Concello de Malpica

Concello de Malpica Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Malpica, Ayuntamiento, Avenida Emilio González, 1, Malpica de Bergantiños.

🏁 Malpica viviu hoxe a emoción do Rally Terra de GaliciaO motor, a velocidade e a paixón polo automobilismo foron protag...
05/09/2026

🏁 Malpica viviu hoxe a emoción do Rally Terra de Galicia

O motor, a velocidade e a paixón polo automobilismo foron protagonistas esta mañá ao paso do Rally Terra de Galicia por Cerqueda, Taraio e Casas do Monte.

Unha xornada na que o noso municipio se converteu, por unhas horas, en escenario desta espectacular proba deportiva. 🚗💨

Grazas a todas as persoas que fixeron posible o desenvolvemento da proba con seguridade e, especialmente, á veciñanza pola súa colaboración.

📸 Deixámosvos algunhas imaxes do paso do rally por Malpica.

📱 Volvemos coa tecnoloxía para a nosa xente maior! 😊Despois do ben que o pasastes no obradoiro de xullo, moitos dos que ...
05/09/2026

📱 Volvemos coa tecnoloxía para a nosa xente maior! 😊
Despois do ben que o pasastes no obradoiro de xullo, moitos dos que viñestes quedastes con ganas de máis e pedístesnos repetir. E claro, aquí tendes de novo outro 👏💙
Os días 10, 11, 17 e 18 de setembro (de 10:00 a 12:30 h) no CAT da Camposa, en Buño. A idea é perderlle o medo ao móbil e aprender xuntos cousas prácticas que nos faciliten o día a día, desde manexar ben o teléfono ou sacar cartos no caixeiro sen agobios, ata pedir cita no médico coa app do Sergas, usar a Chave 365 ...
👉 O último día para apuntarse é o 9 de setembro.
📞 Se che apetece vir, só tes que chamar ao 981 720 280 ou pasar a avisar ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.
Se xa viñeches ao primeiro, encantarános volver verte. E se é a túa primeira vez, anímate, que é moi fácil e pasámolo xenial! ❤️

🏅 Malpica recibe a Medalla de Ouro por cumprir o compromiso de Praias sen Fume 🌊🚭Na mañá de hoxe, o alcalde de Malpica, ...
04/09/2026

🏅 Malpica recibe a Medalla de Ouro por cumprir o compromiso de Praias sen Fume 🌊🚭

Na mañá de hoxe, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, foi recoller a Medalla de Ouro concedida ao Concello polo seu compromiso co programa Praias sen Fume durante este verán.

Este recoñecemento pon en valor o compromiso de Malpica coa protección do noso litoral, coa saúde e co benestar das persoas usuarias das nosas praias, fomentando espazos máis limpos, saudables e respectuosos co medio ambiente.

Desde o Concello queremos agradecer a colaboración de toda a veciñanza e das persoas que visitan as nosas praias por facer posible que este compromiso sexa unha realidade. 💙

🌊 Seguimos traballando por unhas praias máis limpas, saudables e libres de fume.

🏁🚗 O Rally Terra de Galicia pasa por Malpica!Este sábado, 5 de setembro, Malpica será escenario dunha das etapas do Rall...
03/09/2026

🏁🚗 O Rally Terra de Galicia pasa por Malpica!

Este sábado, 5 de setembro, Malpica será escenario dunha das etapas do Rally Terra de Galicia, que percorrerá os lugares de Cerqueda, Taraio e Casas do Monte.

⚠️ IMPORTANTE PARA A VECIÑANZA

Durante o desenvolvemento da proba será necesario realizar cortes de estrada en dúas franxas horarias:

🕤 1ª pasada: de 9:30 a 10:30 h
🕧 2ª pasada: de 12:30 a 13:30 h

🚧 Nestes horarios, o tráfico permanecerá cortado nos tramos afectados para garantir a seguridade de participantes, público e veciñanza.

🙏 Pedimos á veciñanza que planifique os seus desprazamentos con antelación e respecte en todo momento as indicacións dos dispositivos de seguridade.

🏎️ Este sábado, o Rally Terra de Galicia tamén se vive en Malpica!

Malpica alzou a voz por Ceuta. 🇪🇸🤝Onte, Malpica sumouse á chamada da FEMP e saíu á rúa para expresar, con unidade e soli...
03/09/2026

Malpica alzou a voz por Ceuta. 🇪🇸🤝

Onte, Malpica sumouse á chamada da FEMP e saíu á rúa para expresar, con unidade e solidariedade, o seu apoio á cidadanía de Ceuta.

Un xesto sinxelo, pero cheo de significado: cando unha cidade precisa sentir o respaldo dos demais, os concellos tamén estamos aí.

Grazas a todas as persoas que participaron e que fixeron posible que a voz de Malpica se escoitase.

🎨💙 A Atalaia ten agora máis cor, máis arte e máis vida!Onte inauguramos os dous murais realizados polos nenos e nenas qu...
02/09/2026

🎨💙 A Atalaia ten agora máis cor, máis arte e máis vida!

Onte inauguramos os dous murais realizados polos nenos e nenas que participaron na actividade Pintar na Rúa 2026. Dous marabillosos traballos colectivos que transformaron este espazo e que, sen dúbida, fan que A Atalaia estea aínda máis bonita. 🌈🖌️

Detrás de cada pincelada hai ilusión, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de compartir. Porque cando os máis pequenos participan na vida do noso concello, deixan a súa pegada… e que bonita é esa pegada! ❤️

👏 Grazas a todos e todas as participantes por poñer tanto entusiasmo e talento neste proxecto.

E unha vez máis, grazas a Rakele Cavallo, que ano tras ano se encarga de guiar e acompañar aos nenos e nenas nesta aventura artística, facendo que cada edición de Pintar na Rúa sexa especial. 🎨✨

🇪🇸 MALPICA CON CEUTAO Concello de Malpica súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e...
01/09/2026

🇪🇸 MALPICA CON CEUTA

O Concello de Malpica súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e ao chamamento aos concellos para expresar o noso apoio e solidariedade coa cidadanía de Ceuta.

🤝 Desde os concellos, queremos trasladar unha mensaxe de unidade, respecto e solidariedade ante a situación que está a vivir a cidade autónoma.

🇪🇸 Malpica está con Ceuta.

Porque, por riba de calquera diferenza, os municipios debemos estar unidos na defensa da convivencia, da seguridade e do benestar da cidadanía.

Xuntos por Ceuta. Unidos en solidariedade. 🤝🇪🇸

O tempo voou este mes en Malpica! ☀️ Hoxe tocoulle dicir adeus ao Campamento Concilia despois dun agosto de non parar de...
31/08/2026

O tempo voou este mes en Malpica! ☀️ Hoxe tocoulle dicir adeus ao Campamento Concilia despois dun agosto de non parar dentro do programa Malpica Verán. 🌊🎉
Os 30 nenos e nenas que participaron pasárono en grande co equipo de monitores. Tiveron de todo; días de praia xogando na area 🏖️, participaron no concurso de barcanas e castelos de area 🏰, desfrutaron con xogos de auga para refrescarse 💦 e de moita máis diversión. 😄
Pero non todo foi xogo; tamén houbo tempo para coidar o noso contorno 🌱. Fixeron unha limpeza nas praias de Canido e Area Maior 🧹🌊 e aprenderon a respectar a natureza. 💚
Para pechar o campamento como se merece, hoxe achegáronse por alí o alcalde, Eduardo Parga, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, para entregarlles aos pequenos os seus diplomas 📜 e unhas cantas chuches. 🍬
Moitísimas grazas aos 30 participantes, ás súas familias por confiar no programa ❤️, e a todo o equipo de monitores polo gran traballo que fixeron. 👏
Agora toca descansar… 😴 aínda que máis dun xa anda a preguntar cando é o próximo. 😂
Aproveitade o que queda de verán ☀️ e vémonos no próximo! 👋

🎉 FESTAS DO DESERTO DE CAMBRE 2026 🎉Xa está todo preparado para vivir unha fin de semana chea de música e moita festa! 💃...
31/08/2026

🎉 FESTAS DO DESERTO DE CAMBRE 2026 🎉
Xa está todo preparado para vivir unha fin de semana chea de música e moita festa! 💃🕺

📅 SÁBADO 5 DE SETEMBRO
⛪ 12:00 h — Misa solemne na honra do Sagrado Corazón de Xesús.
🍷 A continuación da misa — Sesión vermú coa actuación de Grupo Fusión.
🃏 17:00 h — Gran Campionato de Tute, con premios para os 3 primeiros clasificados. 🏆
🎶 Pola noite — Gran Verbena con Grupo Fusión e DJ A30 60.

📅 DOMINGO 6 DE SETEMBRO
⛪ 12:00 h — Misa solemne na honra da Virxe do Deserto.
🍷 A continuación — Sesión vermú con Mar de Caiòn. 🎵

📍 Cambre – Malpica

❤️ Agardámosvos para desfrutar xuntos das Festas do Deserto!

🌱♻️ MÁIS COMPOSTAXE, MÁIS SOSTIBILIDADE EN MALPICAOnte pola tarde levamos a cabo o reparto dos composteiros entre as vec...
29/08/2026

🌱♻️ MÁIS COMPOSTAXE, MÁIS SOSTIBILIDADE EN MALPICA

Onte pola tarde levamos a cabo o reparto dos composteiros entre as veciñas e veciños participantes no programa, xunto cun cubo específico para a recollida da materia orgánica.

Durante a xornada tamén se impartiu unha charla informativa sobre como compostar correctamente, resolvendo dúbidas e explicando a importancia desta práctica para reducir a cantidade de residuos que xeramos e darlles unha segunda vida aos restos orgánicos. 🌿

Dende a Concellería de Medio Ambiente estamos moi satisfeitos coa gran acollida desta iniciativa e coa implicación das persoas participantes. A compostaxe doméstica é un pequeno xesto que, coa colaboración de todos e todas, pode ter un grande impacto no coidado do noso medio ambiente. 💚

👏 Grazas a todas as familias por sumarse a este compromiso cun Malpica máis sostible

Dirección

Avenida Emilio González, 1
Malpica De Bergantiños
15113

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Malpica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Malpica:

Atajos

Compartir

Categoría