Colexio Fingoi

Colexio Fingoi COLEXIO FINGOI, UNHA PREPARACIÓN PARA A VIDA. UNHA EDUCACIÓN LAICA. A tradición en innovación.

O Colexio Fingoi fundado no ano 1950 por Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico. Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado impl

icado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador. O Colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da Cultura Galega. Para dignificar a Cultura Galega e introducila na Escola, desde os años corenta organizou Cursos de Formación para Mestres/as Rurais. Hoxe conta tamén cunha ampla oferta de Actividades para unha educación alternativa, que dentro dun ensino democrático respecta todas as culturas e manifestacións artísticas, coma a Granxa- Escola de Barreiros, coma un proxecto de educación ambiental cunha ampla experiencia e o Centro de Música Fingoi, cun proxecto alternativo, para todas as idades, que fai que os nosos alumnos aprendan, se desenvolvan a través de música, vivíndoa, disfrutándoa e participación continua en concertos, audicións, etc.

O alumnado de 1º e 2º de EP desfrutou do viaje de estudos xuntos.Seguindo a liña do traballo realizado ao longo do curso...
30/05/2026

O alumnado de 1º e 2º de EP desfrutou do viaje de estudos xuntos.

Seguindo a liña do traballo realizado ao longo do curso sobre os animais, pasaron a mañá no centro de recuperación de animais Corax, un lugar marabilloso no que, en cada recuncho, parecía que viaxabamos por África ou Asia descubrindo animais sorprendentes e coñecendo as historias das súas vidas.

Despois de xantar, puxemos rumbo á praia de Perbes para pasar unha tarde de xogos, area e auga nun entorno único.

Un gran día cheo de experiencias, aprendizaxes e momentos de convivencia que, sen dúbida, gardaremos na memoria. 💚🫂

26/05/2026

Aquí está 🎥

Este é o vídeo interactivo co que 3º e 4º de Primaria participou en “Dale voz a la Tierra” 🌍

Semanas de traballo, aprendizaxe, creatividade e moita ilusión resumidas nun proxecto moi especial!!!

Así que recordar… se moitas persoas pequenas, en moitos lugares pequenos, fan cousas pequenas, poden cambiar o mundo 💚🌍✨🙌🏽

Hoxe asistimos á gala final de “DALE VOZ A LA TIERRA”🌍💚 no Círculo das Artes de Lugo.Durante estas semanas, o alumnado d...
26/05/2026

Hoxe asistimos á gala final de “DALE VOZ A LA TIERRA”🌍💚 no Círculo das Artes de Lugo.

Durante estas semanas, o alumnado de 3º e 4º de Primaria estivo traballando con moita ilusión no proxecto, aprendendo, creando e desfrutando do proceso. Hoxe, o alumnado de 4º asistiu en representación do colexio!

Moi pronto… poderedes ver o vídeo 🎥

Hoxe vivimos un día especial no colexio, deses que quedan gardados na memoria. Tivemos a sorte de recibir a visita de Pa...
25/05/2026

Hoxe vivimos un día especial no colexio, deses que quedan gardados na memoria. Tivemos a sorte de recibir a visita de Paula, unha traballadora da Axencia Espacial Europea e, ademais, exalumna de Fingoi, o que fixo todo aínda máis próximo e inspirador.

Con moita ilusión, compartiu connosco como é o seu traballo e achegounos un pouco ao fascinante mundo do espazo. A través de imaxes sorprendentes, puidemos asomarnos ao universo e descubrir a súa inmensidade. Tamén nos explicou como é a vida dos astronautas, chea de retos, curiosidades e aprendizaxes constantes.🪐🌏

Foi unha charla moi interesante que nos fixo soñar, aprender e, sobre todo, ver que, con esforzo e paixón, non hai límites, nin sequera o ceo.

TORNEO SUPER4 RUGBY TAG 🏉O alumnado de 2ºESO participou no Torneo Super4 Rugby Tag celebrado nas Gándaras, baixo o lema ...
25/05/2026

TORNEO SUPER4 RUGBY TAG 🏉

O alumnado de 2ºESO participou no Torneo Super4 Rugby Tag celebrado nas Gándaras, baixo o lema “O respecto xógase en equipo”.

Campioas na categoría feminina e gran participación tamén do equipo masculino. Noraboa a todo o alumnado polo esforzo, a ilusión e por representarnos tan ben! 💚

Grazas a pola boa experiencia, a gran organización e por facernos pasar unha xornada tan bonita. Xa temos ganas de repetir! 💪🏻✨

A semana pasada tivemos a sorte de compartir a lectura da novela Charlotte coa súa autora, Consuelo Bercher. A rapazada ...
24/05/2026

A semana pasada tivemos a sorte de compartir a lectura da novela Charlotte coa súa autora, Consuelo Bercher. A rapazada tivo a oportunidade de aclarar as numerosas dúbidas e preguntas que lle suxiriu esta noveliña tan especialosa e marabillosa. Ademais a autora, neste encontro literario, motivou pensamentos e reflexións moi interesantes sobre a importancia do coidado persoal, da importancia do apego e os vínculos afectivos, mais tamén da importancia de quererse a sí mem@s tal e como son. Toda unha lección para a vida! 📖🫂💚

A semana pasada saímos no xornal polo noso horto 🌱Un proxecto que continúa medrando da man de  co hotel de insectos, o x...
24/05/2026

A semana pasada saímos no xornal polo noso horto 🌱

Un proxecto que continúa medrando da man de co hotel de insectos, o xardín de bolboretas e moito máis, creando así unha aula sen paredes onde aprender, observar, investigar e conectar coa natureza 🦋🌼💚

O pasado luns día 18 celebramos no Colexio Fingoi a festa das Letras Galegas, unha xornada chea de emoción, tradición e ...
20/05/2026

O pasado luns día 18 celebramos no Colexio Fingoi a festa das Letras Galegas, unha xornada chea de emoción, tradición e convivencia que quedará na memoria de toda a comunidade educativa.🩵

Este ano, a celebración estivo dedicada a Begoña Caamaño, figura destacada da literatura galega, á que rendemos homenaxe a través da música, a palabra e a cultura popular. Durante a mañá, todo o alumnado e profesorado compartiu unha experiencia moi especial, na que non faltaron as gaitas, as pandeiretas, os bailes tradicionais e, sobre todo, a alegría de celebrar o noso.

Nesta viaxe polas Letras Galegas tamén lembramos e demos voz ás mulleres homenaxeadas ao longo da historia desta celebración: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta… facendo visible o legado de tantas mulleres que contribuíron a construír e manter viva a nosa lingua e a nosa cultura.

Despedimos tamén ás cantareiras, protagonistas do pasado ano, da mellor maneira posible: cantando xuntos.

Foi unha xornada para poñer en valor a nosa lingua e as nosas tradicións, vivida con entusiasmo e participación por parte de todos e todas, facendo das Letras Galegas unha auténtica festa chea de vida e sentimento.

Dirección

Aviación Española Nº 37
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Fingoi publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir