BNG Deputacion de Lugo

BNG Deputacion de Lugo Páxina de información sobre o traballo e actividades grupo provincial do BNG

29/04/2026

O pleno aprobou unha proposta impulsada polo BNG que insta á Xunta de Galiza a actuar fronte á baixada do prezo do leite por parte da industria

Que fai o goberno galego mentras a industria impón contratos abusivos e unilaterais ás ganderías e trae leite de fóra? Mirar para outro lado!

Intervención de Daniel García Fernández

28/04/2026

Elena Candia e o Partido Popular de Lugo sobrepasaron os límites da decencia cunha moción de censura apoiada nos votos dunha edil tránsfuga

🗣️"A sociedade de Lugo non acepta a inmoralidade, non vale pasar por encima de calquera cousa, do que votou a xente, da vontade popular para chegar ao poder"

📹Intervención de Efrén Castro no pleno provincial no que se aprobou unha condena expresa á moción de censura en Lugo

28/04/2026

Moción de urxencia para rexeitar a moción de censura do PP e unha edil tránsfuga en Lugo

Unha manobra contra a vontade da cidadanía expresada nas urnas en 2023

Podes seguilo en directo no seguinte enlace

https://www.youtube.com/live/M_sVTgSMAWg

Sumámonos ao berro pola democracia e contra o transfuguismo da cidadanía lucenseO PP de Elena Candia non fai política, m...
24/04/2026

Sumámonos ao berro pola democracia e contra o transfuguismo da cidadanía lucense

O PP de Elena Candia non fai política, maniobra contra a democracia e a vontade da cidadanía expresada nas urnas en 2023

31/03/2026
O BNG forzou a saída de Tomé do goberno provincial e esixiu, desde o primeiro momento, que deixara a súa acta como deput...
04/03/2026

O BNG forzou a saída de Tomé do goberno provincial e esixiu, desde o primeiro momento, que deixara a súa acta como deputado provincial

Pero a realidade non lle importa nada ao Partido Popular. Tampouco o feminismo ou as vítimas de acoso sexual, que só usa como arma arreboladiza contra o BNG

As declaracións de Paula Prado en Monforte falan por sí mesmas

24/02/2026

Reclamamos a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento dos GES para avaliar o funcionamento do servizo e tratar de forma específica a reapertura do GES de Cervo, pechado polo goberno do PP no concello.

Unha decisión caprichosa do goberno municipal de Cervo que priva á comarca da Mariña dun servizo esencial en materia de emerxencias e seguridade e que desbarata a cualificación e dedicación dos seus profesionais.

24/02/2026

O BNG reclama á Xunta de Galicia unha acción planificada sobre os bens patrimoniais para evitar danos irreversibles.

A proposta aprobouse no pleno deste martes, malia a oposición do Partido Popular que se escudou nos temporais para tratar de agochar a falta dunha política de conservación que protexa e poña en valor o patrimonio.

O derrubamento na Muralla de Lugo ou da Torre de Torés, en , mostran esa desinterese polo patrimonio, que se converte en obstáculos á protección noutros casos como o da Torre de Caldaloba, en Cospeito, ou o da Casa Benedicto, en Navia de Suarna

Iria Castro: “Que chova en Galiza non é raro, o raro é que o PP se preocupe por algún ben patrimonial”

27/01/2026

Seguimos defendendo a pesca de baixura mariñá e galega nas institucións

O BNG impulsou hoxe un acordo da corporación provincial para esixir ao goberno do Estado que negocie coa Comisión Europea a exclusión da frota artesanal do ámbito de aplicación do Regulamento de Control da Pesca, que entrou en vigor o pasado 10 de xaneiro.

As medidas de flexibilización anunciadas polo Ministerio de Agricultura e Pesca a pasada semana non son suficientes. O conflito de fondo segue sen resolverse. O goberno español debe demostrar se existe unha vontade real de defender unha regulación máis xustas, proporcionadas e intelixentes en Europa

27/01/2026

Partido Popular e Partido Socialista posicionáronse outra vez esta mañá a favor do acordo UE Mercosur, ao non respaldar a moción do na que se pedía ao Goberno do Estado e á Xunta de Galiza rexeitar un acordo con graves repercusións para a produción agrogandeira galega.

Efrén Castro retratou ao PP que vai ás manifestacións pasarlle a man polo lombo aos gandeiros mentras vota a favor do acordo en todas as institucións en que teñen representación, a comezar por Bruxelas, onde negociaron e pecharon o acordo.

E que vende fume cando fala de cláusulas de salvagarda contra ás que xa votaron cando o BNG presentou unha proposta para endurecer as previstas.

Dirección

Pazo De San Marcos
Lugo
27001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Deputacion de Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir