BNG Santa Comba

BNG Santa Comba Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Santa Comba, Organización política, Mazaricos.

Ser nai tamén é loitar 🩵Loitar por conciliar nun sistema que non o pon doado.Loitar por criar con dignidade, con tempo e...
03/05/2026

Ser nai tamén é loitar 🩵

Loitar por conciliar nun sistema que non o pon doado.
Loitar por criar con dignidade, con tempo e con recursos.
Loitar contra a precariedade, contra a desigualdade, contra o abandono do rural.

Hai nais que poden con todo… e hai nais ás que non se lles deixa chegar.

Por iso, hoxe non é só un día para celebrar.
É un día para recoñecer, para agradecer… e tamén para esixir.

Porque coidar tamén é traballar.
E as nais merecen dereitos, apoio e respecto.

Feliz Día da Nai ❤️

Onte,   , participamos no Parlamento, xunto con deputados e compañeiras da comarca, para facer entrega das sinaturas rec...
29/04/2026

Onte, , participamos no Parlamento, xunto con deputados e compañeiras da comarca, para facer entrega das sinaturas recollidas en defensa dun transporte público digno.

💪 Un paso máis nunha loita necesaria para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza.

Queremos agradecer sinceramente a todas as persoas que colaborastes nesta campaña co voso apoio e compromiso 🩵

Seguiremos traballando con firmeza por un transporte accesible, tanto liñas regulares como o escolar,eficiente e adaptado ás necesidades de Santa Comba.





comarca

🎙️🗣️ 𝐎 𝐈𝐄𝐒 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐗𝐚𝐥𝐥𝐚𝐬, 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐜𝐥𝐚𝐬𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐧𝐨 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐛𝐚𝐭𝐞 𝐀𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔Hoxe coñecemos o resultado da final do Clu...
25/04/2026

🎙️🗣️ 𝐎 𝐈𝐄𝐒 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐗𝐚𝐥𝐥𝐚𝐬, 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐜𝐥𝐚𝐬𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐧𝐨 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐛𝐚𝐭𝐞 𝐀𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔

Hoxe coñecemos o resultado da final do Club de Debate Alingua 2026, na que o IES Terra de Xallas acadou un máis que meritorio segundo posto.

👏👏 Parabéns moi grandes a todo o equipo! 👏👏

Un novo éxito da nosa mocidade, que volveu demostrar talento, esforzo e compromiso coa lingua galega, deixando o nome de Santa Comba no máis alto.

📚 Este resultado é tamén reflexo do traballo do profesorado e da importancia de seguir apostando polo ensino público e pola promoción do galego entre a xente nova.

💚 Desde o queremos felicitar a todo o equipo polo gran traballo realizado e polo orgullo que supón para o noso concello.



🩵O povo é quen mais ordena!🩵🩵
25/04/2026

🩵O povo é quen mais ordena!🩵🩵


01/04/2026

🚍📢 Santa Comba precisa un transporte público digno, XA!

O BNG pon o foco na situación que vive Santa Comba, onde o servizo de transporte público non está a responder ás necesidades reais da veciñanza.

❗ Horarios insuficientes e pouco útiles
❗ Dificultades para chegar a estudar ou traballar
❗ Escasa información e mala coordinación

👉 Moitas persoas vense obrigadas a usar o coche a diario ante a falta de alternativas fiables.

🌍 Isto non só aumenta os custos e o estrés, senón tamén a contaminación e o abandono do rural.

✊ Esiximos solucións inmediatas:
✔️ Máis frecuencias e horarios adaptados
✔️ Información clara e accesible
✔️ Un servizo moderno e de calidade

📍 En Santa Comba tamén comeza a mobilización: participa, infórmate e esixe o que é xusto.

ASINA POR UN TRANSPORTE PÚBLICO DIGNO!

Nos vindeiros días comezamos unha campaña de recollida de sinaturas para instar á xunta a solucionar os problemas que sofren os usuarios

💬 O transporte público non é un luxo, é un dereito!





O BNG de Santa Comba solicita información sobre a licenza de obra e cesión dunha finca municipal para a instalación dunh...
26/03/2026

O BNG de Santa Comba solicita información sobre a licenza de obra e cesión dunha finca municipal para a instalación dunha antena de telecomunicacións na parroquia de San Pedro de Cícere

Desde o BNG de Santa Comba solicitamos información sobre a licenza de obra e cesión dunha finca municipal, para a instalación dunha antena de telecomunicacións de 40m de alto na parroquia de San Pedro de Cícere, dentro do termo municipal de Santa Comba.

A documentación enviada polo concello indica a cesión de dúas fincas e a concesión da obra. Da primeira finca, non se sabe en que quedou o acordo e por que se fai unha segunda. Esta segunda concesión de finca, de 75m2, será durante 25 anos e sen custe, sen compensación económica de cara ao concello e por tanto á veciñanza. Sin chegar a valorar si é legal ou non facer esa concesión por decreto sin levalo na orde do dia o pleno para ser debatido, o que non é lóxico que que non se informe os veciños da colocación dunha antena de esta envergadura,

Non se miran so pode haber outras lugares mais lonxe das casas na que a veciñanza se sinta mais segura.

A obra faise por comunicación previa, mais non se transmiten informes de posíbel afectación da antena á veciñanza. Partindo disto, a veciñanza protesta por falta de información, ao non querer ter tan preto das casas.

É certo que a concesión vai por decreto nun pleno, mais sen publicidade. Ademais a oposición tampouco fai o seu traballo, xa que nin se enterou de que esta concesión de instalación de antena estaba incluída no medio do resto de decretos.

No BNG estamos de acordo en que hai que mellorar as comunicacións, pero non sen dar seguridade e tranquilidade ás persoas, facendo as cousas por detrás e sen transmitir información necesaria ao respecto.


As comunicacións en transporte público en Santa Comba seguen sendo unha asignatura pendente. As conexións con Santiago e...
18/03/2026

As comunicacións en transporte público en Santa Comba seguen sendo unha asignatura pendente. As conexións con Santiago e coa Coruña, así como o desprazamento entre as propias aldeas de Santa Comba, son claramente insuficientes. Os horarios son escasos, hai pouca flexibilidade e as opcións non responden ás necesidades reais da veciñanza: estudantes, traballadores, persoas maiores ou quen precisa desprazarse polo día a día.

Esta falta de conexión illa o rural, limitando o acceso a servizos, emprego e vida social. Non se pode falar de igualdade territorial mentres moverse sen coche propio sexa case imposible.
Cómpre abrir un debate serio e urxente sobre o modelo de mobilidade que queremos. É necesario apostar por un transporte público digno, accesible e adaptado á realidade do territorio. Porque garantir boas conexións, tanto a nivel municipal como entre as aldeas, non é un luxo, é un dereito.
Santa Comba merece máis.






El Bloque Nacionalista Galego acaba de lanzar una campaña para exigir mejoras y accesibilidad en los sistemas de movilidad

Dirección

Mazaricos

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Santa Comba publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Santa Comba:

Compartir