BNG MELÓN

BNG MELÓN Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG MELÓN, Partido político, Melón.

🕊️ NA GALIZA: PAZ, SOBERANÍA E DEREITOS ✊O vindeiro domingo temos unha cita para reflexionar e alzar a voz fronte á esca...
17/05/2026

🕊️ NA GALIZA: PAZ, SOBERANÍA E DEREITOS ✊
O vindeiro domingo temos unha cita para reflexionar e alzar a voz fronte á escalada militarista e ás políticas da guerra.
📍 Taberna Treixadura
🗓️ Domingo 24 de maio
🕛 12:00h
Contaremos coa participación de:
▪️ Lucía López, responsábel de Organización do BNG
▪️ Xavier López, responsábel comarcal do BNG do Ribeiro
Porque Galiza quere futuro, non guerra.
Porque defendemos os dereitos dos pobos e a soberanía.
Porque fronte ao militarismo, máis democracia, máis xustiza social e máis paz.
✌️ Non á guerra
🚫 Non ao militarismo
Soberanía Dereitos

18/04/2026

A estrada que une Melón e Carballeda de Avia presenta un estado moi deteriorado, con fochancas, firme irregular e tramos que precisan unha actuación urxente.
A veciñanza leva tempo reclamando o seu arranxo para garantir unha circulación máis segura e cómoda. É necesario que as administracións actúen canto antes para reparar esta vía fundamental para a conexión entre ambos concellos.



No 8M reunímonos para reflexionar xuntas e reivindicar a forza do feminismo ✊️.É tempo de dar un paso adiante, de defend...
08/03/2026

No 8M reunímonos para reflexionar xuntas e reivindicar a forza do feminismo ✊️.
É tempo de dar un paso adiante, de defender a igualdade real, de educar na corresponsabilidad e de protexer a quen máis o precisa.

Seguimos loitando por unha Galiza Ceibe, con servizos públicos fortes, con dereitos garantidos e con políticas que poñan os coidados no centro 💜.

Nin un paso atrás ✊️💜



Queremos lembrarvos que este  domingo 8 de marzo, terá lugar en Ribadavia o espectáculo "Contos Arredor de Nós" da man d...
06/03/2026

Queremos lembrarvos que este  domingo 8 de marzo, terá lugar en Ribadavia o espectáculo "Contos Arredor de Nós" da man de Alba de Vales.
Unha xornada que une cultura, tradición e feminismo na que ergueremos a voz dende a Galiza feminista e nacionalista para reivindicar igualdade, xustiza social e soberanía para o noso pobo.
Somos parte dunha tradición de loita que une feminismo e liberación nacional, porque non hai Galiza ceibe sen mulleres libres, nin mulleres libres nunha Galiza dependente e espoliada.
Reclamamos igualdade salarial, corresponsabilidade nos coidados, fin das violencias machistas e políticas públicas que poñan a vida no centro.

Neste 8M dicimos alto e claro:
Igualdade real.
Fin das opresións patriarcais.
Soberanía para construír unha Galiza máis xusta, máis igualitaria e máis nosa.
Porque a loita feminista é loita nacional.
Porque sen igualdade non hai liberdade.
Porque sen Galiza non hai futuro. 💜

📍Na Picuxa, Ribadavia. (Se o tempo o permite trasladarémonos á Alameda)
⏱️ 12:30 horas

Contamos contigo! ✊️💜

BngRibeiro

🏥 A saúde é unha prioridade. Non é de recibo que cada vez que chova, aparecen humidades e goteiras no teito, o que evide...
04/03/2026

🏥 A saúde é unha prioridade. Non é de recibo que cada vez que chova, aparecen humidades e goteiras no teito, o que evidencia deficiencias estruturais e unha falta de mantemento axeitado.

Esta situación non só afecta á imaxe e á conservación do edificio, senón que tamén repercute no benestar dos profesionais sanitarios e das persoas usuarias, que ven como un servizo esencial se presta nunhas condicións mellorables.

Resulta necesario actuar con urxencia para garantir unhas instalacións seguras, dignas e acordes coa importancia da atención sanitaria no rural.

Melón merece moito máis 💙



O vindeiro domingo 8 de Marzo, contaremos con Alba de Vales: unha creadora coa raíz na palabra e na memoria🎭 Alba de Val...
02/03/2026

O vindeiro domingo 8 de Marzo, contaremos con Alba de Vales: unha creadora coa raíz na palabra e na memoria
🎭 Alba de Vales inicia a súa traxectoria artística na adolescencia, formándose en teatro e títeres na Casa da Xuventude de Ourense. Licénciase en Teatro Xestual no Institut del Teatre de Catalunya, onde consolida unha linguaxe escénica propia baseada no corpo, a narración e o teatro de obxectos.
En 2013 crea O palleiro, preestreado no Museo Galego da Marioneta e estreado na MIT de Ribadavia en 2015.
Desde 2020 desenvolve o seu proxecto persoal Á procura da xograresa, no que investiga a identidade artística a través da narración oral, os títeres e a música, inspirándose nas mulleres de aldea e na memoria da cultura galega. Crea espectáculos unipersoais como Contos Arredor do Lume, Unha Xograría de Aldea, Contos Arredor de Nós e O Meu Corpo é Meu.

✨ Unha traxectoria sólida e comprometida coa cultura galega, coa transmisión oral e coa visibilización das voces femininas que constrúen a nosa memoria colectiva.

Contamos con vós para compartir unha xornada na que se unen cultura e feminismo 💜

🗓 8 de marzo
⏱️ Ás 12:30 horas
🚩 Na Picuxa, Ribadavia




✨📚 “Contos Arredor de Nós” chega a Ribadavia. Este 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a narradora Al...
25/02/2026

✨📚 “Contos Arredor de Nós” chega a Ribadavia.
Este 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a narradora Alba de Vales trae o espectáculo de narración oral “Contos Arredor de Nós”.
Unha proposta que recolle contos, historias e cantigas tradicionais que falan do saber e do sentir do pobo, especialmente das mulleres. Relatos que poden parecer doutro tempo… pero que seguen moi presentes na nosa realidade.

💜 Un espectáculo para reivindicar a memoria das devanceiras, a súa forza, a súa sabedoría e a resistencia das mulleres ao longo da historia.
Unha cita coa palabra viva, coa cultura galega e coa nosa memoria colectiva.

📍 A Picuxa (ou na Alameda de Ribadavia se o tempo acompaña)
⏱️ Ás 12:30 horas
🎟️ Acceso libre

Vémonos o 8M! ✊✨

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía, a muller que fixo da palabra un acto de rebeldía e dignidade para o...
23/02/2026

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía, a muller que fixo da palabra un acto de rebeldía e dignidade para o noso povo. 🌹📖
Rosalía de Castro ensinounos que a lingua é identidade, memoria e futuro.
Que escribir en galego era e segue a ser un acto de amor e compromiso coa nosa nación.

Por iso, dende o BNG do Ribeiro convidámosvos a participar no acto público que organizamos para renderlle homenaxe:

📍 Na Casa da Asociación de Veciños de Laias, Cenlle
🗓️ Sábado 28 de febreiro
🕖 Ás 19:00 h

Contaremos coa participación de Carlos Abeledo, membro da AELG, e coa música do cantautor Andrés Fernández.

E por suposto, desfrutaremos do se Caldo de Gloria.

Manteñamos o compromiso colectivo, coa súa poesía viva, coa nosa lingua na boca e coa forza dun povo que non esquece.

Agardámoste! 💜✨




💜 Onte no Museo Etnolóxico de Ribadavia vivimos un acto moi especial e necesario arredor de Castelao e a perspectiva de ...
30/11/2025

💜 Onte no Museo Etnolóxico de Ribadavia vivimos un acto moi especial e necesario arredor de Castelao e a perspectiva de xénero. Unha conversa imprescindíbel para lembrarnos que, malia o tempo pasado, os desafíos que Castelao denunciaba seguen moi presentes na sociedade galega actual, prostituída polo Estado Español e que toca de cheo ás mulleres. 📚✊
A súa obra continúa interpelándonos porque os mesmos problemas, desigualdades e inxustizas seguen a aparecer unha e outra vez. Por iso é tan importante recuperar o seu pensamento e repensalo desde o presente. 🔍💬
❤️‍🔥 Moitísimas grazas ás nosas convidadas Marta Dacosta e Isabel Risco, que nos agasallaron cunha sesión chea de reflexión, humor, forza e compromiso. E un agradecemento especial a todas as persoas que viñestes compartir este intre connosco. 🙌✨




Hoxe no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, lembramos as palabras e a mira lúcida de Castelao.Nas súas ilust...
25/11/2025

Hoxe no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, lembramos as palabras e a mira lúcida de Castelao.
Nas súas ilustracións e escritos, as mulleres aparecen como símbolo de forza, de resistencia e de futuro, figuras capaces de soster unha sociedade enteira mesmo en tempos de dor e ausencia.
Nun mundo no que a violencia machista segue a ferir vidas cada día, non calamos, miramos de fronte a realidade e defendemos a liberdade e vida das mulleres.
Porque como diría Castelao: non se pode facer patria nin humanidade sen xustiza.

📅 Este sábado 29
🕜 Ás 12:00 horas
📍Museo Etnolóxico de Ribadavia

💜 Agardámoste para compartir reflexión, cultura e país.



Dirección

Melón

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG MELÓN publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG MELÓN:

Compartir

Categoría