoxe, a nosa concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, acompañou a Accem na inauguración da súa nova sede en Lugo, un espazo que suma forzas para construír unha sociedade máis xusta e solidaria. 💪

En tempos nos que a ultradereita insiste en sementar odio e medo contra persoas que só buscan unha vida mellor, é máis necesario que nunca o traballo de entidades como Accem. Porque fronte á intolerancia, nós apostamos polos dereitos humanos e a dignidade de todas as persoas, sexan de onde sexan. ✊

Seguimos comprometidos coa igualdade e coa defensa dunha cidade inclusiva e respectuosa cos dereitos de todos e todas.

Dirección

Praza Maior, 1
Lugo
27001

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Grupo Municipal Socialista Concello de Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir