Concello de Marín

Concello de Marín Conta oficial do Concello de Marín

  🎭 O teatro tomará o Auditorio esta fin de semana! Primeiras dúas funcións escénicas que acollerá o fogar da cultura de...
18/06/2026

🎭 O teatro tomará o Auditorio esta fin de semana! Primeiras dúas funcións escénicas que acollerá o fogar da cultura de Marín:

🎭TARTUFO, de Moliére, co Grupo de Teatro do Campus de Pontevedra

🗓️ Sábado, 20 de xuño, ás 21.00 horas (apertura de portas ás 20.30h).
➡️ Comedia satírica que conta a historia de Tartufo, un falso devoto que se infiltra na casa de Orgón, un home adinerado, para manipulalo, roubarlle e destrozar á súa familia.
🎟️ Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

🎭 SOBREMESA, de Teatro das Maniotas (IES de Brión)

🗓️ Domingo, 21 de xuño, ás 20.30h (apertura de portas ás 20.00h).
➡️ un texto orixinal e en galego sobre a familia, as festas e as relacións en xeral.
🎟️ Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

18/06/2026

📹🏆 Así foi a gran festa do noso deporte base. A gala do esforzo, da superación, dos valores, do mérito. A gala no que o menos importante son as cifras, xa que o protagonismo é das persoas.

Parabéns aos premiados/as! Sodes orgullo, sodes exemplo, sodes embaixadores da nosa terra. Sodes MARÍN, con todas as letras 💙

.sannarciso

🎨🌊 Manuel Torres, 125 anos dunha mirada de vangardaCelebramos o legado dun dos nosos grandes artistas: Manuel Torres, na...
17/06/2026

🎨🌊 Manuel Torres, 125 anos dunha mirada de vangarda

Celebramos o legado dun dos nosos grandes artistas: Manuel Torres, nado o 17 de xuño de 1901.

Para conmemorar este aniversario, o Museo de Marín acolle “Florecer no mar primaveiras amargas… Manuel Torres na explosión De catro a catro”, unha exposición que une pintura e poesía a través do diálogo entre Torres e o poeta de Rianxo, o gran poeta do mar: Manuel Antonio.

Unha oportunidade única, con cadros procedentes dos fondos do Museo de Pontevedra, como "Traxe de Buzo", imaxe da mostra.

💛 Inauguración:
📅 Venres 19 de xuño | 20:00 h
📍 Museo Municipal Manuel Torres

15/06/2026

Hoxe hai exactamente un mes que abrimos o novo fogar para a cultura en Marín. Unha oportunidade para esta vila 🎭

Con este vídeo, abrimos o acto inaugural, facendo de todo Marín as palabras de Manuel Torres.

⏭️📆 Este mércores, o deporte de Marín vivirá a súa gran festa! Celebramos a GALA DO DEPORTE este MÉRCORES ás 19.30 (aper...
15/06/2026

⏭️📆 Este mércores, o deporte de Marín vivirá a súa gran festa! Celebramos a GALA DO DEPORTE este MÉRCORES ás 19.30 (apertura de portas 30 mins antes) no AUDITORIO MARÍN.

🏆 Presentada por Terio Carrera, a gala contará co acompañamento musical de SonsGalia para
amenizar a entrega de 14 premios aos e ás mellores da tempada, así como premios de carácter social e unha mención especial.

Valo perder? 😏

🎉 Parabéns ao Club Rítmica Agarimo polos seus grandes resultados! 🤸‍♀️✨Esta fin de semana o Club Rítmica Agarimo partici...
14/06/2026

🎉 Parabéns ao Club Rítmica Agarimo polos seus grandes resultados! 🤸‍♀️✨

Esta fin de semana o Club Rítmica Agarimo participou no Campionato Galego Promoción e Prebase, celebrado no pavillón dos Remedios de Ourense, acadando uns magníficos resultados:

🥈 Lía Fernández – Benxamín Promoción: medalla de prata e subcampioa galega.
🥉 Antía Sotelino – Infantil Promoción: medalla de bronce.
🥉 Sara Iglesias – Máster Promoción: medalla de bronce.
🥈 Fadwa El Abbouti – Xuvenil Prebase: medalla de prata e subcampioa galega.
👏 Conxunto Xuvenil Promoción: 5º posto entre 18 participantes.

O vivido onte no Auditorio co Ballet de Galicia foi espectacular. En Marín temos un talento irrepetible! Grazas 🩰🧑‍🩰
14/06/2026

O vivido onte no Auditorio co Ballet de Galicia foi espectacular. En Marín temos un talento irrepetible! Grazas 🩰🧑‍🩰

13/06/2026

Dende o sábado 13 de xuño o CIP Mogor abre as súas portas pola tempada de verán. De martes a domingo en horario de 11:30 -13:30 / 18:00-21:00 h. Visitas guiadas diarias ás 12:30 e 20:00 h., gratuítas, ao igual que o acceso ao Centro. Agardámosovos!

Desde este sábado 13 de junio el CIP Mogor abre sus puertas por la temporada de verano. De martes a domingo en horario de 11:30 -13:30 / 18:00-21:00 h. Visitas guiadas diarias a las 12:30 y 20:00 h., gratuitas, al igual que el acceso al Centro. Os esperamos!

Dirección

Marín
36900

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Marín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir