Bng Meaño

Bng Meaño bng.gal

05/06/2026

🔴 𝐌𝐄𝐀𝐍̃𝐎 | 𝐎 𝐁𝐍𝐆 𝐃𝐄𝐍𝐔𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐎 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐃𝐎𝐍𝐎 𝐃𝐀 𝐑𝐔𝐓𝐀 𝐃𝐎𝐒 𝐌𝐔𝐈́𝐍̃𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐋𝐎𝐑𝐄𝐒 🌿⚠️

🔴 O volveu denunciar no último pleno ordinario o estado de abandono da Ruta dos Muíños de Lores, unha das paraxes naturais máis visitadas do municipio. A concelleira 𝐑𝐨𝐬𝐚𝐧𝐚 𝐃𝐨𝐦𝐢́𝐧𝐠𝐮𝐞𝐳 advertiu de que a maleza invade varios treitos do percorrido e que algunhas pontes presentan táboas rotas e levantadas, o que supón un risco para a seguridade dos viandantes. Os nacionalistas reclaman ao alcalde 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐕𝐢𝐞́𝐢𝐭𝐞𝐳 unha actuación urxente para garantir o mantemento e a conservación deste espazo.

🔴 Durante a sesión plenaria, o BNG tamén preguntou polo cumprimento do Plan Municipal de Prevención de Incendios e cuestionou a falta de planificación do goberno local tras rematar o prazo legal para a limpeza das parcelas próximas ás vivendas. A formación considera que o executivo municipal está a actuar con “ineficacia e irresponsabilidade” nun asunto especialmente sensible despois dos incendios que afectaron ao municipio o pasado verán. Ademais, solicitou que as obras de humanización da rúa Campo da Feira se executen durante as vacacións escolares para minimizar os problemas de tráfico e seguridade.

🔴 Outro dos puntos que xerou debate foi a proposta do goberno local para incrementar nun 35 % a dedicación e retribución da concelleira de Cultura e Educación, 𝐑𝐚𝐪𝐮𝐞𝐥 𝐁𝐚𝐥𝐛𝐨𝐚, pasando dos 9.600 aos 13.200 euros anuais. O BNG votou en contra ao considerar que a subida non está xustificada polo nivel de actividade cultural existente no concello. A formación concluíu reclamando maior transparencia e respecto cara ao labor da oposición, asegurando que continuará defendendo os intereses das veciñas e veciños que, ao seu xuízo, non están sendo atendidos adecuadamente polo goberno municipal. 🔴

05/06/2026
O vindeiro domingo 7 de xuño ás 12:30 horas celebraremos un BNG Escoita na Casa de Cultura de LoresO BNG quere escoitar ...
04/06/2026

O vindeiro domingo 7 de xuño ás 12:30 horas celebraremos un BNG Escoita na Casa de Cultura de Lores
O BNG quere escoitar as propostas e preocupacións da veciñanza.
Participa para mellorar o teu concello

04/06/2026
02/06/2026

Non deixemos que o PP destrúa a nosa sanidade pública. Defendámola!!

Participa nas mobilizacións de SOS Sanidade Pública
· Xoves 4 de xuño.
· Diante de hospitais e centros de saúde.

O vindeiro xoves 4 de xuño ás 21 horas celebraremos un BNG Escoita na Casa de Cultura de SimesO BNG quere escoitar as pr...
01/06/2026

O vindeiro xoves 4 de xuño ás 21 horas celebraremos un BNG Escoita na Casa de Cultura de Simes
O BNG quere escoitar as propostas e preocupacións da veciñanza.
Participa para mellorar o teu concello

Dirección

Meaño

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Meaño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bng Meaño:

Compartir