Afalu Alzheimer

Afalu Alzheimer Asociación de Familiares y Enfermos de Alzheimer y otras Demencias Neurodegenerativas de Lugo (AFALU)

AFALU sigue trabajando diariamente en sus Unidades Terapeúticas y en los Centros de Día de Alzheimer de Lugo, Friol y Ourense

09/09/2026

💜 Hoxe en AFALU tivemos unha visita moi especial!

Recibimos a Guido Guía que nos levou a facer unha viaxe no tempo para “Lembrar Lugo”. 🏛️✨

A través dunha visita virtual ao Lugo do pasado, percorremos as súas rúas, lugares e lembranzas, compartindo historias e vivencias que nos fixeron viaxar atrás no tempo.

Foi unha experiencia fermosa, chea de emocións, recordos e momentos compartidos. Porque lembrar tamén é volver vivir, e cada lembranza ten unha historia que merece ser contada. 💜

Moitas grazas, Guido, por acompañarnos nesta viaxe tan especial e por axudarnos a lembrar Lugo xuntos. 😊

09/09/2026

En AFALU estivemos ordeando historias para activar a mente. Traballamos con diferentes secuencias de imaxes que as persoas usuarias tiñan que observar, analizar e colocar na orde correcta para reconstruír cada historia 🔀.

Un exercicio moi completo co que estimulamos a atención, a comprensión, o razoamento lóxico, a secuenciación, a memoria e a linguaxe, ao tempo que fomentamos a participación. 🧠✨

Ademais, cada historia daba pé a comentar que estaba pasando, que podería ocorrer despois ou como realizamos nós esas accións no día a día.

Unha maneira visual, dinámica e entretida de seguir traballando as funcións cognitivas. 💛💜

***

En AFALU estuvimos ordenando historias para activar la mente. Trabajamos con diferentes secuencias de imágenes que las personas usuarias tenían que observar, analizar y colocar en el orden correcto para reconstruir cada historia 🔀.

Un ejercicio muy completo con el que estimulamos a la atención, la comprensión, el razonamiento lógico, la secuenciación, la memoria y el lenguaje, al tiempo que fomentamos la participación. 🧠✨

Además, cada historia daba pie a comentar que estaba pasando, que podría ocurrir después o como realizamos nosotros esas acciones en el día a día.

Una manera visual, dinámica y entretenida de seguir trabajando las funciones cognitivas. 💛💜

07/09/2026

A asociación organizará durante setembro e outubro obradoiros, encontros, accións de sensibilización e actividades para familias e coidadores

Setembro, o mes do Alzheimer 💜En AFALU queremos invitarvos a acompañarnos durante todo o mes de setembro, un mes no que ...
07/09/2026

Setembro, o mes do Alzheimer 💜

En AFALU queremos invitarvos a acompañarnos durante todo o mes de setembro, un mes no que imos saír ao encontro das persoas, compartir, informar e, sobre todo, facer visible o Alzheimer e a realidade de quen convive con el cada día.

Preparamos un programa con actividades moi diferentes: formación, encontros, música, sensibilización, propostas para compartir en familia e tamén espazos pensados para coidarnos.

Porque cando falamos de Alzheimer non podemos esquecer a quen está detrás de cada diagnóstico: as persoas enfermas, as súas familias, os coidadores e coidadoras e todos os profesionais que as acompañan día tras día.

Levamos tempo insistindo en algo que para nós é fundamental: quen coida tamén necesita apoio. Necesita ter onde preguntar cando aparecen as dúbidas, onde sentirse comprendido, onde aprender a afrontar situacións novas e, tamén, onde parar un pouco. O autocoidado non é un luxo. A prevención tampouco.

Este ano, ademais, queremos facernos eco dunha mensaxe que compartimos coa Confederación Española de Alzheimer e outras Demencias, CEAFA: o “NON” xa non é resposta.

A ciencia avanzou e están aparecendo novas posibilidades para algunhas persoas diagnosticadas en fases iniciais. Non son a cura nin serven para todo o mundo, pero poden significar máis tempo con calidade de vida. E non parece xusto que o acceso a estas oportunidades dependa do lugar no que vivas ou das posibilidades económicas de cada familia.

O Alzheimer non espera. As respostas tampouco deberían facelo.

Así que xa sabedes: este setembro queremos vervos. Nas actividades, nos encontros, nas rúas, compartindo un anaco deste camiño con nós.

Agardamos que nos acompañedes neste mes do Alzheimer.
Porque facer visible, apoiar, coidar e reivindicar tamén é unha maneira de estar ao lado das persoas que viven con esta enfermidade.

💜 Cada día conta.

📞 607 843 384
✉️ [email protected]
🌐 www.afalu.org

O "NON" xa non é resposta.Con este lema a Confederación Española de Alzheimer e outras Demencias CEAFA quere denunciar o...
04/09/2026

O "NON" xa non é resposta.

Con este lema a Confederación Española de Alzheimer e outras Demencias CEAFA quere denunciar o abandono ao que se están vendo abocadas as persoas afectadas por Alzheimer, fundamentalmente, ante a negativa das administracións para a innovación que, tras moitos anos de investigación, pode contribuír a retardar a evolución da enfermidade.

Hai máis de 20 anos que non apareceu solución terapéutica algunha para Alzheimer, pero 120 se temos en conta a data do primeiro diagnóstico. Tras moitos anos de sufrimento e de esperanza, hoxe, por fin, existen novos fármacos que inciden directamente na enfermidade. Non son a panacea, nin a cura, nin aptos para todas as persoas, pero si son solucións para algunhas persoas diagnosticadas en fases iniciais, permitíndolles ampliar os seus períodos de calidade de vida. Ademais, son a porta de entrada doutros tratamentos futuros. Pero, lamentablemente, vense privados destes tratamentos por cuestións que escapan á comprensión da sociedade.

Por iso, o berro O "NON" xa non é resposta pretende denunciar o abandono dos pacientes con Alzheimer por cuestións económicas, ou de racionalización do gasto público. Xa está ben de recibir o non por resposta. O Alzheimer é unha enfermidade máis que debe ser tratada coas ferramentas que a ciencia poña ao dispor dos sistemas públicos e non só privados.

Por todo iso, pedimos:
1. Que se financien publicamente, sen máis demora, os tratamentos aprobados pola Axencia Europea do Medicamento.
2. Que se respecte o meu dereito para decidir, xunto cos profesionais sanitarios, se desexo recibilos ou non.
3. Que todas as Comunidades Autónomas dispoñan dos recursos necesarios para ofrecelos en condición de equidade.
4. Que ningunha persoa quede excluída por motivos económicos ou polo lugar onde viva.
5. Que as administracións deixen de aprazar decisións mentres o tempo segue avanzando.
6. Que a innovación chegue ás persoas cando aínda pode marcar unha diferenza

Porque o Alzheimer non espera. O “NON” xa non é resposta



CEAFA

03/09/2026

Combinando birlos e accións, saíu esta actividade tan entretenida na que tiñan que facer o que se lles pedía no papeliño que había debaixo de cada birlo.
Había todo tipo de accións e preguntas que nos fixeron pasar uns momentos moi divertidos!! 🎳✅

🧶 PUNTO A PUNTO | Curso de ganchilloEn AFALU xa estamos preparando o noso Mes do Alzheimer, un setembro cheo de activida...
03/09/2026

🧶 PUNTO A PUNTO | Curso de ganchillo

En AFALU xa estamos preparando o noso Mes do Alzheimer, un setembro cheo de actividades pensadas para compartir, participar e, tamén, atopar un pouco de tempo para nós.

Para empezar, propoñémosvos algo diferente: un curso de ganchillo gratuíto para coidadores, familias e socios de AFALU.

Lourdes Otero, artesá, será a encargada de acompañarnos neste obradoiro. Non importa se nunca fixeches ganchillo ou se xa tes algo de práctica. A idea é aprender xuntos, ir pouco a pouco e, de paso, pasar un bo rato.

Porque ás veces o importante non é o que facemos, senón con quen o compartimos. 💜

📅 Martes e xoves, a partir do 8 de setembro
🕟 16:30 h
🧶 Con Lourdes Otero, artesá
💜 Actividade gratuíta para coidadores, familiares e socios de AFALU

Non fai falla experiencia. Só ganas de aprender e compartir.

📞 607 843 384
📩 [email protected]

Comezamos o Mes do Alzheimer punto a punto. 🧶💜

02/09/2026

Inscricións no 982 34 02 45

Dirección

Avenida Infanta Elena, Nº 11 Casa Clara Campoamor, Local Nº 8
Lugo
27003

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Afalu Alzheimer publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Afalu Alzheimer:

Atajos

Compartir