05/09/2026
🏐 O voleibol queda en Mazaricos!
Despois do éxito da xornada de portas abertas, o Club Voley Dumbría continúa cos adestramentos no Pavillón Municipal da Picota todos os mércores que quedan de setembro: 9, 16, 23 e 30.
🕕 De 18:00 a 19:30 h
📍 Pavillón Municipal da Picota
👥 Para todas as idades e sen experiencia previa
Podedes incorporarvos calquera mércores; só cómpre achegarse con roupa e calzado deportivo. Quen non puidese vir ás portas abertas aínda está a tempo.
Vémonos o vindeiro mércores 9!
ℹ️ Máis información: Club Voley Dumbría